ABERTA A CONVOCATORIA PARA A XVII EDICIÓN DO FESTIVAL DE CANS

17/12/2019

O Festival de Cans abre este martes 17 de decembro a convocatoria de envío de obras a concurso para a súa XVII edición, que terá lugar nesta aldea de O Porriño entre o 19 e o 23 de maio de 2020, sumando un día máis de festival respecto á edición anterior.

AS CURTAS GAÑADORAS NO FESTIVAL DE CANS COMEZAN UN PERCORRIDO INTERNACIONAL

13/11/2019

O Festival de Cans comezará este mércores 13 de novembro en Bruxelas un percorrido internacional que o levará a estar presente nos vindeiros meses en cidades como París ou Lisboa.

O FESTIVAL DE CANS PARTICIPARÁ NO ENCONTRO “CULTURA Y CIUDADANÍA” EN MADRID

23/10/2019

O Festival de Cans estará presente no V Encontro “Cultura y Ciudadanía”, que se celebra ao longo desta semana no Centro de Creación Contemporánea Matadero e outros espazos en Madrid.

O FESTIVAL DE CANS E CARLIN ENTREGAN CHEQUES DESCONTO ÁS NENAS E NENOS DA ALDEA

08/10/2019

O Festival de Cans entregou nestes días os cheques desconto para que as rapazas e rapaces da aldea que colaboran co certame, poidan canxealos por material escolar neste inicio do curso. Esta entrega é froito dunha colaboración que o festival asinou coa cadea de papelería Carlin, unha das firmas colaboradoras do certame.

O Festival de Cans bateu o seu récord de contratacións chegando ás 132 persoas

04/06/2019

Unha edición máis, o Festival de Cans sitúanse como un dos proxectos culturais con impacto social e económico das súas actividades no ámbito xeográfico no que se desenvolve, dinamizando a economía local e incrementando o número de postos de traballo asociados ao certame.

O Festival de Cans proxectará as curtas gañadoras da súa XVI edición durante dous domingos consecutivos na Sala Ingrávida

31/05/2019

A Sala Ingrávida acollerá as proxeccións das curtas galardoadas na XVI edición do Festival de Cans. Debido ao repartido que quedou o palmarés, esta tradicional sesión dividirase en dous días.

O Festival de Cans marcou o seu record histórico de público con 15.000 asistentes

28/05/2019

O Festival de Cans bateu na súa décimo sexta edición un novo e histórico récord de asistencia de público chegando ás 15.000 persoas durante os seus catro días de duración.

PALMARÉS 2019

25/05/2019

O Festival de Cans entregou hoxe, na gala final do seu día grande, os premios correspondentes á súa 16ª edición (coa colaboración de AGADIC). A curta The Widow, de Noelia Muíño, acadou tres dos galardóns

Coloquio na Leira con Rodrigo Sorogoyen

Esta mañá, o director Rodrigo Sorogoyen subíase ao escenario Estrella Galicia na Leira de Alicia  para o coloquio acompañado polo actor Luís Zahera e Alfonso Pato, director do Festival de Cans.

Rodrigo Sorogoyen e a actuación do Gran Wyoming encabezan o día da entrega de premios en Cans

O Festival de Cans chega á celebración do seu Día Grande coa entrega dos premios desta 16ª edición e acollendo tamén as actividades musicais, cinematográficas e os encontros máis interesantes.

A Noite das Homenaxes e Marlango, destacados do venres en Cans

24/05/2019

A xornada de mañá venres vén marcada pola emotiva celebración da Noite das Homenaxes que terá lugar no Torreiro ás 22h30. O actor Carlos Blanco colocará a súa estrela no Torreiro e recibirá o Premio Pedigree’19

O xurado de videoclips premia “Vision”, dirixido por Peque Varela para Window Pane

23/05/2019

A Praza do Concello acolleu onte a celebración da Noite LASAL co concurso de videoclips no que se proxectaron dezanove pezas e no que se puido ver unha mostra das propostas musicais e audiovisuais galegas máis recentes.

‘Eroski Paraíso’ e ‘Global Player’, proxeccións estrela do segundo día de Cans

22/05/2019

Mañá xoves, o Festival de Cans acolle como filme de apertura a pre-estrea de Eroski Paraíso e a proxección de Global Player, a película que completa a primeira retrospectiva internacional do certame dedicada ao director alemán Hannes Stöhr.

PALMARÉS DO IV CONCURSO ‘O OLLO DE VIDRO’

Esta tarde o xurado entregou no Baixo de Bugarín os premios da final do concurso ‘O Ollo de Vidro’, que este ano impulsa o Festival de Cans en colaboración coa canle de Youtube Recoméndoche un libro.

O Festival de Cans arrinca mañá cos veciños e veciñas como protagonistas

21/05/2019

A 16ª edición do Festival de Cans comeza mañá centrando a programación da primeira xornada na veciñanza, nunha mestura que combina o agroglamour coas últimas novidades culturais e cinematográficas.

O Festival de Cans inicia este sábado na Sala Ingrávida a retrospectiva do director alemán Hannes Stöhr

16/05/2019

O Festival de Cans, que se celebrará do 22 ao 25 de maio, inicia esta fin de semana na Sala Ingrávida as proxeccións da que será a primeira retrospectiva internacional da historia do certame dedicada ao director alemán Hannes Stöhr.

O Local Parroquial de Cans acolle mañá xoves ás 19h a venda física de entradas do 16º Festival de Cans

15/05/2019

Mañá xoves 16 de maio, o Festival de Cans porá a venda as derradeiras entradas para acudir ás proxeccións das curtametraxes da Sección Oficial desta 16º edición e para asistir a outras actividades e sesións paralelas de pago.

O Festival de Cans contará coa exposición “Outra pel, outro rostro” da fotógrafa Cris Andina

14/05/2019

O Festival de Cans no seu intento de ter o cinema como punto de partida e achegar o festival a outras disciplinas, programa por primeira vez unha exposición fotográfica, que vai máis alá das datas principais do certame.

Rodrigo Sorogoyen e o Gran Wyoming súmanse ao programa da edición máis internacional de Cans con cineastas de ata seis países

07/05/2019

DESCARGA AQUÍ O DOSSIER DE PRENSA DA XVI EDICIÓN DO FESTIVAL DE CANS A Casa do Cid acolleu a presentación da programación completa do Festival de Cans, cando quedan menos de 15 días para que arrinque esta XVI edición.

Marlango e The Legendary Tigerman, primeiras confirmacións musicais do Festival de Cans

02/05/2019

O Festival de Cans, que se celebrará do 22 ao 25 de maio, presenta hoxe un avance de dous dos concertos fortes da súa programación. Unha das novidades importantes deste ano é a remodelación do espazo da Leira da señora Alicia, que pasará a chamarse Espazo Estrella Galicia

Budiño, Antón Reixa e Chisme convertirán o Invernadoiro de Mucha do Peso nun dos espazos estrela do Festival de Cans

25/04/2019

A señora Mucha e o seu home, Juan, dúas das persoas de maior idade da aldea de Cans, 80 e 88 anos respectivamente, comezan estes días a estirar a alfombra vermella para acoller de novo no seu cuberto e no seu invernadoiro, unha das chamadas a ser a programación estrela da XVI edición do Festival

Filmes dende o guión no encontro A que andas?

24/04/2019

Un dos encontros máis agardados polo público e de máis éxito do Festival de Cans é A que andas?, onde as persoas asistentes poden coñecer por vez primeira e dende o guión os proxectos de algunhas das figuras máis destacadas do noso audiovisual.

Nove curtas compoñen FuraCans, a competición de non-ficción que se consolida no Festival de Cans

23/04/2019

O Festival de Cans acolle por segundo ano dentro da súa sección oficial o bloque de FuraCans, a competición de non-ficción que se consolida nesta 16ª edición. Neste espazo, no que se poderá ver unha panorámica xeral do que están a realizar parte das xeracións máis novas do cinema galego

O cineasta alemán Hannes Stöhr protagoniza a primeira retrospectiva internacional do Festival de Cans

16/04/2019

O realizador alemán Hannes Stöhr asistirá ao Festival de Cans, que se celebra do 22 ao 25 de maio, para protagonizar a primeira retrospectiva internacional da historia do certame.

O Festival de Cans acollerá por primeira vez un Concurso de Pintura Rápida que xirará arredor do cine

15/04/2019

O Festival de Cans acollerá por primeira na súa historia un Concurso de Pintura Rápida na cita anual do evento coa creación artística. A actividade sustituirá á Can Parade, en busca de abrirse a novos horizontes e disciplinas. O concurso terá lugar en O Porriño, no entorno da praza do Concello, o xoves 23 de maio.

O Festival de Cans viaxa este venres ata a Sorbona de París

11/04/2019

O Festival de Cans, que se celebrará do 22 ao 25 de maio, porá nesta 16ª edición o foco de atención na súa internacionalización. Esta vontade, presente na imaxe gráfica e no lema deste ano, márcase na idea de ir abrindo unha fiestra para aumentar a presenza de realizadoras e realizadores doutros países

Xa están á venda as primeiras 450 entradas para Cans 2019

08/04/2019

Hoxe martes 9 de abril ás 10.00h poñeranse á venda na tenda online do festival (tenda.festivaldecans.com) os primeiros 450 packs de entrada máis camiseta, que inclúen como agasallo unha chapa exclusiva e o programa de man.

O filme ‘Eroski Paraíso’ abrirá a XVI edición do Festival de Cans

04/04/2019

O Festival de Cans, que se celebrará do 22 ao 25 de maio nesta parroquia pontevedresa, dará comezo nesta edición coa proxección da versión cinematográfica de Eroski Paraíso, dirixida por Jorge Coira e Xesús Ron.

O Festival de Cans recoñece a traxectoria do actor Carlos Blanco co Premio Pedigree 2019

27/03/2019

A Asociación Arela decidiu concederlle nesta edición o Premio Pedigree 2019, o seu máximo galardón honorífico, ao actor Carlos Blanco, “pola súa traxectoria de case tres décadas no mundo da interpretación, e pola súa disposición sempre para traballar con creadores e creadoras novos e, sobre todo, con curtametraxistas”.

Un ano máis o Festival de Cans aumentou o número de obras rexistradas a concurso

14/03/2019

O Festival de Cans bateu un ano máis o seu récord de curtas inscritas, pois recibiu na súa convocatoria para as seccións oficiais a concurso un total de 255 producións galegas, fronte aos 252 traballos da pasada edición.