Entrega de premios Festival de Cans 2022

AS CURTAS FINALISTAS DO FESTIVAL DE CANS PODERÁN VERSE SÓ ESTA FIN DE SEMANA NA VERSIÓN ON LINE DO CERTAME

15/06/2022

O Festival de Cans poñerá en marcha deste este xoves ata o domingo “Cans On Line”, a versión en liña do certame, que se celebra por terceiro ano consecutivo.

Coloquio de Daniel Monzón

O XIX FESTIVAL DE CANS XEROU 134 CONTRATACIÓNS E UN 100% DE OCUPACIÓN HOTELEIRA NO PORRIÑO 

31/05/2022

A última edición do Festival de Cans supuxo un grande éxito de público, con máis de 10.000 visitantes nos catro días de duración, pero tamén deixou bos datos nas cifras de impacto socioeconómico do evento.

Eloy Domínguez curta gañadora do Can de Pedra

O FESTIVAL DE CANS PROXECTA ESTE SÁBADO AS CURTAS GAÑADORAS DA XIX EDICIÓN

27/05/2022

O Festival de Cans ofrece este sábado unha nova cita co audiovisual galego coa proxección das curtas gañadoras da súa XIX edición. Será nunha sesión especial, no Centro Cultural do Porriño, na que se poderán ver as curtas que o pasado sábado conquistaron o ansiado can de pedra.

Asistentes no XIX Festival de Cans

O FESTIVAL DE CANS RECIBIU 10.000 PERSOAS NO SEU REGRESO Á PRIMAVERA

23/05/2022

O XIX Festival de Cans, celebrado esta fin de semana, recibiu máis de 10.000 persoas no seu regreso ás datas primaverais. A metade do público pasou por Cans o sábado, día grande do festival, no que hubo un grande ambiente e un comportamento exemplar por parte do público.

Gañadores Festival de Cans 2022

“ROMPENTE”, DE ELOY DOMÍNGUEZ, E “TATUADO NOS OLLOS LEVAMOS O POUSO”, DE DIANA TOUCEDO, TRIUNFAN NO FESTIVAL DE CANS

22/05/2022

O Festival de Cans baixou o pano este sábado coa Gala Final de Entrega dos Premios da súa XIX edición (coa colaboración de AGADIC). Rompente, de Eloy Domínguez, en ficción, Tatuado nos ollos levamos o pouso, de Diana Toucedo, en Furacáns e As pétalas murmuran, de Arantxa Ramos, en Novas Camadas, fixéronse co Premio do Xurado á Mellor Curtametraxe.

Estrela no Torreiro Margarita Ledo

DANIEL MONZÓN, A ENTREGA DE PREMIOS E DAKIDARRÍA, NO DÍA GRANDE DO FESTIVAL DE CANS

20/05/2022

O Festival de Cans chega este sábado ao seu día grande coa entrega dos premios da XIX edición. A última xornada do certame inclúe os encontros cos curtametraxistas e a proxección das 32 obras a concurso das seccións de Ficción e Animación, que este ano compiten na mesma categoría, e mailas de Furacáns de non ficción.

Protagonistas Rapa

MARGARITA LEDO, JOÃO NICOLAU E AMPARANOIA ESTE VENRES NO FESTIVAL DE CANS

19/05/2022

O Festival de Cans chega ao venres cunha programación repleta de actividades, estrelas e moito agroglamour. A protagonista desta cuarta xornada será a cineasta Margarita Ledo, que estará en Cans para manter un coloquio e colocar a súa estrela no paseo da fama do Torreiro.

Javier Cámara e Mónica López en Rapa

A ESTREA DA SERIE RAPA, ESTE XOVES NA APERTURA OFICIAL DO XIX FESTIVAL DE CANS

18/05/2022

O Festival de Cans arranca os chimpíns este xoves, coa apertura oficial da XIX edición do certame. Por primeira vez, este ano o título escollido para dar o disparo de saída é unha serie, Rapa, a nova creación do equipo da exitosa Hierro, con Jorge Coira e Elena Trapé na dirección.

Pandereteiras e Acordecans

MARÍA CASARES E AS FEIRANTAS DE CANS, PROTAGONISTAS DO MÉRCORES DE VECIÑOS DO FESTIVAL DE CANS

17/05/2022

O XIX Festival de Cans vai poñendo a punto os motores dos chimpíns este mércores, coa veciñanza de Cans como protagonista. A xente da aldea, colaboradora e partícipe, é o eixe central deste día, no que se agradece a súa inestimable contribución ao festival.

Malencolía de Alfonso Zarauza

“MALENCOLÍA”, DE ALFONSO ZARAUZA, E A MOSTRA DE ARQUITECTURA DE CREUS E CARRASCO NO DÍA DAS LETRAS DO FESTIVAL DE CANS

16/05/2022

O Festival de Cans suma este ano unha xornada de programación, coincidindo co Día das Letras, e comeza este 17 de maio a súa semana grande.

Retrospectiva de longametraxes de Joao Nicolau

A PREVIA DO FESTIVAL DE CANS COMEZA ESTE XOVES COA RETROSPECTIVA DE LONGAS DE JOÃO NICOLAU

12/05/2022

A XIX edición do Festival de Cans, que se celebra do 17 ao 21 de maio, quenta motores co inicio, este xoves 12, das proxeccións da retrospectiva internacional que este ano protagoniza o realizador lisboeta João Nicolau, un dos representantes máis destacados do novo cinema portugués.

Presentación Festival de Cans 2022

O COLOQUIO NA LEIRA CON DANIEL MONZÓN, AMPARANOIA E A ESTREA DA SERIE “RAPA” ENCABEZAN A XIX EDICIÓN DO FESTIVAL DE CANS

03/05/2022

O Festival de Cans, que se celebra do 17 ao 21 de maio, e suma unha xornada de introdución previa no Día das Letras, volve á primavera, coas súas datas tradicionais, cos desfiles de chimpíns e cos concertos gratuítos en lugares emblemáticos como o Torreiro de Cans.

Dakidarria no Festival de Cans

O FESTIVAL DE CANS RECUPERA OS CONCERTOS GRATUÍTOS E AVANZA ACTUACIÓNS DE DAKIDARRÍA, LOS VINAGRES, CALDO OU JUAN ZELADA

28/04/2022

O Festival de Cans, que se celebra do 18 ao 21 de maio, vén de avanzar novas confirmacións musicais para esta XIX edición, na que Dakidarría será un dos pratos fortes.

Concurso de Ficción e Animación Festival de Cans 2022

LOIS PATIÑO, ELOY DOMÍNGUEZ, ÁNGEL SANTOS, GUILLERMO DE OLIVEIRA OU LUCÍA ESTÉVEZ COMPETIRÁN NO FESTIVAL DE CANS

25/04/2022

A XIX edición do Festival de Cans, que se celebrará do 18 ao 21 de maio, vén de anunciar as curtas de ficción a concurso na sección oficial do certame.

Curta seleccionada na categoría Furacáns

O FESTIVAL DE CANS SELECCIONA 12 CURTAS NA CATEGORÍA FURACÁNS, 10 DELAS DIRIXIDAS POR MULLERES E 8 ESTREAS

21/04/2022

Dedicada ás obras de non ficción que asumen maior risco narrativo, este apartado competitivo foi medrando nos últimos anos ata sumar nesta edición unha ducia de curtas, entre as que haberá oito estreas, seis delas estreas absolutas e outras dúas estreas en Galicia.

Desfile de chimpíns no Festival de Cans

O FESTIVAL DE CANS, SEGUNDO PREMIO RODOLFO PRADA Á XESTIÓN CULTURAL

20/04/2022

O Festival de Cans vén de recibir un novo galardón pola súa traxectoria e iniciativas culturais. Trátase do segundo premio Rodolfo Prada á xestión cultural que organiza a Deputación de Ourense e que vai pola súa quinta edición.

Eme Dj e Litus

O FESTIVAL DE CANS ESTREARÁ EN GALICIA OS DOCUMENTAIS SOBRE EME DJ E O CANTANTE LITUS

12/04/2022

O XIX Festival de Cans que terá lugar do 18 ao 21 de maio, estreará en Galicia dous documentais: Miedo al miedo, dirixido por Menchu Esteban, sobre a coñecida disc jockey galega Eme DJ, e La historia de un cantante de pub, de Óscar Vilanova

Foco internacdional de Joao Nicolau

O Festival de Cans realizará un foco internacional de João Nicolau, un dos cineastas máis brillantes no novo cine portugués

09/04/2022

A XIX edición do Festival de Cans, que terá lugar do 18 ao 21 de maio, continuará esta edición na súa liña de programar unha retrospectiva internacional, que dea coñecer ao público algúns dos cineastas máis interesantes e orixinais do momento.

Á venda 200 packs ao prezo máis reducido da historia do festival

07/04/2022

Desde hoxe están á venda as primeiras entradas para a edición número 19 do Festival de Cans co prezo máis reducido de toda a historia do certame. Son 200 en total a 15 euros o pack que inclúe entrada, camisola oficial do certame, catálogo e chapa de edición limitada.

Presentación da imaxe do Festival de Cans

Rei Zentolo asina o cartel da volta á primavera do 19 Festival de Cans

O Festival de Cans presentou esta mañá a imaxe gráfica, o cartel e as camisetas do XIX Festival de Cans, no Riquela Club en Santiago de Compostela. O seu deseño correu a cargo de Rei Zentolo, a emblemática marca galega que este ano regresa ao festival.

Margarita Ledo Premio Pedigree 2022

MARGARITA LEDO ANDIÓN RECIBIRÁ O PREMIO PEDIGREE DE HONRA DO FESTIVAL DE CANS 2022

31/03/2022

A asemblea da Asociación Cultural Arela, que organiza o Festival de Cans, acordou conceder a distinción de Honra, o Premio Pedigree, á cineasta, escritora e investigadora Margarita Ledo Andión (Castro de Rei, 1951), unha das autoras cun traballo máis transversal no cinema galego

Chimpíns de Prata Cans 2022

FEDERICO PÉREZ, JAVIER TOLENTINO E MARISOL TRONCOSO E ALFONSO GONZÁLEZ, CHIMPÍNS DE PRATA 2022

Pola súa aportación na celebración do festival e pola promoción e difusión do mesmo, a asemblea da Asociación Cultural Arela responsable da organización, decidiu outorgar os chimpíns de prata honoríficos desta edición ao actor Federico Pérez, o xornalista Javier Tolentino e os veciños de Cans Marisol Troncoso e Alfonso González, propietarios do baixo de Alfonso.

Noelia Muiños recollendo un premio

O FESTIVAL DE CANS ACHÉGASE ÁS 200 CURTAS PRESENTADAS A CONCURSO NA XIX EDICIÓN

24/03/2022

O Festival de Cans, que este ano celebra entre o 18 e o 21 de maio a súa XIX edición, pechou nestes días o prazo de inscrición das curtametraxes a concurso achegándose ás 200 obras inscritas.

Proxecto documental Cans 303

O FESTIVAL DE CANS RETOMA O PROXECTO CANS 303 CENTRADO NESTA XIX EDICIÓN NAS MULLERES FEIRANTAS DA ALDEA

15/03/2022

Unha das sección máis participativas do Festival de Cans, o obradoiro de iniciación á gravación, edición e montaxe Cans 303, un proxecto promovido pola organización e conducido polo realizador Juanma Lodo, volve ao formato presencial nesta XIX edición que se celebra do 18 ao 21 de maio, recuperando as datas orixinais do festival.

Concurso Pintar o Cine

ARRANCA O III CONCURSO “PINTAR O CINE”

24/02/2022

O Festival de Cans abre o prazo para todas aquelas persoas que queiran participar no seu concurso de pintura rápida “Pintar o Cine”, organizado pola organización do certame, en colaboración coa empresa  GALPI (Galicia de Pinturas).

Coloquio Jorge Coira 2022

O FESTIVAL DE CANS CALIFICADO ENTRE OS CATRO MELLORES PROXECTOS CULTURAIS DE GALICIA

17/02/2022

O Festival de Cans, cuxa XIX edición terá lugar entre o 18 e o 21 de maio, volve estar por quinto ano consecutivo entre os mellores proxectos culturais de Galicia en 2021.

Apertura de convocatoria Festival de Cans 2022

O FESTIVAL DE CANS ABRE CONVOCATORIA PARA ENVÍO DE OBRAS E REBASARÁ POR VEZ PRIMEIRA OS 10.000 EUROS EN PREMIOS

12/01/2022

A XIX edición do Festival de Cans, que este ano regresa á primavera, e terá lugar entre o 18 e o 21 de maio de 2022, xa ten aberto o prazo de inscrición para concursar no certame.

Coloquio Kleber Mendoca

O FESTIVAL DE CANS REGRESARÁ EN 2022 Ó MES DE MAIO PARA CELEBRAR A XIX EDICIÓN

28/12/2021

A XIX edición do Festival de Cans regresará en 2022 ás súas datas habituais de primavera, e terá lugar entre o mércores 18 e o sábado 21 de maio, volvendo a coincidir en datas co Festival de Cannes francés, como xa é tradición.

I Concurso de Decoración Navideña das casas da aldea

O Festival de Cans colabora coa Asociación Cultural no I Concurso de Decoración Navideña das casas da aldea

23/12/2021

O Festival de Cans prestará este ano o seu apoio a nivel patrocinio e apoio loxístico á nova Asociación Cultural da Aldea, para a realización do I Concurso de Decoración Navideña das casas da aldea.

Entrega das Cestas Gadis veciñas e veciños

O FESTIVAL DE CANS ENTREGA UN CHIMPÍN DE CESTAS DE NADAL PARA AGRADECER A COLABORACIÓN DE VECIÑOS E VECIÑAS

21/12/2021

O Festival de Cans quixo agradecer nestas datas de Nadal a colaboración de todas as veciñas e veciños da aldea, repartindo entre todos eles un chimpín cargado con 25 cestas navideñas, conducido polo chimpineiro Constante Romero.