LENDOCINE

No seu intento por explorar a estreita vía entre o cinema e a escrita, o Festival de Cans propón, por segundo ano, a actividade LendoCine, un espazo no que se darán a coñecer libros recentemente publicados nos que o cine é protagonista ou escenario, ofrecendo así unha panorámica do que se está a editar dentro e fóra de Galicia. En LendoCine atoparemos traballos de investigación, obras adaptadas á pantalla, novelas de pouso cinematográfico ou memorias de profesionais da interpretación.

Xoves 3| 17.30 h. | Centro Cultural- Exterior | Aforo: 100 persoas sentadas

Presentarán os seus libros, ou os que os teñen como protagonistas, o profesor da USC e presidente da Fundación Neira Vilas Fernando Redondo Neira

a produtora e realizadora Manane Rodríguez co director Xabier Bermúdez, a escritora Iria Misa, o poeta, músico e director de cine Antón Reixa e o humorista e actor Farruco Bernal.

LIBROS

  • Os amorodos de Bergman, de Fernando Redondo Neira (Galaxia, 2019).
  • Manane Rodríguez, voz en libertad, de Antonio Peláez (Éride Ediciones, 2018).
  • Mamá, quero ser Ziggy Stardust, de Iria Misa (Xerais, 2018).
  • Eles e máis eu. Compostelaneando, de X.L. Bernal López, Farruco (Galaxia, 2020).
  • Melancoholemia. Vida de Mamarracho, de Antón Reixa (Ed. Kalandraka, 2020).