Desfile de chimpíns no Festival de Cans

O FESTIVAL DE CANS, SEGUNDO PREMIO RODOLFO PRADA Á XESTIÓN CULTURAL

O Festival de Cans vén de recibir un novo galardón pola súa traxectoria e iniciativas culturais. Trátase do segundo premio Rodolfo Prada á xestión cultural que organiza a Deputación de Ourense e que vai pola súa quinta edición.

O acto de entrega destes premios terá lugar o próximo xoves 28 de abril, no Centro Cultural Marcos Valcárcel, a partir das 20,00 horas, dentro da programación da oitava edición da Ourense ICC Week.

Este premio, súmase a outros recoñecementos de prestixio obtidos polos Festival de Cans, como o Premio da Cultura Galega, que lle concedeu a Xunta de Galicia en 2019 ou o Premio da Crítica Galicia, na sección Iniciativas culturais 2009. O ano pasado foi o terceiro evento cultural mellor valorado de Galicia segundo o informe da Fundación Contemporánea.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

5 + 6 =