Xa está na rúa o CanZine!

19/05/2017

Dende hoxe xa podedes ler o CanZine, o noso xornal oficial de Cans 2017! Nel entrevistas ao director Montxo Armendáriz, aos premiados Miguel de Lira, Jorge Coira e Xano ou á escritora, xornalista e membro do xurado Mara Torres.

Mañá terá lugar a venda física de entradas no Torreiro de Cans

18/05/2017

O Festival de Cans venderá mañá, venres 19 de maio ás 19h00 no Torreiro de Cans, a últimas entradas para acudir á proxección das curtametraxes a concurso desta edición. O prezo será de 12€ por entrada, tanto na sesión de mañá como na de tarde.

Segundo prazo de venda de entradas

10/05/2017

Lembrade que o Festival de Cans abrirá este xoves 11 de maio ás 10h00 o segundo prazo de venda de entradas que dan acceso á proxección da sección oficial de curtametraxes a concurso do sábado 27 de maio.

Montxo Armendáriz, a conmemoración dos 15 anos da catástrofe do Prestige e Corizonas, protagonistas desta edición do Festival de Cans

09/05/2017

DESCARGA AQUÍ O DOSSIER COMPLETO CON TODA A PROGRAMACIÓN   O Festival de Cans chega nesta 14ª edición reforzando eixos fundamenteis da súa programación ao potenciar a liña dos coloquios e encontros e abríndose a outras discilplinas como a gastronomía, as artes plásticas ou a literatura

Cans reordena a súa programación dándolle unha nova dimensión ao xoves do Festival  

04/05/2017

O Festival de Cans reforzará nesta edición a súa programación para o xoves 25 de maio, no que terá lugar o habitual concurso de videoclips da Noite Gía, convertíndoo nunha xornada na que convivirán o audiovisual, a música, a gastronomía, a literatura e as artes plásticas con actividade dende a mañá ata a noite.

A música de Uxía e o histórico grupo Radio Océano encherán o Jaliñeiro do Festival de Cans

27/04/2017

O Festival de Cans fusionará, como xa é habitual, o audiovisual coa música na zona do Jaliñeiro e o Espazo Multiusos na tarde do sábado 27 de maio, día grande do Festival.

Venda das primeiras 600 entradas

24/04/2017

Mañá martes 25 de abril a partir das 10h00 poñeranse á venda online as primeiras 600 entradas do Festival de Cans, que dan acceso á proxección da sección oficial de curtametraxes a concurso do sábado 27 de maio, 250 delas para a sesión matinal e 350 para a sesión de tarde

“A historia dun satélite”, das Also Sisters, será o filme de apertura do Festival de Cans

19/04/2017

O Festival de Cans acollerá a estrea mundial de A historia dun satélite, unha longametraxe dirixida polas irmás Sonia e Miriam Albert-Sobrino, coñecidas como as Also Sisters.

León Benavente e Eladio y los Seres Queridos actuarán no Espazo Mahou do Festival de Cans

05/04/2017

O apoio de Mahou na parte musical está sendo clave para levar a cabo o festival nesta edición, na que se segue á espera dunha solución por parte da Agadic.

O Festival de Cans segue adiante e abre a convocatoria da Can Parade

30/03/2017

O Festival intenta continuar o seu traballo para reordenar a súa programación e convoca unha nova edición da Can Parade, que este ano se desenvolverá na Praza do Concello.

Chimpín de Prata 2017: Feliciano Bernárdez “Xano”

17/03/2017

Cada ano, o Festival de Cans concede tamén un Chimpín de Prata aos veciños e veciñas que participan activamente na súa celebración. Nesta edición, o Chimpín de Prata irá a parar ás mans de Feliciano Bernárdez “Xano”, o chimpineiro máis veterano do Festival de Cans con 77 anos.

Chimpín de Prata “Premio Pepe Puime” 2017: Jorge Coira

16/03/2017

O Festival de Cans quere dar as grazas cun dos premios Pepe Puime a unha personalidade relevante que destaque polo seu compromiso e apoio ás súas iniciativas.

Premio Pedigree 2017: Miguel de Lira

15/03/2017

Case sen darnos de conta, toda unha xeneración de actores e actrices de Galicia superou os cincuenta anos de idade e xa levan máis de tres décadas instalados na nosa iconografía popular. Miguel de Lira é un deses intérpretes que medraron ao mesmo tempo que o foi facendo audiovisual propio de Galicia.

Miguel de Lira, Jorge Coira e Feliciano Bernárdez “Xano” serán os homenaxeados do Festival de Cans

14/03/2017

Miguel de Lira recibirá o Premio Pedigree 2017 polo seu compromiso coa sociedade, a cultura do país e por ser imprescindible no panorama audiovisual galego actual. Os Chimpíns de Prata “Premio Pepe Puime” deste ano son para o director, guionista e montador Jorge Coira e o veciño Feliciano Bernárdez “Xano”, chimpineiro de maior idade do festival

Un ano máis bátese o récord de curtas inscritas no Festival de Cans

07/03/2017

O Festival de Cans bate un ano máis o seu récord de curtas inscritas, pois recibiu na súa convocatoria para as seccións oficiais a concurso un total de 235 producións galegas, o que supón case un 10% de incremento con respecto á edición anterior, na que chegaran 215 traballos.

Nova edición do curso de gravación, edición e montaxe

23/02/2017

O Festival de Cans volve estimular ás súas veciñas e veciños para que se lancen de pleno ao sector audiovisual ofrecendo unha nova edición do seu curso de gravación edición e montaxe impartido polo realizador Juanma Lodo.

O Festival de Cans ocupa a sexta posición como iniciativa cultural máis destacada de Galicia

09/02/2017

O Festival de Cans ocupa a sexta posición como iniciativa cultural máis destacada de Galicia segundo un estudo levado a cabo pola Fundación Contemporánea

O Festival de Cans busca patrocinios para os jalpóns

Aínda cos múltiples recoñecementos e o interese que esperta o festival, continúa sendo complexo completar toda a financiación para poder levalo a cabo.

Aberto prazo de inscrición para Cans 2017

10/01/2017

O Festival de Cans é un evento destinado a promover o talento das novas e novos creadores. Ata o domingo 5 de marzo estará aberto o prazo para enviar curtametraxes e videoclips

Gadis sempre chega a Cans polo Nadal!!!

22/12/2016

Onte recibimos en Cans a visita do noso patrocinador Gadis, representado por Pablo Louro, delegado da empresa na provincia de Pontevedra.

O Festival de Cans 2017 terá lugar do 24 ó 27 de maio

14/12/2016

A Asociación Arela, organizadora do Festival de Cans, xa decidiu as datas do evento na súa XIV edición que terá lugar do mércores 24 ó sábado 27 de maio, último fin de semana dese mes.

Tía Tata acolle a presentación do libro “Cans” de Carlos Meixide

O escritor Carlos Meixide estará mañá xoves 15 na tenda Tía Tata do Porriño, para presentar o seu último libro Cans, cuxa trama está centrada arredor do Festival de Cans.

O FESTIVAL DE CANS ESTARÁ PRESENTE NO CULTURGAL 2016

23/11/2016

O Festival de Cans estará presente na vindeira edición do Culturgal que terá lugar en Pontevedra entre o venres 2 e o domingo 4 de decembro.

“CANS”, A NOVA NOVELA DO ESCRITOR CARLOS MEIXIDE

O Festival de Cans xa ten libro! O autor Carlos Meixide ven de publicar “Cans”, a súa última obra narrativa, que é a continuación do seu exitoso libro “Ons”, que vai xa pola súa terceira edición.

Palmarés de Cans 2016

21/11/2016

O xurado da XIII edición do Festival de Cans, formado por Dani de la Torre, Belén Constenla, Manuel Jabois, Helena Miquel, Nacho Castaño e Ana Cermeño, acordou, despois do visionado das curtametraxes a concurso e a deliberación, outorgar os seguintes premios:

Las Altas Presiones

21/10/2016

Este domingo 23 arranca por segundo ano o ciclo de cine CANS TODO O ANO, que organizan o Festival de Cans, a Sala Ingrávida de O Porriño e o cineclube Rebobina conxuntamente. O primeiro filme que teremos o honor de proxectar será Las Altas Presiones, de Angel Santos, que nos acompañará na Sala Ingrávida. Las

Proxección das obras gañadoras

25/05/2016

Última oportunidade para ver as curtametraxes gañadoras nesta edición do Festival de Cans! O venres 27 de maio proxectaranse na Sala Ingrávida do Porriño (calle Pérez Leirós,3) as curtas e videoclips gañadores nesta XIII edición. Contarase coa presenza de varios realizadores que comentarán co público as súas pezas audiovisuais.

Música pangalaica e os campións do punk

21/05/2016

No apartado musical hoxe celebraremos os 25 anos da Arroutada Pangalaica dos Diplomáticos de Montealto, que se estrearon precisamente no Porriño. Agora pechan un ciclo cun concerto especial no que subirán ao escenario unha morea de amigos.

Actividades para nenas e nenos festivaleiros

Os máis pequenos tamén teñen hoxe dende ben cedo actividades para escoller no Festival de Cans. O parque do río estará en funcionamento todo o día con xogos tradicionais e xantares con menús infantís a prezos económicos. Pola mañá poderán asistir á proxección da longametraxe de animación Maimiño, de Ernestro Padrón, unha produción de Ficción Producciones e

Dalle caña ás curtametraxes

20/05/2016

Repasamos o programa de mañá, día grande do festival. En total este ano participan 18 curtametraxes na sección oficial a concurso, que nos demostran a fecunda realidade do noso audiovisual. Recuperamos a sección de animación e descubrimos unha canteira de directores e directoras que crean desde o éxodo en Bruxelas, Londres ou Lisboa. Por primeira