NOITE DAS HOMENAXES
Venres 19 | 22 h. | Leira do Río

Ademais da súa popularidade en series de televisión, Luis Zahera construíu unha sólida traxectoria en máis de 35 longametraxes ás ordes de realizadores coma Fernando León de Aranoa, Daniel Monzón, Alejandro Amenábar ou Rodrigo Sorogoyen, quen o dirixiu en dous filmes que lle valeron o Premio Goya ó Mellor Actor de Reparto: El reino, en 2019, e As bestas, en 2023. Intérprete versátil con igual dominio dos rexistros cómico e dramático, Zahera é un actor forxado nas curtas: participou en máis de vinte, moitas delas vistas en Cans, festival fundamental na súa carrejra e onde gañou o Can de Pedra en 2008, por Rosita y Jacinto, de Alber Ponte, e en 2012, por Conversa cunha muller morta, de Sonia Méndez. Asiduo ó noso certame desde as primeiras edicións, o Pedigree de Honra 2023 vai para un dos grandes intérpretes do audiovisual galego.


CHIMPÍNS DE PRATA “PREMIO PEPE PUIME”: MELANIA CRUZ E ÁNGEL SUANZES
Melania Cruz é unha das actrices máis importantes do teatro e do cinema galegos. Galardoada en tres ocasións co Premio Mestre Mateo —polos papeis que compuxo en Dhogs, de Andrés Goteira; en Trote, de Xacio Baño, e en Ons, de Alfonso Zarauza—, protagonizou moitas das curtametraxes que pasaron por Cans. Nas últimas edicións, participou con regularidade nos coloquios AISGE e converteuse nunha das nosas mellores embaixadoras. Pola súa traxectoria e o seu compromiso co festival, este ano recibirá o Chimpín de Prata.
Ángel Suanzes foi durante 17 anos un dos xornalistas cinematográficos de referencia na TVG. En 2006, para o programa Planeta cine, cubriu por primeira vez o noso festival, do que seguiría informando en sucesivas edicións, entrevistando a cineastas coma Fernando Trueba, Isabel Coixet ou Fernando León de Aranoa. Nunha das súas visitas a Cans coñeceu a Divina Campos, veciña da aldea, á que convidou a compartir as tarefas de crítica no espazo A Solaina, da televisión autonómica. O Chimpín de Prata que lle concede o Festival de Cans é un recoñecemento á súa destacada carreira e, ó mesmo tempo, unha reivindicación da importancia das e dos profesionais que fan crónica cultural nos medios de comunicación.

Mari da Carreira, como a coñecemos na aldea, é unha das persoas imprescindibles nese traballo fundamental —e case nunca visible para o público— sen o que non poderiamos sacar adiante o festival. Pandereteira, alquimista do licor café especial que tanto éxito ten entre as convidadas e convidados, recrutadora do xurado da veciñanza ou organizadora da homenaxe ó Can de Pedra que abre cada ano a nosa programación, a Mari sóbranlle méritos para recibir o Premio Divina Campos.
GALA DE ENTREGA DE PREMIOS

Sábado 20 | 23 h. | Espazo Estrella Galicia da Leira do Río
ESTRELAS NO TORREIRO


ESTRELAS NO TORREIRO
Javier Gutiérrez
Venres 19 | 13.30 h. | Torreiro de Cans
Luis Zahera
Venres 19 | 21 h. | Torreiro de Cans
Nathalie Poza
Sábado 20 | 13.15 h. | Torreiro de Cans
DÍA DAS VECIÑAS E VECIÑOS

Mércores 17 | 20.30 h. | Rotonda de Adroza

Mércores 17 | 21 h. | Muro dos Chimpíns, na baixada ó río de Cans

Mércores 17 | 21.30 h. | Torreiro de Cans
MÁIS EMOCIÓNS

Martes 16 | 10:30 h. | Lateral do Torreiro
Coa presenza da familia de Vidal Bolaño; de Isabel Blanco, delegada en Galicia da Fundación AISGE; e de Valentín García, secretario xeral de Política Lingüística.As Rúas Efémeras son a homenaxe que o Festival de Cans lles fai ás persoas que tiveron unha contribución relevante no ámbito do cinema e do audiovisual en Galicia. Cada ano reivindicamos a figura de persoeiros desaparecidos, para crear unha camiñada emocional que poder completar nos días que dura o festival. O nome de Roberto Vidal Bolaño únese nesta edición a unha guía de rúas nas que xa están as placas dedicadas ó director Chano Piñeiro e ás actrices Pilar Pereira e María Casares.Roberto Vidal Bolaño (Santiago de Compostela, 1950-2002) foi dramaturgo, actor e director teatral e converteuse nunha figura imprescindible para comprender a dimensión do teatro galego. Desde o seus inicios nos anos setenta, coa mítica Xeración Abrente, ata o ano mesmo da súa morte, a produción literaria de Vidal Bolaño é constante e sempre orientada a armar un edificio teatral galego perdurable. Todos os estudosos coinciden en salientar a súa constante preocupación pola experimentación, por dialogar coa tradición culta e popular, literaria e histórica, social e política. RVB non é só un autor imprescindible para o noso sistema literario, senón que é considerado un dos dramaturgos europeos máis importantes do último cuarto do século XX. Cans tamén quere reinvidicar con esta rúa a figura menos coñecida de Vidal Bolaño como cineasta pioneiro en Galicia, dentro do grupo Lupa, nos anos 70.

Un clásico do Festival de Cans son os desfiles de chimpíns. Os veciños da aldea engalanan os vehículos oficiais do certame para pasear os participantes ó ritmo da música.
Venres 19 | 21.30 h. | Saída desde a rotonda de Adroza ata a o Espazo Estrella Galicia da Leira do Río
Sábado 20 | 15.30 h. | Saída desde a Casa de Rafa e Paz ata o Torreiro