JANET NOVÁS TRAE A CANS O PRIMEIRO GOYA OBTIDO POR UNHA VECIÑA DA ALDEA

A terceira xornada do festival de Cans volveu a estar marcada polas emocións fortes, como xa ocorrera na sesión do mércores coa homenaxe ao música vasco Kepa Junkera. Nesta oportunidade o protagonismo foi para a actriz e veciña de Cans, Janet Novás, quen trouxo a aldea o primeiro Goya que obtén unha persoa da aldea, despois de resultar gañadora na última edición dos premios do galardón a Mellor Actriz Revelación. Novás participou esta mañá no Torreiro nun interesante coloquio xunto a directora de “O Corno”, Jaione Camborda.

Janet Novás confesou a súa emoción por volver a Cans co premio recentemente obtido e mostrouse moi agradecida pola confianza amosada por Jaione Camborda para elixila para un papel tan especial. “Ter a confianza dun director e o máis importante para una actriz”, indicou Novás quen sinalou tamén que non pensa deixar de lado o seu traballo como bailarina malia o seu recente éxito con “O Corno”.

Pola súa banda, Camborda sinalou que para ela Janet xa era unha actriz “aínda que non tivese traballado nunha película” e so lle faltaba por dominar algún recursos técnicos que se adquiren coa práctica. “Actor e director sempre teñen que construír unha relación especial e iso foi o que pasou con Janet e creo que pode verse no filme”, engadiu a realizadora. Despois do éxito obtido ao gañar a Concha de Oro en San Sebastián, “O Corno” está a ter unha importante distribución internacional e mesmo xa leva case dous meses de exhibición en Francia. Algúns fragmentos da película xa se viran na anterior edición de Cans, cando a película aínda non se estreara.

Outro filme que ten conexión temáticas con “O Corno” é a película do director catalán Pau Teixidor, “Alumbramiento”, que esta noite servirá como apertura oficial do Festival de Cans no Círculo Recreativo e Cultural do Porriño. Teixidor explica que a o filme tivo como punto de partida o descoñecemento que existía sobre a trama de bebés roubados nos anos 80 en España. “Eu mesmo non sabía nada sobre o tema e por iso xurdiu a idea de facer unha película sobre este tema”.

Teixidor indica que en “Alumbramiento” mistúranse distintos xéneros –drama, terror, musical, aventuras—e asegura que non hai unha intención didáctica e agarda que o espectador do ano 2024 poida interesarse por ela, aínda que fale de feitos ocorridos hai 40 anos. “E unha historia na que hai moitos puntos grises e sobre a que e case imposible chegar a unha solución satisfactoria para as persoas que participaron na mesma”, apunta o realizador. No filme participa a actriz galega María Vázquez, que asistirá hoxe a preestrea xunto á protagonista da mesma Sofía Milán.

A xornada de hoxe concluirá preto da media noite co fin do concurso de videoclips musicais da Noite Lasal, que terá lugar na praza Arquitecto Antonio Palacios do Porriño.

GRANDE AMORE SUBSTITÚE A SUSANA SEIVANE O SÁBADO

Por motivos alleos ao Festival de Cans relacionados con causas de forza maior da artista, o evento vese obligado a cancelar a actuación prevista de Susana Seivane no Invernadoiro, que ía ter lugar o sábado ás 20:00. A organización lamenta o inconvinte e vaise proceder á devolución do importe das entradas adquiridas para o concerto.

O artista que ocupará o lugar de Susana Seivane será Grande Amore que ademais presentará en exclusiva un avance da curta “Hippocampus”, guionizada polo líder da formación Nuno Pico e dirixida por Xaime Miranda. Tamén haberá unha retrospectiva dos videoclips realizados por Miranda para Grande Amore, que terá lugar no Jalpón de Juan e Mucha do Peso. As entradas para o concerto poderán mercarse no posto de merchandising do festival dende o venres 24 ás 18 horas. O prezo será de 5 euros e o concerto terá lugar o sábado ás 20:00, mesmo horario da actuación inicialmente prevista.

MAÑÁ XORNADA INTENSA CON VISITANTES ILUSTRES

A xornada de mañá será a primeira dos dous días centrais do festival. A actividade será moi intensa e comezará dende primeira hora da mañá cun encontro cos realizadores e produtores de Sociéte Acéphale, protagonista da sección Foco Internacional desta edición de Cans. Ás 13:00 haberá un coloquio entre os actores María Vázquez e Tamar Novas no Torreiro e xa pola tarde proxectárase a longametraxe “As Neves” de Sonia Méndez.

Despois terán lugar a apertura da exposición dedicada ao “Bichero” e a actuación do grupo Lontreira no Torreiro. Para ás 21:00 horas está prevista a colocación da Estrela de María Vázquez no Torreiro, que contará coa asistencia da Vicepresidenta Segunda do Goberno, Yolanda Díaz, e do Ministro de Cultura, Ernest Urtasun. Despois chegará a Noite das Homenaxes o o concerto da banda Combo Paradiso no Espazo Estrella Galicia da Leira do Río.