Un ano máis o Festival de Cans aumentou o número de obras rexistradas a concurso
14/03/2019O Festival de Cans bateu un ano máis o seu récord de curtas inscritas, pois recibiu na súa convocatoria para as seccións oficiais a concurso un total de 255 producións galegas, fronte aos 252 traballos da pasada edición.
Abrimos o prazo de patrocinios de jalpóns para Cans 2019
14/02/2019Como cada edición, o Festival de Cans abre o prazo para empresas que desexen patrocinar o festival. As entidades que estean interesadas en amadriñar ou apadrinar jalpóns ou en facer calquera proposta de patrocinio poden contactar co festival a través do mail patrocina@festivaldecans.com, ou a través das redes sociais.
Comeza a 4ª edición do Proxecto Cans 303
12/02/2019O Festival de Cans impulsa un ano máis o seu Proxecto Cans 303, un curso de gravación, edición e montaxe de vídeo, coa intención de formar no audiovisual a todas as persoas que desexen adquirir coñecementos.
O Festival de Cans recibe o Premio da Cultura Galega 2018
11/01/2019O Festival de Cans recibiu hoxe no Mosteiro de Montederramo (Ourense) o Premio da Cultura Galega 2018, sendo a primeira vez que se concede o galardón a un festival de cine.
O FESTIVAL DE CANS ABRE CONVOCATORIA PARA A SÚA XVI EDICIÓN
08/01/2019O Festival de Cans traballa xa a tope na XVI edición do festival, que este ano terá lugar entre o mércores 22 e o sábado 25 de maio. Este martes, 8 de xaneiro, o festival abre a súa convocatoria a concurso para a recepción de curtametraxes
O DOCUMENTAL “SAD HILL DESENTERRADO” PECHA ESTE DOMINGO O CICLO “CANS TODO O ANO”
20/12/2018O ciclo Cans todo o ano, que o Festival de Cans organiza durante todo o ano coa Sala Ingrávida e co CineClube Rebobina, chega este domingo 23 ás 19,00 horas á súa última proxeción do ano, e faino por todo o alto.
O FESTIVAL E GADIS ENTREGAN ÓS VECIÑOS CESTAS DE NADAL
19/12/2018Como cada Nadal nos últimos anos, o Festival de Cans e a empresa Gadis achegaron ás veciñas e veciños de Cans, vinte cestas de Nadal para agradecerlles a moitas familias a estreita colaboración que manteñen co festival.
NACE “PROXECTA”, COORDINADORA DE FESTIVAIS DE CINEMA DE GALICIA
18/12/2018Este martes 18 de decembro presentouse no Museo das Peregrinacións de Santiago Proxecta, a que será histórica primeira coordinadora de festivais de cinema de Galicia.
OS GOYA PASAN POR CANS
11/12/2018O Festival de Cans quere dar os seus parabéns a todas as galegas e galegos nominados ós Premios Goya, a maioría moi ligados ás últimas edicións de Cans onde foron recoñecidos con múltiples premios.
O FESTIVAL DE CANS E A EMPRESA CARLIN ENTREGAN A RAPAZAS E RAPACES DA ALDEA VALES DE MATERIAL ESCOLAR
06/10/2018O Festival de Cans continúa traballando ó longo do ano no seu obxectivo de servir como ferramenta para contribuir á educación e achegar a cultura ó mundo rural.
O Festival de Cans, Premio da Cultura Galega 2018
05/10/2018O Festival de Cans recibirá este ano o Premio da Cultura Galega na modalidade de audiovisual. É unha gran noticia para o noso festival, xa que este recoñecemento, é un dos premios máis relevantes da cultura galega.
Ata sempre Divina
03/10/2018O Festival de Cans lamenta o falecemento da popular veciña da parroquia Divina Campos, coñecida como Divina do Castillo, que nos deixou ós 86 anos. No ano 2012, o festival concedeulle o Chimpín de Prata como recoñecimento ó seu apoio ó festival e á súa colaboración entusiasta, poñendo este galardón no Muro dos Chimpíns.
O Festival de Cans bateu nesta edición o seu record de contratacións sumando 126 persoas
07/06/2018O Festival de Cans converteuse na presente edición en moito máis que o gran acontecemento cultural do mundo rural en Galicia. Pouco a pouco, o certame está defininíndose tamén como un proxecto que demostra a importancia da cultura á hora de incrementar a riqueza e postos de traballo.
12.000 persoas asisten ao Festival de Cans na súa edición con programación máis ambiciosa
02/06/2018A décimo quinta edición do Festival de Cans congregou ao longo dos seus catro días de duración a unhas 12.000 persoas que esgotaron todas as sesións con entradas á venda, ben anticipadamente ou durante a celebración do evento.
O Festival de Cans proxecta este domingo as obras gañadoras na súa XV edición
01/06/2018Este domingo, 3 de xuño ás 20h00, o público terá a última oportunidade de ver as curtas gañadoras na XV edición do Festival de Cans na Sala Ingrávida do Porriño.
Matria bate récords e faise con catro premios no 15º Festival de Cans
26/05/2018O Festival de Cans entregou hoxe, na gala final do seu día grande, os premios correspondentes á súa 15ª edición. A curta Matria, de Álvaro Gago, fixo historia ao converterse na primeira en acadar catro premios en Cans
Fernando Trueba, no Coloquio na Leira en Cans: “A comedia é un misterio”
Esta mañá, Fernando Trueba foi o protagonista dun memorable Coloquio na Leira en Cans, no que falou de humor, de cinema e de proxectos futuros, ademais de compartir cun atentísimo público anécdotas dos mitos da séptima arte cos que tivo a fortuna de compartir filmes ou comidas.
Fernando Trueba, Gracia Querejeta e Burning encabezan o día da entrega de premios en Cans
Un ano máis, o Festival de Cans chega á súa fin e faino por todo o alto, coa entrega dos premios desta 15ª edición pero tamén co audiovisual, a música e os encontros máis interesantes.
O xurado de videoclips premia “Omertá”, dirixido por Gero Costas para BALA
25/05/2018Onte tivo lugar na Praza do Concello a gran festa dos videoclips da Noite GIA: proxectáronse as dezaoito pezas a concurso que amosan o estado actual da creatividade da música e o audiovisual galego, nun evento que rematou por todo o alto, co público bailando coa cumbia de Esteban & Manuel.
A Noite das Homenaxes, concertos e o audiovisual que vén protagonizan o venres en Cans
Hoxe venres a programación de Cans vén cargada de momentos emocionantes, incluíndo o que é probablemente o máis emotivo do Festival: a Noite das Homenaxes. A produtora Chelo Loureiro colocará a súa estrela no Torreiro e recibirá o Premio Pedigree’18, máximo galardón do Festival de Cans
Palmarés do III Concurso de booktrailers ‘O Ollo de Vidro’
23/05/2018Logo de reunirse o xurado e pasar por duras deliberacións, hoxe á tarde vimos de coñecer as pezas premiadas no III Concurso de booktrailers ‘O Ollo de Vidro’, que este ano impulsa o Festival de Cans. Premio do xurado: O principiño, de Laura Lorenzo, Ainoha Martínez, Monique Otero, Lourdes Manteiga e Carlos Lago (do IES Pino Manso).
O Festival de Cans acolle mañá a proxección dos seus dous filmes de apertura: ‘A estación violenta’ e ‘British Winters’
Mañá xoves, o Festival de Cans terá filme de apertura por partida dobre. Se habitualmente é unha longametraxe a encargada de inaugurar o Festival logo da Noite dos veciños e veciñas do mércores, este ano o público terá a oportunidade de desfrutar de dúas películas moi esperadas: A estación violenta e British Winters.
O 15º Festival de Cans abre mañá pondo o foco na literatura e a veciñanza
22/05/2018A 15ª edición do Festival de Cans comeza mañá mantendo o seu espírito de sempre, ese agroglamour que xunta o achegamento ás últimas novidades culturais e cinematográficas e a celebración da identidade da aldea.
Xa temos finalistas para ‘O ollo de vidro’, o concurso de booktrailers impulsado polo Festival de Cans
Mañá mércores, o Baixo de Bugarín acollerá ás 19:00 a final de ‘O ollo de vidro’, o concurso de booktrailers que o Festival de Cans impulsou este ano no marco da iniciativa da canle de YouTube Recoméndoche un libro.
O Torreiro de Cans acolle mañá venres ás 19h a venda física de entradas do 15º Festival de Cans
17/05/2018Mañá, venres 18 de maio, o Festival de Cansporá á venda no Torreiro de Cans as derradeiras entradas para acudir á proxección das curtametraxes a concurso desta edición e a algunhas outras actividades de pago.
O Festival de Cans reforza a súa programación infantil co MiniCans máis completo da súa historia
14/05/2018O Festival de Cans continúa nesta 15ª edición a súa aposta por atender a todos os públicos, e faino reforzando e ampliando MiniCans, a súa programación infantil.
Última oportunidade para mercar online as entradas do Festival de Cans
09/05/2018A partir de hoxe, 10 de maio, ás 10h00 poderedes atopar en tenda.festivaldecans.com tamén os seguintes produtos:
Fernando Trueba, Gracia Querejeta e Triángulo de Amor Bizarro súmanse á programación do 15º Festival de Cans
➡DESCARGA AQUÍ O DOSSIER COA PROGRAMACIÓN COMPLETA DE #CANS18 A Casa do Cid, espazo emblemático do Festival de Cans, acolleu hoxe a presentación do 15º Festival de Cans, na que se desvelou o programa ao completo, coas destacadas incorporacións dos cineastas Fernando Trueba e Gracia Querejeta
Manuel Lourenzo, Berta Ojea, Borja Cobeaga ou Nieve de Medina protagonizarán varios dos coloquios do Festival de Cans
07/05/2018O Festival de Cans fará na súa 15ª edición unha gran aposta polos coloquios e encontros co público, que terán lugar no histórico Baixo do Moncho nas mañás que van do mércores 23 ao venres 26 de maio, sempre ás 11:30 horas (entrada libre ata completar un aforo máximo de 125 persoas).
Kevin Weatherill, dos Immaculate Fools, estreará o Invernadoiro, un novo espazo singular de Cans
02/05/2018O Festival de Cans inaugura este ano o Invernadoiro, un novo espazo singular para o audiovisual e a música, e faino coa visita de Kevin Weatherill, un artista de relevancia internacional no pop das últimas décadas.