Música
Escolle día: Martes 16 | Mércores 17 | Xoves 18 | Venres 19 | Sábado 20
Martes 16 de Maio

Noite Lasal con ZELTIA IREVIRE
Martes 16 | 23.30 h. | Praza do Concello
Martes 16 | 23.30 h. | Praza do Concello
Tras anos de experiencia no underground galego, facendo sinerxía con diferentes asociacións culturais, ecoloxistas e feministas, Migui Carballido, Seixo Pazos e Zeltia Acuña chegan ó Festival de Cans co seu son contundente e unha proposta que quere ser ese alento de forza para toda a xente que loita por un mundo mellor, máis xusto. Co seu andar, agardan saber dar valor á riqueza natural da súa terra e da historia das súas xentes.
Mércores 17 de Maio

PANCHO ÁLVAREZ mais convidadas e convidado (Sesión Vermú Polvarelo)
Mércores 17 | 13.30 h. | Torreiro de Cans Apadriña Estrella Galicia
Mércores 17 | 13.30 h. | Torreiro de Cans Apadriña Estrella Galicia
O porriñés Pancho Álvarez é un músico que se inspira nos sons tradicionais de Galicia, utilizando en especial instrumentos de corda e de percusión, que adapta, nunha permanente busca, ó xeito de tocar tradicional. Nesta sesión vermú acompañarano as violinistas Aldara Palmeiro, Begoña Riobóo, Antía Ameixeiras, María Jorge e o acordeonista Carlos Quintá.

BANDA DE MÚSICA MUNICIPAL DO PORRIÑO (Bandas sonoras de cine)
Mércores 17 | 19 h. | Parque do Cristo
Mércores 17 | 19 h. | Parque do Cristo
A Banda Municipal do Porriño, formada por 30 músicos e dirixida por David Trastoy desde 2019, ofrecerá unha homenaxe ó mestre Rogelio Grova e achegará nesta actuación o seu amplo repertorio de bandas sonoras, pasodobres, obras sinfónicas e cancións clásicas da música popular galega e tamén da máis actual.

PANDERETEIRAS DE CANS & ACORDECANS
Mércores 17 | 21.30 h. | Torreiro de Cans- Noite das veciñas e veciños
Mércores 17 | 21.30 h. | Torreiro de Cans- Noite das veciñas e veciños
Desde que botasen a andar no ano 2017, as Pandereteiras de Cans convertéronse no orgullo da aldea. Ata 15 veciñas e veciños de Cans e da volta forman parte deste grupo que basea o seu repertorio na música tradicional e en composicións propias, coma A Felisiña ou o Acuque de Cans, que toda a aldea sabe cantar, convertendo cada actuación nunha festa colectiva. AcordeCans e as Pandereteiras de Cans póñenlle música á noite máxica das veciñas e veciños da aldea.
Xoves 18 de Maio

Banda de gaitas OS ZOQUEIROS
Xoves 18 | 20 h. | Pasacalles cos chimpíns
Xoves 18 | 20 h. | Pasacalles cos chimpíns
A Banda de gaitas do Porriño, dirixida polo artesán de gaitas Xosé Manuel Gil, acompañará cos seus sons o tradicional desfile de chimpíns polas rúas da vila.

PALOMA
Xoves 18 | 23 h. | Terraza Círculo Recreativo Cultural do Porriño
Xoves 18 | 23 h. | Terraza Círculo Recreativo Cultural do Porriño
Paloma é unha compositora galega establecida en Madrid. A súas cancións reflicten unha maneira de vivir apaixonada, singular e inqueda: un pop rock nostálxico en español con influencias que van desde o pop inglés ata o country ou o folk americano. O tempo que pasou en Nova Orleáns cambiou o seu xeito de entender a música, como poderemos ver no traballo que vai editar proximamente e do que ofrecerá unha mostra en Cans.
Venres 19 de Maio

TREBOADA ARROUTADA
Venres 19 | 21.30 h. | Pasacalles cos chimpíns
Venres 19 | 21.30 h. | Pasacalles cos chimpíns
Treboada Arroutada son unha nova asociación que traballa pola difusión e promoción da cultura musical da nosa terra. Debutan acompañando o desfile de chimpíns nesta 20ª edición do Festival de Cans.

FILLAS DE CASSANDRA
Venres 19 | 20 h. | Torreiro de Cans
Venres 19 | 20 h. | Torreiro de Cans
María e Sara presentan un dos proxectos da nova música emerxente máis prometedor do panorama galego. A súa é unha aposta pola recuperación das melodías tradicionais e a creación de novas líricas, inspiradas no canto da tradición oral, pero tamén influídas polo pop, a electrónica e a música clásica. O espectáculo que propoñen bebe do teatro, convidando ó público a ser parte dunha viaxe ó longo da historia, da man dos nomes das heroínas que rescatan da mitoloxía clásica e coas que pretenden establecer un diálogo e recoñecer nas das súas devanceiras as súas vivencias presentes como mulleres. Sempre desde unha mirada feminista e actual, as súas composicións transitan da emotividade ó desenfado vibrante, sen esquecer o activismo.

LOS PUNSETES
Venres 19 | 23.30 h. | Espazo Estrella Galicia da Leira do Río
Venres 19 | 23.30 h. | Espazo Estrella Galicia da Leira do Río
Ó longo de case dúas décadas de traxectoria, Los Punsetes souberon moverse con habilidade pola fina liña que separa ironía, provocación e a honestidade brutal do que canta claro e verdades coma templos. Coa acidez que sempre caracterizou as súas letras, a formación madrileña, unha das máis importantes do Estado, orgullosos representantes do rock independente español, resume nunha presa de estrofas o relevante dos informativos en 2022.

EME DJ
Venres 19 | 01 h. | Espazo Estrella Galicia da Leira do Río
Venres 19 | 01 h. | Espazo Estrella Galicia da Leira do Río
Marta Fierro, Eme DJ, é unha das máis recoñecidas picadiscos da escena indie-disco-pop e das principais pistas de baile de toda España. Foi residente nas salas Low Club, Coppelia, Café La Palma ou Costello Club. Elixida a mellor DJ nacional por Rockdelux varios anos (2010, 2011 e 2014), moveu os pratos no FIB, Sónar, MTV Europe Music Awards, Arenal Sound e SOS 4.8, entre outros moitos festivais. Giant (2013), Swim (2014), Ready for Summer (2015) e Flying Deer (2016) son algúns dos discos que recollen o seu material de estudo. Tamén traballa como formadora, imparte charlas e dá clases de animación musical, preparación de sesións ou psicoloxía da pista.
Sábado 20 de Maio

MALLOU (Sesión vermú Polvarelo)
Sábado 20 | 13.30 h. | Torreiro de Cans
Sábado 20 | 13.30 h. | Torreiro de Cans
Sabela e Benxamín trenzan as súas traxectorias e sensibilidades musicais e dan forma a un proxecto sutil e intenso, contido e enérxico, íntimo e sólido. Unha maneira de entender a música, onde as cancións latexan por si soas. Achegan un repertorio onde mesturan cancións que forman parte do ideario musical galego con creacións e composicións propias que teñen referentes coma Fran Pérez “Narf” e que supoñen un encontro entre xéneros, estilos e realidades.

GRUPO DE GAITAS SAN XURXO de Mosende
Sábado 20 | 15.30 h. | Pasacalles cos chimpíns
Sábado 20 | 15.30 h. | Pasacalles cos chimpíns
O grupo de gaitas da Asociación de Mosende animarán o pasacalles do sábado.

TRÍO MOTOBOMBA (Concerto Paco & Lola)
Sábado 20 | 16.30 h. na Leira do Río e 20.30 h. no Voulevar
O Trío Motobomba son faíscas da terra da chispa que prenden, ó carón da xente ou no mostrador dun bar, cantos e aturuxos populares.
Sábado 20 | 16.30 h. na Leira do Río e 20.30 h. no Voulevar
O Trío Motobomba son faíscas da terra da chispa que prenden, ó carón da xente ou no mostrador dun bar, cantos e aturuxos populares.

THE LIMBOOS (Concerto Alma Atlántico)
Sábado 20 | 19 h. | Espazo Estrella Galicia na Leira do Río
Sábado 20 | 19 h. | Espazo Estrella Galicia na Leira do Río
The Limboos naceron en 2013 coa única intención de afondar nos sons e ritmos de Nova Orleáns e da tradición máis salvaxe do R&B anello. Axiña se converteron na revelación da escena cunha fórmula bautizada ‘Exotic Rhythm and Blues’. 2023 marca un novo comenzo para The Limboos. A súa canción Red Line dános pistas da transformación sonora do grupo. Influencias moi directas das bandas sonoras dos 60s e os 70s, de artistas coma Scott Walker, Love ou Serge, únense ó frenesí rítmico marca da casa.

TONY LOMBA e ELIO DOS SANTOS
Sábado 20 | 21.30 h. | Torreiro de Cans
Sábado 20 | 21.30 h. | Torreiro de Cans
Logo de incendiar o Torreiro na actuación que ofreceron no décimo aniversario do noso festival, Tony Lomba & Elio dos Santos, os xornaleiros do amor, os deuses da música lixeira máis esmendrellante, volven este ano a Cans a dalo todo. Coas súas mellores galas, os seus himnos populares e máis guapos e adolescentes ca nunca, despois de pasar pola clínica de cirurxía estética das Kardashian.

MR. KILOMBO
Sábado 20 | 00 h. | Espazo Estrella Galicia da Leira do Río
Sábado 20 | 00 h. | Espazo Estrella Galicia da Leira do Río
Mr. Kilombo é o proxecto persoal de Miki Ramírez, cuxa traxectoria vai xa por cinco traballos que o están a consolidar coma un referente na escena musical española grazas a cancións coidadas ó detalle e a un directo único cheo de enerxía.

SERIAL KILLERZ
Sábado 20 | 01.30 h. | Espazo Estrella Galicia da Leira do Río
Sábado 20 | 01.30 h. | Espazo Estrella Galicia da Leira do Río
Serial Killerz (Joe Cabana, nos pratos, e J. Arriola, na batería) crearon unha das propostas máis sorprendentes do rock electrónico nacional, coa que o dúo espreme e mestura xéneros en aparencia incompatibles. Nesa posta en escena —adrenalínica, contundente e un chisco tola— o mesmo pasan dun tema de AC/DC ou dos Ramones a outro de Nina Simone, sen perder nunca a técnica impecable que os caracteriza e da que seguro imos gozar todos nesta edición de Cans.

RAPARIGA DJ
Sábado 20 | 02.30 h. | Espazo Estrella Galicia da Leira do Río
Sábado 20 | 02.30 h. | Espazo Estrella Galicia da Leira do Río
Desde que, na súa época de estudante de Belas Artes, se animou a probar como residente nunha sala de Pontevedra, a ourensá Rapariga DJ —Cristina Pontanilla, no carné de identidade— vén ofrecendo sesións nas que repasa clásicos do soul, do rock e do punk, sen perder nunca de vista os sons e os ritmos máis achegados á música disco e á electrónica. Morrasound, Comarea, Ribeira Sacra Festa, Carballo Interplay ou Go!Go!Zo! son algúns dos festivais nos que puxo a bailar a todo o público, e ben seguro que fará o mesmo este ano na Leira do Río.