CINEMALDEA ARRANCOU CON ÉXITO E CHEGA ESTA FIN DE SEMANA A ATIOS E PONTELLAS

O ciclo Cinemaldea, organizado polo Concello do Porriño e promovido polo Festival de Cans, arrancou con enorme éxito a pasada fin de semana no Centro Cultural A Lagoa de Orbenlle, en Budiño, no Concello do Porriño. O ciclo, que busca achegar o cinema ás zonas rurais sen acceso habitual ao cine, reuniu na súa primeira proxeción en A Lagoa de Orbenlle a perto de medio cento de persoas que abarrotaron a sala para ver unha selección de curtas premiadas no último Festival de Cans.

Esta fin de semana, Cinemaldea continuará con proxecións en Atios o sábado 11 e en Pontellas o domingo 12. O sábado, ás proxecións serán ás 18,00 horas na Asociación Cultural Os Penediños de Atios e o domingo tamén ás 18,00 horas na Asociación Cultural de Pontellas, sempre con entrada gratuita ata completar o aforo.

Ademáis das datas xa anunciadas en Orbenlle, Atios e Pontellas, Cinemaldea pasará por Carracido, Mosende, Torneiros e Cans, e incorpora unha nova data de proxecións, que será en Chenlo, o vindeiro sábado 25 de novembro.

En cada unha das sesións, de 73 minutos en total de duración, o público poderá ver o documental “Cans 22”, dos realizadores Javi Sobrado e Cris Padín, a curta de animación “Sandwich Cat” de David Fidalgo, premio do público na última edición de Cans, “Mariví na pel da memoria”, de Coral Piñeiro e Laura Piñeiro, Premio do Xurado na categoría Furacáns de non ficción e “Alicia fas cousas”, de Ángel Santos, gran triunfadora na última edición de Cans con cuatro premios: premio do xurado á mellor curta de ficción, premio ao mellor guión, á mello realización e á mellor actriz protagonista para Alicia Armenteros.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

16 − 2 =