A XX EDICIÓN DO FESTIVAL DE CANS CREOU 151 EMPREGOS E BATEU A SÚA MARCA HISTÓRICA DE CONTRATACIÓNS

30/05/2023

A XX edición do Festival de Cans, que rematou a pasada fin de semana, rexistrou unha marca histórica de creación de emprego, ao chegar a 151 altas laboráis.

Luis Zahera Premio Perdigree

MÁIS DE 13.000 PERSOAS PASARON POLO FESTIVAL DE CANS NUNHA HISTÓRICA XX EDICIÓN, CARGADA DE SORPRESAS E EMOCIÓN

23/05/2023

A XX edición do Festival de Cans, que se celebrou a pasada fin de semana nesta aldea de O Porriño, deixou cifras históricas.

ÁNGEL SANTOS OBTÉN UN TRIUNFO HISTÓRICO CON CATRO PREMIOS POLA CURTA “ALICIA FAI COUSAS”

22/05/2023

A XX edición do Festival de Cans baixou o pano co acto de entrega de premios nas distintas categorías competitivas do certame (coa colaboración de AGADIC). O gran gañador desta edición foi o realizador Ángel Santos

Apertura do festival con Honeymoon

Cans celebrou a súa apertura oficial coa proxección do filme “Honeymoon”

19/05/2023

A xornada de onte en Cans trouxo un dos momentos máis emotivos do festival co reencontro das actrices que hai 25 anos foron protagonistas dunha das series históricas do audiovisual galego, “Mareas Vivas”.

Coloquio Matria

Cans celebra por todo o alto o Día das Letras con estreas e coloquios de cinema do país e moita música

18/05/2023

O Festival de Cans viviu onte a segunda xornada da súa XX edición, cunha xornada moi especial dedicada a festexar o Día das Letras.

O FESTIVAL DE CANS ABRE A SÚA XX EDICIÓN CUNHA INVASIÓN DE RAPACES E UNHA HOMENAXE A VIDAL BOLAÑO

17/05/2023

A XX edición do Festival de Cans arrancou coa visita de ducias de escolares de colexios e institutos galegos que volvían ao certame do Porriño despois dos anos de pandemia nos que as restricións impedíanlles asistir.

Vidal Bolaño traballando en Olympus

Arranca a XX edición do Festival de Cans coa Noite Lasal dedicada aos videoclips e unha homenaxe a Roberto Vidal Bolaño

15/05/2023

A XX edición do Festival de Cans arranca mañá martes cunha intensa programación de cinco días de cine, música e homenaxes a persoeiros do mundo do cine e aos veciños da aldea de Cans que fan posible co seu traballo e dedicación unha das citas senlleiras do audiovisual galego cada ano.

Valerie Massadian

O FESTIVAL DE CANS ARRANCA A SÚA PREVIA COS FILMES DE VALÉRIE MASSADIAN E A INAUGURACIÓN DA EXPOSICIÓN DE DIEGO GIRÁLDEZ

11/05/2023

A XX edición do Festival de Cans arranca esta fin de semana cunha programación previa en O Porriño que contará cunha retrospectiva da cineasta  Valérie Massadian, a apertura dunha exposición de collage de Diego Giráldez e coa presentación do novo proxecto musical de Eladio Santos, Ronsel, acompañado por Andrés Cunha.

Fillxs de Cans e A que andas

O FESTIVAL DE CANS DARÁ A COÑECER 14 PROXECTOS DE LONGAMETRAXES NAS SÚAS SECCIÓNS “FILLAS DE CANS” E “A QUE ANDAS”

08/05/2023

A XX edición do Festival de Cans contará nos seus coloquios matinais de martes a venres coa presenza de perto de 40 profesionais destacados do mundo do cinema, entre os que están cineastas, guionista, produtores ou actrices e actores.

Presentación Festival de Cans XX Aniversario

LOS PUNSETES, FILLAS DE CASSANDRA, NATHALIE POZA E MÁIS DE 30 ESTREAS E 25 ACTUACIÓNS PARA CELEBRAR A XX EDICIÓN DO FESTIVAL DE CANS

03/05/2023

O Festival de Cans presentou este mércores a súa XX edición, que terá lugar nesta aldea de O Porriño durante cinco días, entre o 16 e o 20 de maio.

Álvaro Gago e María Vázquez

O FESTIVAL DE CANS TERÁ UNHA INTENSA PROGRAMACIÓN O DÍA DAS LETRAS GALEGAS CON CINE, MÚSICA E COLOQUIOS

28/04/2023

Por primeira vez na súa historia o Festival de Cans contará cunha intensa programación da mañá ata a noite para celebrar o Día das Letras, a gran festa anual da lingua galega. O mércores 17 de maio haberá cine en galego, coloquios, música tradicional e actividades como Novas Camadas ou o Día dos Veciños.

Retrospectiva internacional de Valerie Massadian

O FESTIVAL DE CANS ADICARÁ A SÚA RETROSPECTIVA INTERNACIONAL Á CINEASTA FRANCO-ARMENIA VALéRIE MASSADIAN

25/04/2023

A XX edición do Festival de Cans contará coa presenza da cineasta e fotógrafa franco-armenia Valérie Massadian. O certame dedicaralle o Foco Internacional, cunha retrospectiva completa na que presentará as dúas longametraxes e sete curtametraxes, seis delas inéditas en España.

The Limboos

THE LIMBOOS E MR. KILOMBO, ENTRE AS ACTUACIÓNS MUSICAIS COAS QUE O FESTIVAL DE CANS CELEBRARÁ A SÚA XX EDICIÓN

20/04/2023

O Festival de Cans ofrece un avance da programación musical coa que celebrará a XX edición do certame, que terá lugar do 16 ao 20 de maio. Todos os días do festival pecharanse cunha actuación musical, destacando as que terán lugar o venres 19 e o sábado 20 de maio no Espazo Estrella Galicia

Non Ficción. Tegoyo de Guillermo de Oliveira

DEZ OBRAS COMPETIRÁN NA SECCIÓN FURACÁNS DO FESTIVAL DE CANS

14/04/2023

O Festival de Cans, cuxa XX edición terá lugar nesta aldea de O Porriño do 16 ao 20 de maio, elexiu para a súa sección competitiva Furacáns un total de dez curtametraxes, das cales seis serán estreas e oito delas, un 80% do total, están dirixidas por mulleres cineastas.

Luis Zahera Premio Pedigree 2023

LUIS ZAHERA RECIBIRÁ O PREMIO PEDIGREE DE HONRA DO FESTIVAL DE CANS NA SÚA VIXÉSIMA EDICIÓN

30/03/2023

O Festival de Cans, que celebrará a súa víxésima edición nesta aldea de O Porriño, entre o 16 e o 20 de maio, acordou otorgar nesta edición o seu Premio de Honra, o Premio Pedigree, ao actor Luis Zahera.

IV Concurso de Pintura

EN MARCHA O IV CONCURSO DE PINTURA “PINTAR O CINE”

28/03/2023

O Festival de Cans, coa colaboración da empresa GALPI (Galicia de Pinturas), abre o prazo para todas aquelas persoas que queiran participar no seu concurso de pintura “Pintar o Cine”.

Presentación Festival de Cans 2023

“HONEYMOON”, DO DIRECTOR ENRIQUE OTERO, SERÁ A PELICULA QUE ABRA A XX EDICIÓN DO FESTIVAL DE CANS

23/03/2023

A XX edición do Festival de Cans, que terá lugar do 16 ao 20 de maio, anunciou hoxe que o filme “Honeymoon”, de Enrique Otero protagonizará a sesión inaugural do certame, o xoves 18 de maio.

Nace o Canciños Fest

O FESTIVAL DE CANS IMPULSA ESTA FIN DE SEMANA O “CANCIÑOS FEST”

21/03/2023

O Festival de Cans organizará esta fin de semana no Porriño o “Canciños Fest”, un novo certame que nace coa intención de achegar o cinema en lingua galega ás máis pequenas e pequenos.

Incrementase o número de curtas recibidas para Cans 2023

Incrementase o número de obras recibidas para concursar na XX edición do Festival de Cans

08/03/2023

O Festival de Cans, cuxa XX edición terá lugar na aldea de Cans (O Porriño) durante cinco días, entre o 16 e o 20 de maio, incrementou case un 25% o número de curtametraxes e obras recibidas buscando entrar en competición nunha edición tan sinalada.

Cans terceiro mellor evento cultural de Galicia

O FESTIVAL DE CANS ELIXIDO O TERCEIRO MELLOR EVENTO CULTURAL DE GALICIA E UN DOS MELLORES DE ESPAÑA NO ÁMBITO RURAL

03/02/2023

O Festival de Cans, que este ano celebrará a súa XX edición do 16 ao 20 de maio, foi seleccionado entre o mellor dos eventos culturais en Galicia no ano 2022.

O cinema galego chega a Bruxelas

BRUXELAS TERCEIRA PARADA NO CIRCUITO INTERNACIONAL QUE PROMOVE O FESTIVAL DE CANS PARA VISIBILAR AS OBRAS GAÑADORAS

25/01/2023

O Festival de Cans, que celebrará a súa XX edición do 16 ao 20 de maio, prosegue neste 2023 co seu traballo de dar a coñecer ás novas e novos creadores galegos a través dun circuito internacional de proxecións.

Pedro Díaz curta La Entrega

CANS UN FESTIVAL TALISMÁN PARA OS PREMIOS GOYA

26/12/2022

Con máis dun cento de obras audiovisuais proxectadas na pasada edición, o Festival de Cans convértese ano tras ano, nun gran escaparate e nun festival talismán para os Premios Goya.

Reparto Cestas de Nadal de Gadis

O FESTIVAL DE CANS ENTREGA 20 CESTAS DE NADAL DE GADIS ENTRE AS VECIÑAS E VECIÑOS QUE COLABORAN CO CERTAME

21/12/2022

O Festival de Cans, que celebrará a súa XX edición do 16 ao 23 de maio, agasallou estes días con 20 cestas de Nadal outros tantos veciños e veciñas que colaboran habitualmente co certame.

Coloquios Dalle Caña 2022

O FESTIVAL DE CANS ABRE A CONVOCATORIA PARA O ENVÍO DE OBRAS

13/12/2022

O Festival de Cans, que este ano chega á cifra especial de vinte edicións, abre desde este martes a convocatoria para que todas aquelas autoras e autores que o desexen envíen as súas obras a concurso para participar no certame.

XX Aniversario Festival de Cans

O FESTIVAL DE CANS CELEBRARÁ A SÚA VIXÉSIMA EDICIÓN DO MARTES 16 AO SÁBADO 20 DE MAIO DE 2023

01/12/2022

O Festival de Cans xa ten datas para a celebración da súa vixésima edición, que será do martes 16 ao sábado 20 de maio de 2023.

Despedida de Cinemaldea

O FESTIVAL DE CANS DESPIDE ESTA FIN DE SEMANA O CICLO CINEMALDEA CON PROXECIÓNS EN ATIOS E BUDIÑO

24/11/2022

O Festival de Cans despedirá esta fin de semana o ciclo Cinemaldea, que ó longo de todo o mes de novembro levou con moito éxito o cinema en forma de curtametraxes ás zonas rurais do Concello do Porriño.

Eloy Domínguez Serén recollendo un premio

CINEMALDEA REGRESA EN NOVEMBRO PARA LEVAR AS CURTAS DO FESTIVAL DE CANS ÁS ALDEAS DO RURAL

03/11/2022

O Festival de Cans e o Concello do Porriño promoven este ano unha nova edición de Cinemaldea, unha iniciativa que achegará ás zonas rurais do municipio unha selección das curtametraxes premiadas na última edición.

Santi Prego, Premio Aisge á Mellor Actor no Festival de Cans

UNHA SELECCIÓN DE CURTAS PREMIADAS NO FESTIVAL DE CANS PROXECTARANSE ESTE VENRES EN LISBOA

20/10/2022

Unha selección das curtas premiadas no Festival de Cans proxectaranse este venres 21 de outubro en Lisboa, organizado por Xuventude de Galicia, no Centro Galego de Lisboa.

Periplo internacional Festival de Cans

O FESTIVAL DE CANS COMEZA ESTE VENRES EN CAMINHA UN PERIPLO INTERNACIONAL QUE O LEVARÁ POR VARIAS CIDADES EUROPEAS

01/09/2022

O Festival de Cans comezará este venres 2 de Setembro en Caminha (Portugal), un periplo de proxecións internacionais que o levará por varias cidades europeas, ó longo dos vindeiros meses.

Cans On Line 2022

O FESTIVAL DE CANS PON EN MARCHA “CANS ONLINE”

16/06/2022

FAI CLICK PARA ACCEDER A “CANS ONLINE” Dende hoxe e ata domingo poderán verse as 11 curtametraxes que participaron na competición oficial de Ficción e Animación do XVIII Festival de Cans. O proxecto “Cans Online” volve levar os filmes á rede.