Á venda 200 packs ao prezo máis reducido da historia do festival

Desde hoxe están á venda as primeiras entradas para a edición número 19 do Festival de Cans co prezo máis reducido de toda a historia do certame. Son 200 en total a 15 euros o pack que inclúe entrada, camisola oficial do certame, catálogo e chapa de edición limitada. Con esta oferta, limitada a esta primeira quenda e que só estará dispoñible ata o 26 de abril, desde Cans búscase fomentar o retorno do público ás salas e festivais de cine trala pandemia. As entradas poden mercarse a través da tenda en liña do festival: https://tenda.festivaldecans.com/

No que respecta á capacidade dos jalpóns, neste 2022 amplíase ao 75%, aumentando o aforo fixado nas dúas edicións anteriores, marcadas pola Covid. Coa máxima da prudencia sempre presente, a organización manterá a obrigatoriedade da mascariña no interior destes espazos privados, que cede a veciñanza de Cans para a proxección das curtas.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará

two + one =