I Concurso de Decoración Navideña das casas da aldea

O Festival de Cans colabora coa Asociación Cultural no I Concurso de Decoración Navideña das casas da aldea

O Festival de Cans prestará este ano o seu apoio a nivel patrocinio e apoio loxístico á nova Asociación Cultural da Aldea, para a realización do I Concurso de Decoración Navideña das casas da aldea. Unha iniciativa que estimula a participación veciñal e que se está a desenvolver nestes días, cuxo gañador se dará a coñecer o propio día de Nadal, 25 de decembro.

O Festival prestará apoio no deseño e impresión de lonas publicitarias e sinaléctica, no deseño e impresión da cartelería que anuncia o concurso e tamén participará con varios membros da organización no xurado do evento. Entre eles están o coordinador de produción, fotógrafo e deseñador gráfico Juan Pablo González e a deseñadora de interiores e coordinadora da decoración do festival Isis Rodríguez, que acompañarán ó debuxante e deseñador gráfico Juáncho, tamén colaborador do certame.

Esta colaboración do festival coa nova Asociación Cultural de Cans, que preside Merchi Sánchez, súmase a outras accións que o certame desenvolve ó largo do ano. A idea do Festival é continuar a colaboración estreita coa aldea e poder contribuir ó desenvolvimento cultural, social e educativo máis ala das datas de celebración do festival.

Entre estas accións están a entrega o pasado mes de outubro de trinta vales desconto en material escolar, destinado a todas as rapazas e rapaces da aldea que colaboran de xeito entusiasta coa organización, ou a das 25 cestas de Nadal que a pasada fin de semana o Festival de Cans repartiu entre todas as persoas que prestan as súas casas desinteresadamente para a celebración do festival.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

six − five =