Aberto prazo de inscrición para Cans 2017

10/01/2017

O Festival de Cans é un evento destinado a promover o talento das novas e novos creadores. Ata o domingo 5 de marzo estará aberto o prazo para enviar curtametraxes e videoclips

Gadis sempre chega a Cans polo Nadal!!!

22/12/2016

Onte recibimos en Cans a visita do noso patrocinador Gadis, representado por Pablo Louro, delegado da empresa na provincia de Pontevedra.

O Festival de Cans 2017 terá lugar do 24 ó 27 de maio

14/12/2016

A Asociación Arela, organizadora do Festival de Cans, xa decidiu as datas do evento na súa XIV edición que terá lugar do mércores 24 ó sábado 27 de maio, último fin de semana dese mes.

Tía Tata acolle a presentación do libro “Cans” de Carlos Meixide

O escritor Carlos Meixide estará mañá xoves 15 na tenda Tía Tata do Porriño, para presentar o seu último libro Cans, cuxa trama está centrada arredor do Festival de Cans.

O FESTIVAL DE CANS ESTARÁ PRESENTE NO CULTURGAL 2016

23/11/2016

O Festival de Cans estará presente na vindeira edición do Culturgal que terá lugar en Pontevedra entre o venres 2 e o domingo 4 de decembro.

“CANS”, A NOVA NOVELA DO ESCRITOR CARLOS MEIXIDE

O Festival de Cans xa ten libro! O autor Carlos Meixide ven de publicar “Cans”, a súa última obra narrativa, que é a continuación do seu exitoso libro “Ons”, que vai xa pola súa terceira edición.

Palmarés de Cans 2016

21/11/2016

O xurado da XIII edición do Festival de Cans, formado por Dani de la Torre, Belén Constenla, Manuel Jabois, Helena Miquel, Nacho Castaño e Ana Cermeño, acordou, despois do visionado das curtametraxes a concurso e a deliberación, outorgar os seguintes premios:

Las Altas Presiones

21/10/2016

Este domingo 23 arranca por segundo ano o ciclo de cine CANS TODO O ANO, que organizan o Festival de Cans, a Sala Ingrávida de O Porriño e o cineclube Rebobina conxuntamente. O primeiro filme que teremos o honor de proxectar será Las Altas Presiones, de Angel Santos, que nos acompañará na Sala Ingrávida. Las

Proxección das obras gañadoras

25/05/2016

Última oportunidade para ver as curtametraxes gañadoras nesta edición do Festival de Cans! O venres 27 de maio proxectaranse na Sala Ingrávida do Porriño (calle Pérez Leirós,3) as curtas e videoclips gañadores nesta XIII edición. Contarase coa presenza de varios realizadores que comentarán co público as súas pezas audiovisuais.

Música pangalaica e os campións do punk

21/05/2016

No apartado musical hoxe celebraremos os 25 anos da Arroutada Pangalaica dos Diplomáticos de Montealto, que se estrearon precisamente no Porriño. Agora pechan un ciclo cun concerto especial no que subirán ao escenario unha morea de amigos.

Actividades para nenas e nenos festivaleiros

Os máis pequenos tamén teñen hoxe dende ben cedo actividades para escoller no Festival de Cans. O parque do río estará en funcionamento todo o día con xogos tradicionais e xantares con menús infantís a prezos económicos. Pola mañá poderán asistir á proxección da longametraxe de animación Maimiño, de Ernestro Padrón, unha produción de Ficción Producciones e

Dalle caña ás curtametraxes

20/05/2016

Repasamos o programa de mañá, día grande do festival. En total este ano participan 18 curtametraxes na sección oficial a concurso, que nos demostran a fecunda realidade do noso audiovisual. Recuperamos a sección de animación e descubrimos unha canteira de directores e directoras que crean desde o éxodo en Bruxelas, Londres ou Lisboa. Por primeira

“Buscando a superfama”, mellor viedeoclip

O xurado dos videoclips da XIII edición do Festival de Cans, formado por Déborah Vukusic, Pablo González Batista, Teresa Cuíñas e Amaro Ferreiro, acordou outorgarlle o Premio ao Mellor Videoclip a “Buscando a superfama” de Heredeiros da Crus, dirixido por Olga Osorio, por ser un videoclip no que imaxe e música dialogan en igualdade de condicións, por ser unha peza que

Foto: Rafa Costas

Dúas novas estrelas no Torreiro de Cans

Durante a xornada de hoxe, dúas personalidades relevantes do noso cinema deixarán a súa pegada no Torreiro dás Estrelas. Farano nunha placa cunha estrela que, desde hoxe, levará o seu nome no firmamento de Cans. Trátase do actor Quique San Francisco, quen conta con máis de 60 producións ás súas costas traballando con algúns dos

Iván Ferreiro e Delafé, banda sonora do día das homenaxes

O audiovisual continúa a expandirse hoxe no Festival de Cans nunha xornada marcada pola posta en valor dos creadores e creadoras galegos. Máis como xa é habitual aquí, non todo é cinema e a parroquia anegarase tamén polas propostas musicais. Unha delas é a de Iván Ferreiro, que enche os oídos e os corazóns de milleiros

Día dos creadores e as homenaxes

19/05/2016

Mañá no Festival de Cans temos unha xornada ben cargadiña de cinema dedicada ás nosas creadoras e creadores, pero tamén das ondas da radio, xa que Ángel Carmona emitirá Hoy empieza todo de Radio 3 en directo dende Cans a partir das 7h00. Durante o programa haberá un almorzo “Galicia Calidade” preparado polo barista Óscar de Toro

“Psiconautas”, unha fantasía negra de animación

Esta mañá presentouse no Círculo Recreativo e Cultural do Porriño Psiconautas, o filme de estrea de Cans 2016. Tras gañar o Premio Lurra Green Peace do Festival de San Sebastián en 2015 e, máis recentemente, o premio á Mellor Película de Animación no Golden Kuker-Sofia e o Stuttgart Film Festival, chega para proxectarse na súa

Mañá comeza o XIII Festival de Cans!

17/05/2016

Mañá mércores arrinca a XIII edición do Festival de Cans na que, dende o 18 ao 21 de maio, a parroquia porriñesa se convertirá no epicentro do noso audiovisual.

CanZine: o ano dos allos

13/05/2016

Volve a rúa o Canzine! O xornal oficial do Festival de Cans, dirixido por Diego Giráldez e editado por Arela, chega unha vez máis ateigado de cousas interesantes.

O actor Enrique San Francisco colocará a súa estrela no Torreiro de Cans

12/05/2016

Enrique San Francisco, actor que prestou a súa voz para un dos personaxes principais de Psiconautas -o filme de estrea da XIII edición do festival- presentará o próximo xoves 19 a longametraxe no Circulo Recreativo e Cultural do Porriño.

Mañá terá lugar a venda física de entradas en Cans!

Tras esgotar as entradas dispoñibles online, o Festival de Cans venderá mañá, venres 13 de maio ás 19h00 no Torreiro de Cans, a últimas 100 entradas para acudir á proxección das curtametraxes a concurso desta edición.

A cicatriz branca

06/05/2016

Apuntade nas vosas axendas! Este domingo día 8 de maio ás 19h00 volve o cinema á Sala Ingrávida cun novo pase do ciclo “Sen un can” que organizamos conxuntamente.

Presentación XIII Festival de Cans

03/05/2016

Iván Ferreiro abrirá os concertos na Leira na edición máis multidisciplinar do Festival de Cans Xa presentamos oficialmente a 13ª edición do Festival de Cans! E fixémolo coa proposta máis multidisciplinar da súa historia

Retomamos a venda de entradas!

A partir do mércores 4 de maio ás 12h00 poñeranse á venda on line máis entradas para esta edición do Festival de Cans, que darán acceso á proxección da sección oficial de curtametraxes a concurso do sábado 21 de maio. Poderán adquirirse a través da nosa tenda virtual  ata o próximo 11 de maio ás 23h59.

“Funes, o inventor da lúa”

30/04/2016

Este domingo día 1 de maio ás 19h00 volve o cinema á Sala Ingrávida cun novo pase do ciclo “Sen un can”. Esta vez será a quenda dun filme documental que agocha unha gran historia: “Funes, o inventor da lúa”, dirixido por Enrique Otero.

Os Diplomáticos de Monte Alto e Novedades Carminha actuarán no día grande de Cans

27/04/2016

Hai 25 anos os Diplomáticos de Monte Alto facían a súa primeira aparición pública no Porriño. Agora regresan de novo á zona para facernos lembrar a todos aquela “Arroutada Pangalaica”, o seu primeiro disco co que saltaron aos escenarios galegos e co que encheron o mundo do seu rock bravú.

Videoclips a concurso na Noite Gia

A Noite Gia desenvolverase a carón do Pub Chimenea (O Porriño), o xoves 19 de maio cunha actuación previa do grupo Best Boy, liderado por Ángel Sánchez e Lucas Fernández. O dúo perfílase como un dos máis interesantes do panorama galego actual

Joao Tomba, o regreso

23/04/2016

Como xa avanzamos a Leira de Alicia cobra protagonismo nesta edición coa acollida do Espazo Mahou, unha zona con carpa e escenario, pensada para a conversa tranquila onde, ademais do habitual coloquio cun ou unha cineasta e outras actividades relacionadas co audiovisual, haberá varias actuacións musicais relacionadas coas proxeccións do Jalpón de Alicia.

“Mulleres da raia”

22/04/2016

Tomade nota! Este domingo día 24 de abril ás 19h00 volve o cinema á Sala Ingrávida cun novo pase do ciclo “Sen un can” que organizamos conxuntamente.

Máis actividade na Leira de Alicia

21/04/2016

A Leira de Alicia, un dos espazos emblemáticos do Festival de Cans, que cada ano acolle o coloquio co director convidado da edición, pasará a ter programación continuada nos días principais do certame, o venres 20 de maio e o sábado 21. Acollerá o Espazo Mahou, empresa que confirmou a súa continuidade como principal patrocinador