O FESTIVAL DE CANS REPARTE CESTAS DE NADAL ENTRE AS VECIÑAS E VECIÑOS DE CANS

O Festival de Cans continuou neste 2020 coa tradicional entrega das cestas de Nadal de Gadis, a todas as veciñas e veciños de aldea que colaboran co festival.

Malia que nesta edición, por mor das restriccións derivadadas da Covid-19, o festival só se desenvolveu en cinco dos seus baixos e jalpóns, desde a organización e a empresa Gadis fíxose un esforzo para manter a entrega habitual a todas as casas e veciñas e veciños que colaboran co certame.

Nesta edición, o Festival fixo entrega no Torreiro de Cans dun total de 25 cestas de Nadal que repartiu entre veciñas e veciños que prestan as súas casas e outras veciñas e veciños que colaboran desinteresadamente coa organización desde hai varios anos.

Cada unha destas cestas contiña un lote de produtos valorados en 50 euros, e esta entrega quere simbolizar un detalle de agradecemento por parte do Festival de Cans ás veciñas e veciños da aldea, neste ano tan complexo, ó mesmo tempo que suma o apoio fiel da empresa Gadis, sendo un dos patrocinadores mais fieis do Festival de Cans, desde as primeiras edicións.

Esta entrega ven sumarse ós trinta vales para mercar material didáctico e educativo que a organización repartiu no mes de Setembro entre as nenas e nenos da aldea que están en idade escolar e colaboran co festival. Aínda que este ano, o festival evitou a presenza de moitas destas nenas e nenos, mantivéronse tamén todos os vales habituais para canxear por material educativo.

Datas do Festival de Cans en 2021

A organización do Festival de Cans, que en 2021 cumprirá a súa décimo octava edición, está mantendo reunións e contactando nestes últimos días do ano con veciñas e veciños, patrocinadores e institucións, para manter un intercambio de opinións, antes de decidir as datas definitivas da seguinte edición do festival.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

19 − 19 =