MARÍA VÁZQUEZ CHARLOU CON TAMAR NOVAS ANTES DE DEIXAR A SÚA PEGADA NO TORREIRO DAS ESTRELAS DE CANS

A penúltima xornada do Festival de Cans contou coa presenza da gran actriz galega María Vázquez como un dos puntos destacados do programa. Vázquez deixou hoxe a súa pegada no Torreiro das Estrelas de Cans e despois recibirou o Premio Pedigree de Honor na Noite dos Homenaxe que tivo lugar no Espazo Estrella Galicia da Leira do Rio. Pero antes a actriz protagonizou unha charla moi interesante co seu compañeiro e amigo Tamar Novás, outro dos intérpretes galegos máis destacados dos últimos anos.

Nunha divertida charla que tivo lugar no Torreiro, María e Tamar falaron e reflexionaron sobre experiencias comúns no mundo do cine e deixaron clara a súa complicidade. Ámbolos dous lembraron que traballaron xuntos en diversas oportunidades, “mesmo en obras de teatro ante no máis de 20 espectadores” e Tamar sinalou que foi a propia María quen lle animou a presentarse para o seu primeiro papel no teatro na obra “El Viaje a ninguna Parte” do Centro Dramático Nacional. O actor fixo un gran esforzo para estar hoxe en Cans xa que terminou de traballar nun rodaxe en Valencia hoxe mesmo de madrugada.

Vázquez explicou que atópase nun momento profesional moi doce, despois do éxito obtido con “Matria” pero apuntou tamén que a vida dos actores está sempre chea de incertezas e o único que está claro e que “ser artista é unha forma de vivir e morrerei sendo artista”. Engadiu que unha das grandes satisfacción como profesional do cine é poder facer papeis como os que tivo en “Matria” e agora en “Alumbramiento”, onde aparecen mulleres coas que moitas outras poden sentirse identificadas.

DESEMBARCO DE SOCIÉTE ACÉPHALE EN CANS

Tamén falaron hoxe en Cans os representantes da produtora francesa Sociéte Acéphale. Realizadores, produtores e actores deste grupo que reúne a distintas nacionalidades participaron nun coloquio no que falaron sobre o seu traballo dentro do cine experimental. O director Anthony Lapia, un dos membros destacados de Acéphale, explicou que a súa forma de ver o cine e o de aplicar un punto de vista radical sobre a sociedade.

Ademais, os membros de Acéphale adoitan a traballar conxuntamente nos proxectos cinematográficos coa fórmula “faino ti mesmo” e colaboran con distintos roles –actor, director, produtor montaxe—nas longametraxes e curtas que realizan. “Non facemos as películas para gañar cartos pero por sorte ultimamente están a saír ben as cousas e podemos pagar aos técnicos e a nós mesmos para pagar o aluguer, non está mal”, sinala dun xeito divertido Anthony Lapia, quen confesa que nestes días están a sentirse moi cómodos en Cans porque “e un festival que ten unha filosofía moi parecida á nosa”.

A xornada tivo como punto culminante a colocación da estrela de María Vázquez no Torreiro de Cans, que contou coa presenza da Vicepresidenta Segunda do Goberno, Yolanda Díaz, e do ministro de Cultura, Ernest Urtasun. Posteriormente, tivo lugar a Noite das Homenaxes, coa entrega das distincións do festival á propia María Vázquez, a Eduardo Rodríguez “Tatán”, a Luis Dávila “O Bichero” e á veciña Fermina de Pouso. Os concertos de Cinema Paradiso e The Incredible Peón Kurtz DJ puseron o punto final á xornada.

MOITA FESTA NA ÚLTIMA XORNADA CON DAVID TRUEBA E THE RAPANTS

A última xornada do festival contará mañá sábado cunha axenda moi cargada xa dende primeira hora da mañá. A partir das 10:00 comezarán os pases das curtas a concurso nos distintos espazos habilitados para as proxeccións e tamén os pases da retrospectiva das curtas de Sociéte Acéphale. . Ás 12:00 haberá un coloquio no Torreiro cun dos invitados máis destacados desta edición, o director David Trueba, que despois deixará a súa pegada no Torreiro das Estrelas.

Pola tarde, continuarán as proxeccións da seccións oficiais e terán lugar distintas actuación musicais como as de Su Garrido Pombo, Grande Amore, Nat Simons, Escuchando Elefantes e o fin de festa que chegará coa banda de Muros The Rapants na Leira do Río. Antes celebrárase neste mesmo espazo a gala final de entrega de premios do festival.