A asemblea da Asociación Cultural Arela, entidade organizadora do Festival de Cans, decidiu as datas nas que terá lugar a XVIII edición do Festival de Cans, que neste 2021 volverá celebrarse na primeira semana do mes de setembro Continúe lendo O FESTIVAL DE CANS TRASLADARASE EN 2021 Á PRIMEIRA SEMANA DE SETEMBRO
Autor: Festival Cans
OS PREMIOS GOYA ELIXEN COMO FINALISTAS A TRES DOS DIRECTORES QUE PASARON POLO FESTIVAL DE CANS
A Academia do Cine Español deu a coñecer os nomes dos finalistas dos Premios Goya 2021, entre cuxos nomes figuran tres directores que pasaron polo Festival de Cans, volvendo a ratificar a calidade da programación do certame e reafirmando a súa sona de `festival talismán´ entre as realizadoras e realizadores. Continúe lendo OS PREMIOS GOYA ELIXEN COMO FINALISTAS A TRES DOS DIRECTORES QUE PASARON POLO FESTIVAL DE CANS
O FESTIVAL DE CANS REPARTE CESTAS DE NADAL ENTRE AS VECIÑAS E VECIÑOS DE CANS
O Festival de Cans continuou neste 2020 coa tradicional entrega das cestas de Nadal de Gadis, a todas as veciñas e veciños de aldea que colaboran co festival.
Continúe lendo O FESTIVAL DE CANS REPARTE CESTAS DE NADAL ENTRE AS VECIÑAS E VECIÑOS DE CANS
O FESTIVAL DE CANS ENTREGA A 15 NENAS E NENOS DA ALDEA VALES PARA MERCAR MATERIAL ESCOLAR
- Este ano, por mor da pandemia da Covid-19, o festival antepuxo a seguridade evitando que os nenos e nenas colaborasen no certame, pero mantendo igualmente estes vales que son de gran axuda para as familias.
CANS 2020 XEROU 108 CONTRATACIÓNS E TRABALLOU CON CERCA DE 30 EMPRESAS DE SERVIZOS LOCAIS
- Preto de 2.500 persoas pasaron polo certame nas actividades durante os catro días de Festival.
- O evento axudou a reactivar a hostelería local de proximidade e utilizou máis de 100 habitacións en diversos establecimientos hoteleiros.
“TODO EL MUNDO SE PARECE DE LEJOS” DE RAFA DE LOS ARCOS GAÑA O PREMIO DOS CINECLUBES QUE CONCEDE CANS
- Cerca de 500 persoas acudiron ás proxecións de Cans Expandido, a novedosa alternativa que impulsou o festival para visibilizar as curtas nos cines de toda Galicia.
- A Federación de Cineclubes de Galicia (Feciga) e o Festival de Cans acordaron premiar ó gañador coa recadación das proxecións, que ascendeu a 1.200 euros.
El FESTIVAL DE CANS PONE EN MARCHA POR PRIMERA VEZ UNA VERSIÓN ON LINE CON LOS CORTOMETRAJES DE SU SECCIÓN OFICIAL
El FESTIVAL DE CANS PONE EN MARCHA POR PRIMERA VEZ UNA VERSIÓN ON LINE CON LOS CORTOS DE SU SECCIÓN OFICIAL
-
- El público podrá acceder a los filmes a partir de este jueves a las 18,00 hs, durante todo el fin de semana, abonando un precio de 2 euros por cada uno de los tres bloques de cortos, y accediendo a través de la web www.festivaldecans.gal.
- Todo el dinero recaudado a través de estas proyecciones será repartido entre los cortometrajes participantes.
O FESTIVAL DE CANS ABRE POR VEZ PRIMEIRA UNHA VERSIÓN ON LINE CON TODAS AS CURTAS DA SECCIÓN OFICIAL
- O público poderá acceder ás curtas a partir deste xoves ás 18,00 hs, durante toda a fin de semana, abonando un prezo de 2 euros por cada un dos tres bloques de curtas, e accedendo a través da web www.festivaldecans.gal.
- Todo o diñeiro recadado a través destas proxeccións será repartido entre as curtametraxes participantes.
CANS PROMOVE A DIFUSIÓN DAS CURTAS PREMIADAS: DAS SALAS E O AUTOCINE Á PROXECCIÓN EN INTERNET
- As proxeccións en autocine chegan ao Porriño este sábado, 12 de setembro, ás 21 horas no autocine da explanada do Velódromo Municipal.
- Dende o xoves 17 de setembro, as películas da sección oficial do Festival poderán verse na web do certame baixo demanda e pago por visión.
A EDICIÓN EXPANDIDA DO FESTIVAL DE CANS CHEGA ESTA SEMANA A NOVE CINES DE TODA GALICIA
- As proxecións chegarán ás catro provincias galegas e poderán verse todos os filmes que participaron na sección oficial de ficción e animación do certame.
- É a primeira vez que un festival realiza unha edición expandida en cines con todas as curtas a competición.
“XOVES DE COMADRES”, DE NOEMÍ CHANTADA, CURTAMETRAXE TRUNFADORA NO XVII FESTIVAL DE CANS
- A cinta da realizadora viguesa fíxose con 4 dos premios principais: Mellor Curtametraxe, Mellor Guión, Premio do Público e o do Xurado dos Veciños e Veciñas.
AS CURTAS A CONCURSO E O COLOQUIO CON OLIVER LAXE, NO GRAN DÍA DO FESTIVAL DE CANS
- O certame conclúe este sábado, co concerto de Hendrik Rover y Los Míticos GTS e a entrega de premios.
- Os aforos para todas as actividades están completos desde hai días e a organización pide ó público que evite acudir a Cans se non ten entrada.
Continúe lendo AS CURTAS A CONCURSO E O COLOQUIO CON OLIVER LAXE, NO GRAN DÍA DO FESTIVAL DE CANS
O FESTIVAL DE CANS ACOLLE MAÑÁ VENRES A ENTREGA DO PREMIO PEDIGREE A MANANE RODRÍGUEZ E A PROXECIÓN DO DOCUMENTAL “ENMA PINO”
- O certame celebra hoxe a súa Noite das Homenaxes, coa entrega do seu Premio de Honra e os Chimpíns de Prata.
- A premiada montadora Julia Juániz, o roteiro cinéfilo-literario de Carlos Meixide, ou as agardadas seccións ‘A qué andas?’ e ‘Fillxs de Cans’ no programa do día.
OS PROTAGONISTAS DE ‘O QUE ARDE’ E A ESTREA DE ‘A ILLA DAS MENTIRAS’, NA SEGUNDA XORNADA DE CANS 2020
- A proxección dos videoclips a concurso e o concerto de Babykatze pecharán a xornada no Centro Cultural do Porriño.
- A exhibición de ‘Arima’, de Jaione Camborda, e o LendoCine, que explora os puntos de contacto entre literatura e cinema, no programa da xornada.
CANS 2020 COMEZA COA HOMENAXE A CHANO PIÑEIRO E A EXHIBICIÓN DAS CURTAS DOS AUTORES MÁIS NOVOS
- Cinco curtametraxes compiten na sección ‘Novas Camadas’.
- O documental ‘A canteira de Cans’, que se estrea na Noite dos Veciños, recupera a memoria da extracción de pedra na zona.
A INAUGURACIÓN DA EXPOSICIÓN DE RUBÉN DE MARINA E SEBASTIÁN COCUCCI NO PORRIÑO ABRE A PREVIA DO FESTIVAL DE CANS
-
- Será a primeira vez que a exposición “Fuera de Escena”, do porriñés Rubén de Marina se exhiba en Galicia, despois de pasar por Matadero de Madrid.
CANS TERÁ UNHA VERSIÓN EXPANDIDA EN SALAS DE CINE DE TODA GALICIA E UNHA VERSIÓN EN LIÑA
- O Festival porá en marcha unha fórmula innovadora, para distribuir as curtas a concurso en paralelo en salas de cine e cunha versión en liña, a través de acordos coa FECIGA, co CGAI e con Vimeo. Continúe lendo CANS TERÁ UNHA VERSIÓN EXPANDIDA EN SALAS DE CINE DE TODA GALICIA E UNHA VERSIÓN EN LIÑA
CANS ACOLLERÁ ESTE ANO A ESTREA DE 15 OBRAS E TERÁ DÚAS NOVAS SECCIÓNS NUN CERTAME MARCADO POLA EDICIÓN LIMITADA
- O certame terá como novidades a sección competitiva “Novas Camadas”, adicada a cineastas debutantes, e “Directrices”, que acollerá as obras de actrices e actores que deron o paso para dirixir. Continúe lendo CANS ACOLLERÁ ESTE ANO A ESTREA DE 15 OBRAS E TERÁ DÚAS NOVAS SECCIÓNS NUN CERTAME MARCADO POLA EDICIÓN LIMITADA
ARIMA
ARIMA
Xoves 3 | 17 h. | Círculo Recreativo e Cultural do Porriño | Aforo: 120 persoas (con retirada de entrada e preinscrición).
2019 | 77’ | España | Galego | Drama
Dirección e guión: Jaione Camborda Produtora: Esnatu Zinema Produtores executivos: Jaione Camborda, Carlos M. Carbonell e Alfonso Zarauza Fotografía: Alberte Branco Arte: María Lolo Montaxe: Marcos Flórez Son directo: Javier Pato Deseño de son: David Machado e Juan Carlos Blancas Elenco: Melania Cruz, Nagore Arias, Rosa Puga Davila, Iria Parada, Tito Asorey, Mabel Rivera Sinopse: A vida de catro mulleres e dunha nena vese alterada pola chegada inesperada de dous forasteiros. Un deles foxe do outro, agochándose no pobo como un ser fuxidío, fantasmagórico. O outro, un home ferido e armado, perturbará de diferente xeito a vida das mulleres. A historia móvese na fronteira entre o real e o imaxinado, entre o pesadelo e o soño, entre o medo e o desexo. Premios: Festival de Cine de Sevilla: premio á mellor dirección na sección Nueva Olas / Márgenes: premio á mellor película na sección Escáner / Festival de cine de Gijón: Premio WIP Push Play Proyect.
Coa presenza da directora e da actriz Melania Cruz.
Nove estreas nas seccións Furacans e ExtraCans, as que amosan as narrativas máis arriscadas
- Na sección competitiva Furacáns, a máis arriscada do certame, competirán sete obras, das cales catro terán en Cans a súa estrea absoluta.
- Toda a sección internacional ExtraCans, composta por cinco obras de cineastas de Bélxica, País de Gales, Suíza, Arxentina ou Brasil, serán curtas de estrea en Galicia. Continúe lendo Nove estreas nas seccións Furacans e ExtraCans, as que amosan as narrativas máis arriscadas
BENEDICTA SÁNCHEZ E AMADOR ARIAS PARTICIPAN NOS COLOQUIOS FUNDACIÓN AISGE EN CANS
- Nestes coloquios adicados a analizar o papel de actrices e actores participarán tamén Uxía Blanco, Monti Castiñeiras, Miquel Insua ou Ana Santos.
- Ante as reducións de aforo impostas pola normativa vixente, o Festival retransmitirá nesta edición todos os coloquios en streaming para quen queira seguilos en directo. Continúe lendo BENEDICTA SÁNCHEZ E AMADOR ARIAS PARTICIPAN NOS COLOQUIOS FUNDACIÓN AISGE EN CANS
AMARO FERREIRO SÚMASE AO FESTIVAL DE CANS CUN CONCERTO CHEO DE REFERENCIAS CINÉFILAS
- Só 300 localidades para o concerto e a tradicional Noite das homenaxes ao aire libre, no Espazo Estrella Galicia da Leira do Río.
- A música da artista viguesa Babykatze chega o xoves 3 de setembro durante a Noite Lasal dos videoclips. Continúe lendo AMARO FERREIRO SÚMASE AO FESTIVAL DE CANS CUN CONCERTO CHEO DE REFERENCIAS CINÉFILAS
O FESTIVAL DE CANS HOMENAXEARÁ A CHANO PIÑEIRO NO 25 ANIVERSARIO DO SEU PASAMENTO
- Unha placa adicaralle unha ‘rúa efémera’ en Cans ao director de “Sempre Xonxa”.
- A actriz Uxía Blanco e a víuva do cineasta, Mari Luz Montes, participarán nun coloquio apoiado pola Fundación Aisge. Continúe lendo O FESTIVAL DE CANS HOMENAXEARÁ A CHANO PIÑEIRO NO 25 ANIVERSARIO DO SEU PASAMENTO
O FESTIVAL DE CANS LEVA A CAMINHA, EN PORTUGAL, A OBRA DE NOVAS E NOVOS CREADORES DE GALICIA
Cans, O Porriño, 4 de agosto de 2020.-Primeiro pasaron polo Festival de Cans, e obtiveron o recoñecemento do público ou o do xurado. E agora serán exhibidas na cidade portuguesa de Caminha. Continúe lendo O FESTIVAL DE CANS LEVA A CAMINHA, EN PORTUGAL, A OBRA DE NOVAS E NOVOS CREADORES DE GALICIA
A DIRECTORA MANANE RODRÍGUEZ RECIBIRÁ O PREMIO PEDIGREE DO XVII FESTIVAL DE CANS
Cans, O Porriño, 30 de xullo de 2020.- A asamblea da Asociación Cultural Arela, entidade organizadora do Festival de Cans, acordou conceder a distinción de Honra do certamen o Premio Pedigree, á directora Manane Rodríguez. Continúe lendo A DIRECTORA MANANE RODRÍGUEZ RECIBIRÁ O PREMIO PEDIGREE DO XVII FESTIVAL DE CANS
OLIVER LAXE E O MÚSICO HENDRICK ROVER ESTARAN NO ESPAZO ESTRELLA GALICIA
Cans, O Porriño, 24 de xullo de 2020. O director de cine Óliver Laxe, un dos directores de maior prestixio internacional, e o coñecido músico Hendrick Rover, fundador do mítico grupo Los Deltonos, serán dous dos principais convidados na XVII edición do Festival de Cans Continúe lendo OLIVER LAXE E O MÚSICO HENDRICK ROVER ESTARAN NO ESPAZO ESTRELLA GALICIA
A PELÍCULA GALEGA “A ILLA DAS MENTIRAS” ABRIRÁ O XVII FESTIVAL DE CANS
- O filme será o agardado debú da directora galega Paula Cons e suporá a súa estrea en salas, antes da súa distribución en cinemas.
Continúe lendo A PELÍCULA GALEGA “A ILLA DAS MENTIRAS” ABRIRÁ O XVII FESTIVAL DE CANS
UN PROXECTO SOBRE O FESTIVAL DE CANS ESTARÁ NA BIENAL DE VENECIA DE ARQUITECTURA, A MÁIS IMPORTANTE DO MUNDO
A Bienal de Venecia de Arquitectura, considerada a máis importante do mundo, acollerá na vindeira edición un proxecto baseado no Festival de Cans e os seus jalpóns, que cada ano se reconvirten en espazos adicados ó cine, e que este ano prevé celebrar a súa XVII edición entre o 2 e o 5 de setembro.
O FESTIVAL DE CANS APRÁZASE ATA SETEMBRO
A organización do Festival de Cans decidiu aprazar a celebración da XVII edición do Festival, prevista inicialmente para finais de maio, e trasladala para a primeira semana do mes de setembro, en concreto do mércores 2 ao sábado 5 de setembro. Continúe lendo O FESTIVAL DE CANS APRÁZASE ATA SETEMBRO
O FESTIVAL DE CANS SEGUE TRABALLANDO CO HORIZONTE POSTO NAS DATAS PREVISTAS, PERO NON DESCARTA UN APRAZAMENTO
A alerta sanitaria derivada do Covid-19 mantén en vilo á organización do Festival de Cans, que tampouco permanece allea a esta situación. Aínda que o festival segue traballando co horizonte posto nas datas previstas inicialmente para a celebración do evento, do 19 ao 23 de maio, non se descarta un posible aprazamento. Continúe lendo O FESTIVAL DE CANS SEGUE TRABALLANDO CO HORIZONTE POSTO NAS DATAS PREVISTAS, PERO NON DESCARTA UN APRAZAMENTO