Filmes dende o guión no encontro A que andas?

24/04/2019

Un dos encontros máis agardados polo público e de máis éxito do Festival de Cans é A que andas?, onde as persoas asistentes poden coñecer por vez primeira e dende o guión os proxectos de algunhas das figuras máis destacadas do noso audiovisual.

Nove curtas compoñen FuraCans, a competición de non-ficción que se consolida no Festival de Cans

23/04/2019

O Festival de Cans acolle por segundo ano dentro da súa sección oficial o bloque de FuraCans, a competición de non-ficción que se consolida nesta 16ª edición. Neste espazo, no que se poderá ver unha panorámica xeral do que están a realizar parte das xeracións máis novas do cinema galego

O cineasta alemán Hannes Stöhr protagoniza a primeira retrospectiva internacional do Festival de Cans

16/04/2019

O realizador alemán Hannes Stöhr asistirá ao Festival de Cans, que se celebra do 22 ao 25 de maio, para protagonizar a primeira retrospectiva internacional da historia do certame.

O Festival de Cans acollerá por primeira vez un Concurso de Pintura Rápida que xirará arredor do cine

15/04/2019

O Festival de Cans acollerá por primeira na súa historia un Concurso de Pintura Rápida na cita anual do evento coa creación artística. A actividade sustituirá á Can Parade, en busca de abrirse a novos horizontes e disciplinas. O concurso terá lugar en O Porriño, no entorno da praza do Concello, o xoves 23 de maio.

O Festival de Cans viaxa este venres ata a Sorbona de París

11/04/2019

O Festival de Cans, que se celebrará do 22 ao 25 de maio, porá nesta 16ª edición o foco de atención na súa internacionalización. Esta vontade, presente na imaxe gráfica e no lema deste ano, márcase na idea de ir abrindo unha fiestra para aumentar a presenza de realizadoras e realizadores doutros países

Xa están á venda as primeiras 450 entradas para Cans 2019

08/04/2019

Hoxe martes 9 de abril ás 10.00h poñeranse á venda na tenda online do festival (tenda.festivaldecans.com) os primeiros 450 packs de entrada máis camiseta, que inclúen como agasallo unha chapa exclusiva e o programa de man.

O filme ‘Eroski Paraíso’ abrirá a XVI edición do Festival de Cans

04/04/2019

O Festival de Cans, que se celebrará do 22 ao 25 de maio nesta parroquia pontevedresa, dará comezo nesta edición coa proxección da versión cinematográfica de Eroski Paraíso, dirixida por Jorge Coira e Xesús Ron.

O Festival de Cans recoñece a traxectoria do actor Carlos Blanco co Premio Pedigree 2019

27/03/2019

A Asociación Arela decidiu concederlle nesta edición o Premio Pedigree 2019, o seu máximo galardón honorífico, ao actor Carlos Blanco, “pola súa traxectoria de case tres décadas no mundo da interpretación, e pola súa disposición sempre para traballar con creadores e creadoras novos e, sobre todo, con curtametraxistas”.

Un ano máis o Festival de Cans aumentou o número de obras rexistradas a concurso

14/03/2019

O Festival de Cans bateu un ano máis o seu récord de curtas inscritas, pois recibiu na súa convocatoria para as seccións oficiais a concurso un total de 255 producións galegas, fronte aos 252 traballos da pasada edición.

Abrimos o prazo de patrocinios de jalpóns para Cans 2019

14/02/2019

Como cada edición, o Festival de Cans abre o prazo para empresas que desexen patrocinar o festival. As entidades que estean interesadas en amadriñar ou apadrinar jalpóns ou en facer calquera proposta de patrocinio poden contactar co festival a través do mail patrocina@festivaldecans.com, ou a través das redes sociais.

Comeza a 4ª edición do Proxecto Cans 303

12/02/2019

O Festival de Cans impulsa un ano máis o seu Proxecto Cans 303, un curso de gravación, edición e montaxe de vídeo, coa intención de formar no audiovisual a todas as persoas que desexen adquirir coñecementos.

O Festival de Cans recibe o Premio da Cultura Galega 2018

11/01/2019

O Festival de Cans recibiu hoxe no Mosteiro de Montederramo (Ourense) o Premio da Cultura Galega 2018, sendo a primeira vez que se concede o galardón a un festival de cine.

O FESTIVAL DE CANS ABRE CONVOCATORIA PARA A SÚA XVI EDICIÓN

08/01/2019

O Festival de Cans traballa xa a tope na XVI edición do festival, que este ano terá lugar entre o mércores 22 e o sábado 25 de maio. Este martes, 8 de xaneiro, o festival abre a súa convocatoria a concurso para a recepción de curtametraxes

O DOCUMENTAL “SAD HILL DESENTERRADO” PECHA ESTE DOMINGO O CICLO “CANS TODO O ANO”

20/12/2018

O ciclo Cans todo o ano, que o Festival de Cans organiza durante todo o ano coa Sala Ingrávida e co CineClube Rebobina, chega este domingo 23 ás 19,00 horas á súa última proxeción do ano, e faino por todo o alto.

O FESTIVAL E GADIS ENTREGAN ÓS VECIÑOS CESTAS DE NADAL

19/12/2018

Como cada Nadal nos últimos anos, o Festival de Cans e a empresa Gadis achegaron ás veciñas e veciños de Cans, vinte cestas de Nadal para agradecerlles a moitas familias a estreita colaboración que manteñen co festival.

NACE “PROXECTA”, COORDINADORA DE FESTIVAIS DE CINEMA DE GALICIA

18/12/2018

Este martes 18 de decembro presentouse no Museo das Peregrinacións de Santiago Proxecta, a que será histórica primeira coordinadora de festivais de cinema de Galicia.

OS GOYA PASAN POR CANS

11/12/2018

O Festival de Cans quere dar os seus parabéns a todas as galegas e galegos nominados ós Premios Goya, a maioría moi ligados ás últimas edicións de Cans onde foron recoñecidos con múltiples premios.

O FESTIVAL DE CANS E A EMPRESA CARLIN ENTREGAN A RAPAZAS E RAPACES DA ALDEA VALES DE MATERIAL ESCOLAR

06/10/2018

O Festival de Cans continúa traballando ó longo do ano no seu obxectivo de servir como ferramenta para contribuir á educación e achegar a cultura ó mundo rural.

O Festival de Cans, Premio da Cultura Galega 2018

05/10/2018

O Festival de Cans recibirá este ano o Premio da Cultura Galega na modalidade de audiovisual. É unha gran noticia para o noso festival, xa que este recoñecemento, é un dos premios máis relevantes da cultura galega.

Ata sempre Divina

03/10/2018

O Festival de Cans lamenta o falecemento da popular veciña da parroquia Divina Campos, coñecida como Divina do Castillo, que nos deixou ós 86 anos. No ano 2012, o festival concedeulle o Chimpín de Prata como recoñecimento ó seu apoio ó festival e á súa colaboración entusiasta, poñendo este galardón no Muro dos Chimpíns.

O Festival de Cans bateu nesta edición o seu record de contratacións sumando 126 persoas

07/06/2018

O Festival de Cans converteuse na presente edición en moito máis que o gran acontecemento cultural do mundo rural en Galicia. Pouco a pouco, o certame está defininíndose tamén como un proxecto que demostra a importancia da cultura á hora de incrementar a riqueza e postos de traballo.

12.000 persoas asisten ao Festival de Cans na súa edición con programación máis ambiciosa

02/06/2018

A décimo quinta edición do Festival de Cans congregou ao longo dos seus catro días de duración a unhas 12.000 persoas que esgotaron todas as sesións con entradas á venda, ben anticipadamente ou durante a celebración do evento.

O Festival de Cans proxecta este domingo as obras gañadoras na súa XV edición

01/06/2018

Este domingo, 3 de xuño ás 20h00, o público terá a última oportunidade de ver as curtas gañadoras na XV edición do Festival de Cans na Sala Ingrávida do Porriño.

Matria bate récords e faise con catro premios no 15º Festival de Cans

26/05/2018

O Festival de Cans entregou hoxe, na gala final do seu día grande, os premios correspondentes á súa 15ª edición. A curta Matria, de Álvaro Gago, fixo historia ao converterse na primeira en acadar catro premios en Cans

Fernando Trueba, no Coloquio na Leira en Cans: “A comedia é un misterio”

Esta mañá, Fernando Trueba foi o protagonista dun memorable Coloquio na Leira en Cans, no que falou de humor, de cinema e de proxectos futuros, ademais de compartir cun atentísimo público anécdotas dos mitos da séptima arte cos que tivo a fortuna de compartir filmes ou comidas.

Fernando Trueba, Gracia Querejeta e Burning encabezan o día da entrega de premios en Cans

Un ano máis, o Festival de Cans chega á súa fin e faino por todo o alto, coa entrega dos premios desta 15ª edición pero tamén co audiovisual, a música e os encontros máis interesantes.

O xurado de videoclips premia “Omertá”, dirixido por Gero Costas para BALA

25/05/2018

Onte tivo lugar na Praza do Concello a gran festa dos videoclips da Noite GIA: proxectáronse as dezaoito pezas a concurso que amosan o estado actual da creatividade da música e o audiovisual galego, nun evento que rematou por todo o alto, co público bailando coa cumbia de Esteban & Manuel.

A Noite das Homenaxes, concertos e o audiovisual que vén protagonizan o venres en Cans

Hoxe venres a programación de Cans vén cargada de momentos emocionantes, incluíndo o que é probablemente o máis emotivo do Festival: a Noite das Homenaxes. A produtora Chelo Loureiro colocará a súa estrela no Torreiro e recibirá o Premio Pedigree’18, máximo galardón do Festival de Cans

Palmarés do III Concurso de booktrailers ‘O Ollo de Vidro’

23/05/2018

Logo de reunirse o xurado e pasar por duras deliberacións, hoxe á tarde vimos de coñecer as pezas premiadas no III Concurso de booktrailers ‘O Ollo de Vidro’, que este ano impulsa o Festival de Cans. Premio do xurado: O principiño, de Laura Lorenzo, Ainoha Martínez, Monique Otero, Lourdes Manteiga e Carlos Lago (do IES Pino Manso).

O Festival de Cans acolle mañá a proxección dos seus dous filmes de apertura: ‘A estación violenta’ e ‘British Winters’

Mañá xoves, o Festival de Cans terá filme de apertura por partida dobre. Se habitualmente é unha longametraxe a encargada de inaugurar o Festival logo da Noite dos veciños e veciñas do mércores, este ano o público terá a oportunidade de desfrutar de dúas películas moi esperadas: A estación violenta e British Winters.