XX Aniversario Festival de Cans

O FESTIVAL DE CANS CELEBRARÁ A SÚA VIXÉSIMA EDICIÓN DO MARTES 16 AO SÁBADO 20 DE MAIO DE 2023

O Festival de Cans xa ten datas para a celebración da súa vixésima edición, que será do martes 16 ao sábado 20 de maio de 2023. Así o decidiu esta semana a xuntanza da Asociación Cultural Arela, organizadora do certame desde a súa primeira edicion, no ano 2003.

Será a primeira vez na historia do festival no que haberá cinco días de programación, na que está chamada a ser a edición máis especial de todas as celebradas ata o momento. A organización do festival leva xa varias semanas traballando nos contidos desta nova edición, na que haberá partes moi especiais. A programación do certame estará articulada, como nas últimas edicións, cunha parte dos contidos no centro urbano do Porriño, ademáis da parte central na aldea de Cans. Este ano, o certame conta coa particularidade de que o 17 de maio, día festivo das Letras Galegas, coincidirá cun dos días do evento, co cal se prevé un día especial de actividades.

O vindeiro ano 2023 será o segundo ano consecutivo no que o Festival de Cans se celebre recuperando as súas datas orixinais do mes de maio, despois de que nos anos 2020 e 2021 tivera que adiarse a setembro por mor das circunstancias derivadas da pandemia. Despois destes anos de restriccións, na última edición Cans volveu a recuperar a súa alegría, recibindo máis de 10.000 persoas nos catro días de programación.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

16 − 1 =