AUDIOVISUAL E MÚSICA (INVERNADOIRO)

O Jalpón de Mucha e Juan e o Invernadoiro onde un día cultivaron caraveis son xa espazos icónicos do festival que lle dan outra dimensión a música e as imaxes.

musica-festival-de-cans-2024-lontreira
RETROSPECTIVA VIDEOCLIPS LONTREIRA
Venres 24 | 18.00h | Jalpón de Juan e Mucha do Peso

Aproveitando a actuación en Cans de Lontreira, o Festival propón un achegamento ao traballo audiovisual para poñer o foco nunha obra marcada polas cores saturadas, o mundo rural, a paisaxe natural co mar de Arousa moi presente, coidadas escenografías e poses moitas veces voluntariamente hieráticas. Unha escolma que vai das primeiras colaboracións de Héctor Rodríguez ROTCE con Adri Coyote (Adriana Cores), e que nos introducirá nos seus clips e nas suas músicas, con elementos do electrofolk, o neotechno e a psicodelia.

ROTCE, “Hidro Disco” (2023, 2’20’’).
ROTCE, ADRI COYOTE, DINOSOR, “Phantom of the Operave” (2022, 2’01’’).
ADRI COYOTE, “La Lágrima” (2022, 2’25’’).
LONTREIRA, “Corazón de Toxo” (feat. La Quinkillada) (2022, 2’30’’).
LONTREIRA, “A Fonte” (2022, 3’06’’).
LONTREIRA, “Lentes de lúa” (2023, 3’10’’).
LONTREIRA, “Campo da Festa” (2023, 2’25’’).

festival-de-cans-2024-patios-de-luz
Proxección + Concerto: SU GARRIDO
Sábado 25 | 17.00h | Jalpón e invernadoiro de Juan e Mucha do Peso

O proxecto ‘Patios de luz’ nace a finais do 2021 da man de Su Garrido Pombo (Música) e Fran Rodríguez Casal (Audiovisual). Xuntos comezan unha xira de concertos acústicos en patios de luces e espacios comunitarios, con temas que falan do íntimo, do cotiá, do femenino, das veciñas, ao son da guitarra e os pedais de efectos da artista. Cancións que recolle nun álbum homónimo, publicado en 2023 e gañador do Premio Martín Códax da música na categoría Canción de autora.

PATIOS DE LUZ
Presentado polo director Fran Rodríguez e a cantante Su Garrido Pombo.

2024 | 14’ | España | Galego | Estrea absoluta
Dirección, fotografía e montaxe: Fran Rodríguez Casal Produción: Marco Maril Guión: Su Garrido Pombo Música: Álbum Patios de luz Vai de: Patios de luz é unha viaxe, un diario de vida, sobre a emigración rural ás cidades usando as miñas avoas como exemplo. O camiño que vai dende a aldea ó barrio dunha cidade é o punto de partida, dende os eirados ata os patios de luces. Narrado cunha linguaxe poética que se fixa nos matices, nos cambios visuais e sonoros, na luz, buscando imaxes íntimas e espontáneas como a vida, os patios de luces convértense en anfiteatros comunitarios para aquelas que non volveron.

festival-de-cans-2024-son-seivane
Proxección + Concerto: SUSANA SEIVANE
Sábado 25 | 20.00h | Jalpón e Invernadoiro de Juan e Mucha do Peso

En ‘Sete’, o seu séptimo álbum, a gaiteira Susana Seivane achégase a enfoques contemporáneos, máis sonoros e vibrantes, cun contido máis grave e poderoso, pero sen perder a esencia da autenticidade da súa interpretación. Un álbum ideal para celebrar en Cans os 25 anos de carreira desta artista imprescindible.

SON SEIVANE
2024 | 18’ | Estrea absoluta
Dirección: Xosé Antón Bocixa. Produción: Tingaralanga Audiovisual Con: Álvaro Seivane, Saínza Seivane, Xosé Manuel Seivane, Patricia Hermida, Xurxo Souto, Manolo Maseda, Fani Ramos. Vai de: Nacida no seo dunha familia cun obradoiro histórico de gaitas, no ano 1999, en pleno “boom das gaitas”, Susana Seivane saca o seu primeiro disco e arrinca unha traxectoria que a vai converter nun nome imprescindible da música tradicional en Galicia.