
Chimpíns de Prata 2016
16/03/2016A organización do Festival de Cans decidiu outorgarlle os Chimpíns de Prata “Premio Pepe Puime”, que recoñecen cada ano o labor dos veciños e veciñas de Cans e mais a unha personalidade que destaque polo seu apoio ao certame, a Chelo Fortes e Manolo Cid, donos da “Casa do Cid”

Batemos o noso récord de curtas inscritas!
10/03/2016O venres pechamos a convocatoria para as seccións a concurso desta edición. Logo da revisión e clasificación de todo o material recibido xa podemos confirmar que batemos o noso récord de curtas inscritas. En total recibimos 215 producións, o que supón un 15% de incremento con respecto ao ano pasado, que nos chegaran 184 traballos.

Decálogo para a visibilidade das mulleres
07/03/2016Dende o Festival de Cans queremos impulsar un decálogo de medidas para promover a visibilidade das mulleres, particularmente as mulleres creadoras, dentro de todas as nosas seccións e homenaxes.

Apadriña un jalpón!
29/02/2016Unha vez máis dende o Festival de Cans queremos facer un chamamento a marcas, empresas e institucións para contribuír ao financiamento do certame, ofrecendo diferentes fórmulas de colaboración, entre elas, o apadriñamento dun jalpón.

Escena 1, toma 2, acción!
27/02/2016Un ano máis volvemos estimular ás veciñas e veciños de Cans para que se lancen á produción audiovisual. Alentamos a un grupo de dez persoas entre os 12 e os 60 anos a desenvolver un proxecto que ten como obxectivo recuperar a memoria cotiá da parroquia.

Janet Novás e Mercedes Peón estrearán o Jaliñeiro Arena
25/02/2016No Festival de Cans non deixamos de renovarnos edición tras edición, así que este ano imos darlle unhas voltas aos nosos espazos máis emblemáticos. Xa podemos adiantarvos unha novidade. Na zona do Jaliñeiro e a Sala Multiusos inauguraremos un novo espazo: o Jaliñeiro Arena.

Abrimos o Prazo de Inscrición
12/01/2016O Festival de Cans é un evento destinado a promover o talento das novas e novos creadores que farán o cine do futuro. Ata o 4 de marzo estará aberto o prazo para enviar curtametraxes e videoclips para entrar a concurso na XIII edición que se celebrará do 18 ó 21 de maio de 2016.

¡Estreamos web!
21/12/2015Comezamos unha etapa apaixonante, tras moito traballo pechamos o círculo e inauguramos a nova web corporativa do Festival de Cans. Este portal é a finalización dun proceso que empezou coa construcción da nosa tenda online.

Querer a Cans
18/12/2015Nunha ocasión, un recoñecido publicista comentou que a esencia do impacto da marca no público está en dicir as cousas de xeito que ninguén as dixo nunca. O Festival de Cans é xustamente iso: orixinalidade, autenticidade e impacto.

Cans, viveiro de cineastas
24/11/2015Sabías que moitos dos nominados aos Goya deste ano gañaron antes en Cans? Dani de la Torre, que gañou en dúas ocasións Cans, é un dos cineastas revelación co seu filme “El desconocido” e terá oito nominacións nos maiores premios do cine español.