>>> Descarga o Díptico – Programa.
ONDE XANTAR
Durante o festival
> Parque do río
Nesta zona, preparada para o lecer de toda a familia, poderedes desfrutar dun agradable xantar á beira do río. Hai diferentes opcións de comida. No espazo poderes atopar os seguintes postos:
- Panadería Erundina.
- Supersugar.
- El Alambre del Abuelo.
- Hostal Louro.
- A Leñeira.
- Seve Pulpeiro.
- Paso a Nivel.
Durante todo o ano
> Bar Fortes
O Bar Fortes é o bar máis emblemático de Cans, leva máis de cen anos facendo de pousada, casa de xantares e tenda de ultramarinos. Durante o ano está sempre moi concurrido e é un bo lugar para xantar comida caseira. Durante o festival non serven comidas en mesa, pero si bocadillos ou tapas.
Tlf. 986331142
> O Rincón de Olga
A nosa veciña Olga rexenta este bar de tapas sito a un quilómetro do Torreiro en dirección Ponteareas na antiga carretera nacional. Olga é unha cociñeira de longa traxectoria e con moito oficio e iso nótase nas riquísimas tapas que serve. Tamén ten un menú económico e fai comidas por encargo como cocido ou callos.
Tlf. 675214231
ONDE DURMIR
> Hotel Parque
Atópase no centro de O Porriño, no Parque do Cristo. Ten unha fermosa terraza baixo as árbores. É un dos hoteis que ten parte reservada pola organización. A parada onde se colle o bus para Cans encóntrase moi próxima ao hotel.
Tlf. 986331604
> Hostal Maracaibo
Recentemente reformado, o Maracaibo está sito en pleno Camiño Portugués, á beira da Igrexa de San Benito. No bar do hostal serven boas tapas e bocadillos. A parada do bus de Cans está a cinco minutos andando.
Tlf. 986330901
> Hostal Louro
Posiblemente o hostal máis económico do pobo. En pleno centro, xusto ao lado do paso a nivel e moi preto do albergue de peregrinos. A parada de autobús para subir a Cans atópase moi próxima.
Tlf. 986330048
> Hotel Azul
Tamén no centro de O Porriño, na Avenida de Galicia. Hotel moi económico, cun gran parking público ao lado. Do hotel á parada de bus de Cans hai poucos minutos camiñando.
Tlf. 986330032
> Hostal El Puente
Hostal construido recentemente, é maiormente utilizado entre semana por traballadores do Polígono Industrial de As Gándaras. Ten boas habitacións a bo prezo. Está na estrada vella deTui. A zona ten aparcamento e a parada de autobús de Cans está a dez minutos andando.
Tlf. 986348094
> Hotel Alfonso I
Situado a 10 quilómetros de Porriño na antiga estrada de Tui conta cunhas magníficas instalacións. En ocasións, é un dos hoteis que reserva a organización. Foi renovado no ano 2020.
Tlf. 986607060
ONDE MERCAR
> Posto de merchandising do festival
Durante o festival é o mellor lugar para mercar un recordo. Dende a popular camiseta ata chaveiros, pegatinas, tazas ou imáns de pedra para poñer na neveira. Aquí tamén poden comprarse os “Cans”, moeda oficial do festival.
> Artesanía Candán
No barrio das Sequeiras, vindo dende O Porriño para Cans, á esquerda está o espazo de exposición e obradoiro do noso artesán Paco Candán, autor do célebre Can de Pedra, premio que distingue aos gañadores do festival.
> Tía Tata
Tenda especializada en artículos infantís. Durante o ano é un dos espazos onde se pode mercar merchandising do festival, xa que conta cunha licenza específica para a venda do mesmo. Está en O Porriño, nos soportais, moi cerca do marabilloso edificio do Concello.
> Xoiería Covelo
Os Covelo son unha familia de gran tradición na artesanía xoieira do noso pobo. A xoiería está sita ao lado da igrexa de O Porriño. Colaboradores do festival, no seu obradoiro fabrican pendentes, colgantes e pulseiras en prata de lei coa silueta do can. Fan poucas unidades, convén encargalos previamente.
Ademáis das tendas e espazos físicos que se especifican, o festival ten aberta todo o ano a súa tenda virtual. Nela pode mercarse merchandising e tamén as demandadas entradas nas semanas previas previas ao evento.