Reparto Cestas de Nadal de Gadis

O FESTIVAL DE CANS ENTREGA 20 CESTAS DE NADAL DE GADIS ENTRE AS VECIÑAS E VECIÑOS QUE COLABORAN CO CERTAME

O Festival de Cans, que celebrará a súa XX edición do 16 ao 23 de maio, agasallou estes días con 20 cestas de Nadal outros tantos veciños e veciñas que colaboran habitualmente co certame.

A organización entregou no Torreiro de Cans as cestas de Gadis entre persoas que ceden as súas casas para as proxecións, e colaboradores cercanos que prestan o seu apoio ó festival desinteresadamente. Tamén cedeu unha cesta que se otorgará como un dos premios do concurso de balcóns que Organiza a Asociación Cultural de Cans, e outra que se subhastará na tradicional puxa das festas de San Estebo, no mediodía do luns 26 de decembro.

A organización quere agradecer deste xeito a contribución de toda a aldea á realización do festival. Malia que nos anos máis difíciles da pandemia, en 2020 e 2021, moitas das casas que ceden os jalpóns, non se utilizaron como medida de precaución, o festival tamén fixo o esforzo de entregar igualmente as cestas a todas as casas, como se fai tradicionalmente.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

ten + 6 =