Os Diplomáticos de Monte Alto e Novedades Carminha actuarán no día grande de Cans

27/04/2016

Hai 25 anos os Diplomáticos de Monte Alto facían a súa primeira aparición pública no Porriño. Agora regresan de novo á zona para facernos lembrar a todos aquela “Arroutada Pangalaica”, o seu primeiro disco co que saltaron aos escenarios galegos e co que encheron o mundo do seu rock bravú.

Videoclips a concurso na Noite Gia

A Noite Gia desenvolverase a carón do Pub Chimenea (O Porriño), o xoves 19 de maio cunha actuación previa do grupo Best Boy, liderado por Ángel Sánchez e Lucas Fernández. O dúo perfílase como un dos máis interesantes do panorama galego actual

Joao Tomba, o regreso

23/04/2016

Como xa avanzamos a Leira de Alicia cobra protagonismo nesta edición coa acollida do Espazo Mahou, unha zona con carpa e escenario, pensada para a conversa tranquila onde, ademais do habitual coloquio cun ou unha cineasta e outras actividades relacionadas co audiovisual, haberá varias actuacións musicais relacionadas coas proxeccións do Jalpón de Alicia.

“Mulleres da raia”

22/04/2016

Tomade nota! Este domingo día 24 de abril ás 19h00 volve o cinema á Sala Ingrávida cun novo pase do ciclo “Sen un can” que organizamos conxuntamente.

Máis actividade na Leira de Alicia

21/04/2016

A Leira de Alicia, un dos espazos emblemáticos do Festival de Cans, que cada ano acolle o coloquio co director convidado da edición, pasará a ter programación continuada nos días principais do certame, o venres 20 de maio e o sábado 21. Acollerá o Espazo Mahou, empresa que confirmou a súa continuidade como principal patrocinador

Rebobinando “El desconocido”

19/04/2016

O ano pasado no Festival de Cans estreamos unha sección que era unha aventura arriscada baixo o título “Rebobinando, o filme contado” e que consistía en propoñerlle a un director que contase os segredos da súa película en tempo real, falando cun micro ao mesmo tempo que transcorría a proxección, durante os silencios do filme.

Venda das 500 primeiras entradas

18/04/2016

Mañá martes 19 de abril a partir das 12h00 poñeranse á venda on line as primeiras 500 entradas do Festival de Cans, que dan acceso á proxección da sección oficial de curtametraxes a concurso do sábado 21 de maio, 200 delas para a sesión matinal e 300 para a sesión de tarde.

“A viaxe dos Chévere”

14/04/2016

Este domingo volverá a haber proxección do ciclo “Sen un Can”, que o Festival de Cans organiza en colaboración coa Sala Ingrávida e o Cineclube Ingrávido do Porriño. Será ás 19h00 co pase de A viaxe dos Chévere de Alfonso Zarauza

Un cartel para escorrentar meigallos

12/04/2016

Esta mañá presentamos a imaxe gráfica e as camisetas do XIII Festival de Cans na tenda do Rei Zentolo en Santiago de Compostela. O deseñador da casa, Pablo Rodríguez, autor das creatividades, destacou como elemento principal desta edición número 13 a restra de allos

“Psiconautas”, estrea en Cans

O Festival de Cans acollerá a estrea de Psiconautas, unha longametraxe de animación pero pensada principalmente para o público adulto, dirixida por Alberto Vázquez e Pedro Rivero e que estivo no pasado Festival de San Sebastián.

Delafé traerá a súa forza irresistible a Cans

07/04/2016

Delafé, o novo proxecto de Óscar D’Aniello, será o encargado de facer o arranque musical da Noite das Homenaxes do Festival de Cans, como concerto principal no Torreiro do venres día 20 de maio.

Ciclo de cinema “Sen un can”

Este domingo día 10 de abril estreamos o ciclo de cinema “Sen un can”, unha iniciativa promovida xunto coa Sala Ingrávida e o Cineclube Ingrávido do Porriño. O obxectivo é exhibir filmes de directoras e directores galegos, de baixo presuposto e darlles a visibilidade da que carecen nos circuítos convencionais de exhibición.

Can Parade 2016

22/03/2016

Volvemos abrir convocatoria para a que é xa a nosa cita anual coa arte e cos creadores e creadoras máis novos: a Can Parade. A través desta iniciativa queremos convidar a artistas, deseñadores, creadores ou colectivos de calquera disciplina

Emma Lustres, Pedigree 2016

16/03/2016

A asemblea do Festival de Cans decidiu concederlle nesta edición o Premio Pedigree, o seu máximo galardón honorífico, á produtora Emma Lustres, unha figura clave no cinema galego actual a través da súa empresa Vaca Films.

Chimpíns de Prata 2016

A organización do Festival de Cans decidiu outorgarlle os Chimpíns de Prata “Premio Pepe Puime”, que recoñecen cada ano o labor dos veciños e veciñas de Cans e mais a unha personalidade que destaque polo seu apoio ao certame, a Chelo Fortes e Manolo Cid, donos da “Casa do Cid”

Batemos o noso récord de curtas inscritas!

10/03/2016

O venres pechamos a convocatoria para as seccións a concurso desta edición. Logo da revisión e clasificación de todo o material recibido xa podemos confirmar que batemos o noso récord de curtas inscritas. En total recibimos 215 producións, o que supón un 15% de incremento con respecto ao ano pasado, que nos chegaran 184 traballos.

Decálogo para a visibilidade das mulleres

07/03/2016

Dende o Festival de Cans queremos impulsar un decálogo de medidas para promover a visibilidade das mulleres, particularmente as mulleres creadoras, dentro de todas as nosas seccións e homenaxes.

Apadriña un jalpón!

29/02/2016

Unha vez máis dende o Festival de Cans queremos facer un chamamento a marcas, empresas e institucións para contribuír ao financiamento do certame, ofrecendo diferentes fórmulas de colaboración, entre elas, o apadriñamento dun jalpón.

Escena 1, toma 2, acción!

27/02/2016

Un ano máis volvemos estimular ás veciñas e veciños de Cans para que se lancen á produción audiovisual. Alentamos a un grupo de dez persoas entre os 12 e os 60 anos a desenvolver un proxecto que ten como obxectivo recuperar a memoria cotiá da parroquia.

Janet Novás e Mercedes Peón estrearán o Jaliñeiro Arena

25/02/2016

No Festival de Cans non deixamos de renovarnos edición tras edición, así que este ano imos darlle unhas voltas aos nosos espazos máis emblemáticos. Xa podemos adiantarvos unha novidade. Na zona do Jaliñeiro e a Sala Multiusos inauguraremos un novo espazo:  o Jaliñeiro Arena.

Abrimos o Prazo de Inscrición

12/01/2016

O Festival de Cans é un evento destinado a promover o talento das novas e novos creadores que farán o cine do futuro. Ata o 4 de marzo estará aberto o prazo para enviar curtametraxes e videoclips para entrar a concurso na XIII edición que se celebrará do 18 ó 21 de maio de 2016.

¡Estreamos web!

21/12/2015

Comezamos unha etapa apaixonante, tras moito traballo pechamos o círculo e inauguramos a nova web corporativa do Festival de Cans. Este portal é a finalización dun proceso que empezou coa construcción da nosa tenda online.

Querer a Cans

18/12/2015

Nunha ocasión, un recoñecido publicista comentou que a esencia do impacto da marca no público está en dicir as cousas de xeito que ninguén as dixo nunca. O Festival de Cans é xustamente iso: orixinalidade, autenticidade e impacto.

Cans, viveiro de cineastas

24/11/2015

Sabías que moitos dos nominados aos Goya deste ano gañaron antes en Cans? Dani de la Torre, que gañou en dúas ocasións Cans, é un dos cineastas revelación co seu filme “El desconocido” e terá oito nominacións nos maiores premios do cine español.