Cans On Line 2022

O FESTIVAL DE CANS PON EN MARCHA “CANS ONLINE”

FAI CLICK PARA ACCEDER A “CANS ONLINE”

Dende hoxe e ata domingo poderán verse as 11 curtametraxes que participaron na competición oficial de Ficción e Animación do XVIII Festival de Cans. O proxecto “Cans Online” volve levar os filmes á rede.

As obras estarán dispoñibles na páxina web do certame a partir de hoxe, xoves, ás 12h e ata o vindeiro domingo á medianoite, nun proxecto que conta co soporte tecnolóxico de Vimeo e foi posible grazas ao traballo desenvolto nas últimas semanas pola empresa porriñesa Quadralia.

As películas organizaranse en 4 bloques. Ver cada un deles custará 3 euros. O abono que permite velas todas ten un desconto: só custará 5 euros. Todo o diñero recadado proxeccións repartirase entre as curtametraxes participantes.

FAI CLICK PARA ACCEDER A “CANS ONLINE”

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

1 × one =