O FESTIVAL DE CANS 2018 XA TEN DATAS, DO 23 Ó 26 DE MAIO

A Asociación Cultural Arela, organizadora do Festival de Cans xa decidiu as datas do evento na súa XV edición que terá lugar do mércores 23 ó sábado 26 de maioPor vez primeira na historia o noso Festival de Cans non coincidirá co Cannes francés, será unha semana despois.
En paralelo a este anuncio e aproveitando a presenza do festival no Culturgal Feira de Industrias Culturais esta fin de semana, as persoas que visiten o noso stand, o número 78, recibirán o agasallo dun marcapáxinas deseñado especialmente para a ocasión coas datas de Cans 2018 – XV edición.

Asimesmo, todas as persoas que fagan en Culturgal unha compra en merchandising superior a 5 euros no noso stand entrarán nun sorteo para conseguir unha entrada dobre para acudir á XV edición do Festival.

* O sorteo celebrarase o domingo arredor das 18h no stand do Festival.