O Festival de Cans, cuxa XXI edición terá lugar do 21 ao 25 de maio nesta aldea de O Porriño, tributará este ano unha homenaxe ao acordeonista vasco Kepa Junkera e faráo dun xeito singular: bautizando o histórico espazo do Jaliñeiro co seu nome. Junkera converterase deste xeito no primeiro músico do mundo que teña un galiñeiro no seu honor.
Cans quere recoñecer deste xeito o impacto e a dimensión deste músico extraordinario ao que un ictus sufrido en Bélxica en 2018, obrigouno a abandonar os escenarios. Junkera foi un dos artífices de darlle á música tradicional unha proxeción universal, a partir do xeito virtuoso de tocar a súa trikitritxa. Deste xeito, Kepa Junkera regresará a Cans dez anos despois da súa actuación memorable no Jaliñeiro no ano 2014, onde centenares de persoas o aclamaron polos camiños da aldea, antes de entrar neste espazo emblemático. Aquela foi unha das tardes máis emocionantes da historia do certame. O músico vasco presentou en Cans o seu disco “Galiza”, que lanzara uns meses antes, e convidou ao histórico acordeonista da Costa da Morte Pazos de Merexo, que naquel momento contaba con 86 anos e falecería pouco tempo despois.
Aquela actuación deulle un aura máxica ao Jaliñeiro, onde o festival programou actuacións vinculadas a proxecións de cinema durante dez anos, desde 2008 ata 2017. O público de Cans gravou na súa memoria actuacións únicas neste espazo, de artistas como Iván Ferreiro, Coque Malla, Mercedes Peón e Janet Novás, Uxía, Radio Océano ou os Diplomáticos. O tributo a Kepa Junkera completarase coa colocación dunha placa co seu nome no galiñeiro e coa presenza de moitos amigos músicos e artistas que o festival convidará para a ocasión, onde se prepara unha festa para o final do día.
Junkera, que agora precisa moverse nunha cadeira de rodas, ten previsto desprazarse a Cans, onde tamén asistirá á estrea de dúas pezas audiovisuais inéditas feitas en Galicia. Unha son os inicios do proxecto documental “De Kepa a Pazos” da realizadora Susana Sotelo, e a outra “Jaliñeiro K”, de Martín Rodríguez, sobre o seu paso polo festival hai dez anos. O festival tamén programará o emocionante documental “Berpiztu” de Fermín Aio, onde o propio Kepa, a súa familia e amigos contan por vez primeira como se enfronta a unha nova vida sen poder subir aos escenarios.
Boa tarde, sobre a Kepa Junquera, penso que sería boa idea covid aran a o seu amigo Antonio Lopes de Areosa (ver blog: lopesdareosa. blogspot. com de 21.12.2019) vecino de Afife (Víana do Castelo), con que tinha actuado en otras ocasiones.
Un saludo e enhoraboa polo festival.
Moitas grazas pola proposta Ignacio.
Eu estarei em Cans, ou no sábado dia 25 de Maio!
Um abraço dende a Galiza do Sul!
António Alves Barros Lopes