Cinemaldea en A Forna

O PROXECTO “CINEMALDEA” LEVA ESTA FIN DE SEMANA O CINEMA A MOSTEIRO-BUDIÑO E A CANS

21/10/2021

O proxecto “Cinemaldea”, impulsado polo Festival de Cans e a Concellería de Cultura do Concello do Porriño para achegar o cinema ás zonas rurais, segue esta fin de semana o seu percorrido.

Desfile Chimpíns Cans 2021

O FESTIVAL DE CANS E O CONCELLO DE O PORRIÑO POÑEN EN MARCHA “CINEMALDEA”, CO OBXECTIVO DE ACHEGAR O CINEMA Ó RURAL

14/10/2021

O Festival de Cans e a Concellaría de Cultura do Concello de O Porriño, botarán a andar desde esta fin de semana o proxecto “Cinemaldea”, coa intención de achegar o cinema a todas ás parroquias do Concello. A primeira idea será difundir nestas áreas rurais unha selección das curtametraxes premiadas na última edición do certame.

Entrega vales Carlin

O FESTIVAL DE CANS ENTREGA VALES DE MATERIAL ESCOLAR

29/09/2021

O Festival de Cans fixo entrega esta semana de vales de material escolar para 15 nenas e nenos da aldea que habitualmente colaboran co festival, ou ben que viven en casas que as súas familias ceden para levar a cabo o certame.

Autocine Cans 2020

AS CURTAS PREMIADAS NA ÚLTIMA EDICION DO FESTIVAL DE CANS PODERÁN DESFRUTARSE ESTE SÁBADO NUN AUTOCINE

17/09/2021

As curtametraxes premiadas polo xurado e polo público na XVIII edición do Festival de Cans exhibiranse este sábado nun autocine. Por segundo ano consecutivo, repítese este orixinal formato ante a gran expectación que suscitou en 2020. O Festival tenta así, ademais, suplir as restriccións de aforo nos jalpóns de Cans debidas á normativa Covid vixente.

Jorge Coira no Coloquio na Leira

O FESTIVAL XEROU 121 CONTRATACIÓNS LABORAIS E CONTRATOU SERVIZOS CON CASE 40 EMPRESAS LOCAIS

15/09/2021

A celebración do XVIII edición do Festival de Cans, deixou datos que a organización valora como “moi positivos e esperanzadores”, no complexo contexto da pandemia. Nesta edición de 2021, o certame dobrou o número de espectadores, ata chegar ás 5.000 persoas que pasaron presencialmente polas diversas actividades do festival nos seus catro días de duración.

Cans Online 2021

O FESTIVAL DE CANS PON EN MARCHA POR SEGUNDA VEZ “CANS ONLINE”

09/09/2021

FAI CLICK PARA ACCEDER A “CANS ONLINE” Dende hoxe e ata domingo poderán verse as 15 curtametraxes que participaron na competición oficial de Ficción e Animación do XVIII Festival de Cans. O proxecto “Cans Online” volve levar os filmes á rede.

Noelia Muiños recollendo un premio

ARRANCA “CANS ON LINE”: AS CURTAS DE FICCIÓN E ANIMACIÓN, DISPOÑIBLES EN VIMEO SÓ ESTA FIN DE SEMANA

07/09/2021

Só durante esta fin de semana, as 15 curtametraxes que participaron na competición oficial de Ficción e Animación do XVIII Festival de Cans poderán verse a través de internet.

Gañadores do Can de Pedra 2021

NOELIA MUÍÑO, CON ‘MONTE BRAVO’ E ALBERTO VÁZQUEZ CON ‘HOMELESS HOME’ VOLVEN A TRUNFAR EN CANS

04/09/2021

Noelia Muíño e Alberto Vázquez, con senllos premios cada un para as súas respectivas curtas, volven trunfar en Cans. ‘Monte Bravo’, de Muìño, fÍxose cos premios á  Mellor Película e á Mellor Dirección. O Festival entregou esta noite, na súa gala final, os galardóns correspondentes á 18ª edición (coa colaboración de AGADIC).

Ian Gibson no chimpín de Cans

AS CURTAS A CONCURSO E O COLOQUIO CON KLEBER MENDONÇA FILHO, MAÑÁ NO DÍA GRANDE DE CANS

03/09/2021

Este sábado chega o día grande do Festival de Cans coa proxección das curtas das principais categorías a competición -ficción, animación e Furacáns-. Un dos grandes momentos o día será o coloquio no Espazo Estrella Galicia da Leira do Rio co director brasileiro Kleber Mendonça Filho

Jorge Coira Premio Pedigree

MAÑÁ VENRES: PREMIO A JORGE COIRA; ACTIVIDADES CON IAN GIBSON, MENDONÇA FILHO, PROXECCIÓNS, MÚSICA…

02/09/2021

O Festival de Cans entrega mañá venres os seus premios de honra. O director Jorge Coira, a veciña de Cans e acordeonista Marisol González, e o actor Tamar Novas, subirán na noite de mañá -21.30 h.- ao escenario do Espazo Estrella Galicia da Leira do Río para recoller os galardóns.

Ian Gibson e Beiras na segunda xornada de Cans

O HISTORIADOR IAN GIBSON E XOSÉ MANUEL BEIRAS PROTAGONIZAN MAÑÁ A SEGUNDA XORNADA DO FESTIVAL DE CANS

01/09/2021

Dous filmes documentais que se proxectan por primeira vez ao público. As presentacións de libros que estudan ou contan o cinema na sección LendoCine. A Noite Lasal dos Videoclips e o concerto da banda Moon Cresta. Coloquios e mesas redondas con estudosos e profesionais do sector audiovisual.

Xurado dos Veciños

PRIMEIRO DÍA DO FESTIVAL: CURTAS DOS AUTORES MÁIS NOVOS E ESTREA DE ‘MULLERES NO ESTRAPERLO’

31/08/2021

Coa inauguración da rúa efémera Pilar Pereira comeza ás 10.30 horas de mañá mércores a primeira xornada da décimo oitava edición do Festival de Cans.

Exposición de María Meijide

A INAUGURACIÓN DA EXPOSICIÓN DO PROXECTO CO QUE A COMPOSTELÁ MARÍA MEIJIDE RETRATA CANS DALLE INICIO Á SEMANA GRANDE DO FESTIVAL

30/08/2021

Despois da boa acollida da retrospectiva Kleber Mendonça Filho a pasada fin de semana, continúan as actividades previas do Festival de Cans coa inauguración, ás 20 horas de mañá martes, da exposición ‘O sur de Galicia parece de Hopper’ (Cadernos de Cans).

Retrospectiva Kleber Mendoca Filho

A PREVIA DO FESTIVAL DE CANS COMEZA MAÑÁ XOVES COA RETROSPECTIVA DE KLEBER MENDONÇA FILLO

25/08/2021

Da XVIII edición do Festival de Cans, que se celebra do 1 ao 4 de setembro, comeza a pendurar o cartaz de “Entradas Esgotadas”. Para a Gala Final, coa entrega de premios e máis o concerto de Ses, xa non quedan sitios dende hai días.

Presentación Festival de Cans 2021

CANS RECUPERA O PULSO CON CASE 40 ACTIVIDADES E 25 CURTAMETRAXES A CONCURSO

19/08/2021

O Festival de Cans acada a súa maioría de idade coa súa edición máis internacional. Cineastas de Israel, Brasil, Portugal ou Colombia pasarán pola nova edición do certame, que terá lugar do 1 ao 4 de setembro. O Torreiro de Cans acolleu este mediodía a presentación da décimo oitava edición do evento.

9 fugas de Fon Cortizo

CANS ESTREA EN SALAS “9 FUGAS”, DE FON CORTIZO, E ACOLLE A PREMIERE ABSOLUTA DE “EL TIEMPO LIBRE”, DE FERNANDO EPELDE

13/08/2021

O Festival de Cans acolle este ano a estrea de catro longametraxes. O filme ’9 Fugas’, de Fon Cortizo (Vigo, 1978) proxectarase por primeira vez en salas durante o certame o venres 3 de setembro.

Coloquio Kleber Mendoca Filho

KLEBER MENDONÇA FILHO, PREMIO DO XURADO EN CANNES, PROTAGONIZARÁ OS COLOQUIOS NA LEIRA

10/08/2021

O cineasta brasileiro Kleber Mendonça Filho, gañador do Premio do Xurado no Festival de Cannes 2019, será un dos grandes protagonistas da XVIII edición do Festival de Cans, que terá lugar do 1 ao 4 de setembro.

Correspondencias con Eloy Domínguez

O FESTIVAL ESTREA ESTE ANO A SECCIÓN `CORRESPONDENCIAS´ E SELECCIONA 10 CURTAS DENTRO DA CATEGORÍA FURACÁNS

05/08/2021

A XVIII edición do Festival de Cans, que terá lugar do 1 ao 4 de setembro, estrea sección: chámase `Correspondencias´ e nace para amosar un diálogo en imaxes entre cineastas galegos con cineastas doutros países e fomentar un intercambio de ideas inéditas filmadas.

MAIKA MAKOVSKI E SES, PRINCIPAIS CONCERTOS NA PROGRAMACIÓN MUSICAL DO FESTIVAL DE CANS

03/08/2021

O rock de vangarda de Maika Makovski, ese abano de cancións escritas e convertidas en himnos por Ses nos últimos anos, e o pop sen complexos da banda galega Oh Ayatollah!, inzarán de música os días centrais’ do XVIII Festival de Cans, que se celebra do 1 ao 4 de setembro.

Tamar Novas Chimpín de prata

O FESTIVAL DE CANS CONCEDERÁ OS CHIMPÍNS DE PRATA A TAMAR NOVAS E MARISOL GONZÁLEZ

30/07/2021

A asamblea da Asociación Cultural Arela, entidade organizadora do Festival de Cans, que terá lugar do 1 ao 4 de setembro, decidiu otorgar os seus chimpíns de prata honoríficos desta edición á veciña de Cans e acordeonista Marisol González e ó actor Tamar Novas.

Coloquio na leira do río

O FESTIVAL DE CANS RECUPERA ALGÚNS DOS SEUS ESPAZOS EMBLEMÁTICOS PERO SEGUIRÁ CO AFORO REDUCIDO

27/07/2021

A XVIII edición do Festival de Cans, que terá lugar do 1 ao 4 do vindeiro mes de setembro, partirá do exitoso modelo que seguiu o pasado ano, e que permitiu a celebración do certame con total normalidade.

Donde acaba la memoria

A ESTREA DO DOCUMENTAL “DONDE ACABA LA MEMORIA” ABRIRÁ A XVIII EDICIÓN DO FESTIVAL DE CANS

14/07/2021

A estrea do filme ‘Donde acaba la memoria’ servirá para abrir a XVIII edición do Festival de Cans, que terá lugar do 1 ao 4 de setembro. A película supón a estrea como director do cineasta vigués Pablo Romero-Fresco.

Jorge Coira Premio Pedigree 2021

JORGE COIRA RECIBIRÁ O PREMIO PEDIGREE DE HONRA DO FESTIVAL DE CANS 2021

07/07/2021

A asemblea da Asociación Cultural Arela, que organiza o Festival de Cans, acordou conceder a distinción de Honra do certame o Premio Pedigree, ao director lucense Jorge Coira (Rábade, 1971).

Pintar o Cine 2019

O FESTIVAL DE CANS ACOLLERÁ O II CONCURSO “PINTAR O CINE”

29/06/2021

O Festival de Cans acollerá por segunda vez o Concurso “Pintar o Cine” de Pintura Rápida na cita anual do evento coa creación artística. A actividade, que estará patrocinada pola empresa GALPI (Galicia de Pinturas), terá lugar en O Porriño, no entorno da praza do Concello, o xoves 2 de setembro.

Proxecto 303

O FESTIVAL DE CANS IMPULSARÁ UN DOCUMENTAL QUE RECOLLE A MEMORIA DAS MULLERES ESTRAPERLISTAS DA ALDEA

11/06/2021

O Festival de Cans, que celebrará a súa XVIII edición entre os días 1 e 4 de setembro, impulsará nesta edición a realización dun documental colectivo que recollerá a memoria das mulleres estraperlistas da aldea.

OS JALPÓNS DO FESTIVAL DE CANS INSTÁLANSE DESDE ESTA SEMANA NO PABELLLÓN DE ESPAÑA DA BIENAL DE VENECIA

01/06/2021

Desde esta mesma semana, varias maquetas dos xa célebres jalpóns do Festival de Cans, permanecen expostos na Bienal de Venecia de Arquitectura, onde estarán ata o vindeiro mes de novembro.

O FESTIVAL DE CANS REBASA AS 200 OBRAS INSCRITAS PARA PARTICIPAR NA XVIII EDICIÓN

24/05/2021

O Festival de Cans, cuxa XVIII edición terá lugar este ano do 1 ao 4 de Setembro, pechou esta semana o prazo de inscrición para concursar nesta edición, logrando rebasar as 200 obras.

COLOQUIO OLIVER LAXE

O FESTIVAL DE CANS SELECCIONADO ENTRE OS CATRO MELLORES EVENTOS CULTURAIS DE GALICIA NO ANO 2020

17/02/2021

O Festival de Cans ven de ser seleccionado como un dos eventos culturais mellor valorados de Galicia en 2020, según o informe anual da Fundación Contemporánea, unha das fundacións culturais de maior prestixio de España.

Apertura Convocatoria 2021

O FESTIVAL DE CANS ABRE CONVOCATORIA, CUNHA NOVA SECCIÓN A CONCURSO E CON CASE 10.000 EUROS EN PREMIOS

11/02/2021

O Festival de Cans abre este xoves 11 de febreiro a convocatoria de envío de obras a concurso para a súa XVIII edición que, como se anunciou hai uns días, volverá ter lugar nesta coñecida aldea de O Porriño do 1 ao 4 de setembro.

Coloquio Oliver Laxe_Festival de Cans 2021

O FESTIVAL DE CANS TRASLADARASE EN 2021 Á PRIMEIRA SEMANA DE SETEMBRO

03/02/2021

A asemblea da Asociación Cultural Arela, entidade organizadora do Festival de Cans, decidiu as datas nas que terá lugar a XVIII edición do Festival de Cans, que neste 2021 volverá celebrarse na primeira semana do mes de setembro