O Festival de Cans, Premio da Cultura Galega 2018

05/10/2018

O Festival de Cans recibirá este ano o Premio da Cultura Galega na modalidade de audiovisual. É unha gran noticia para o noso festival, xa que este recoñecemento, é un dos premios máis relevantes da cultura galega.

O FESTIVAL DE CANS E A EMPRESA CARLIN ENTREGAN A RAPAZAS E RAPACES DA ALDEA VALES DE MATERIAL ESCOLAR

04/10/2018

O Festival de Cans continúa traballando ó longo do ano no seu obxectivo de servir como ferramenta para contribuir á educación e achegar a cultura ó mundo rural. Estes días fixemos entrega a 23 rapazas e rapaces da aldea de vales para canxear material escolar nos comercios de Carlin, por un valor de 20 euros.

Ata sempre Divina

03/10/2018

O Festival de Cans lamenta o falecemento da popular veciña da parroquia Divina Campos, coñecida como Divina do Castillo, que nos deixou ós 86 anos. No ano 2012, o festival concedeulle o Chimpín de Prata como recoñecimento ó seu apoio ó festival e á súa colaboración entusiasta, poñendo este galardón no Muro dos Chimpíns.

O Festival de Cans bateu nesta edición o seu record de contratacións sumando 126 persoas

07/06/2018

O Festival de Cans converteuse na presente edición en moito máis que o gran acontecemento cultural do mundo rural en Galicia. Pouco a pouco, o certame está defininíndose tamén como un proxecto que demostra a importancia da cultura á hora de incrementar a riqueza e postos de traballo.

12.000 persoas asisten ao Festival de Cans na súa edición con programación máis ambiciosa

02/06/2018

A décimo quinta edición do Festival de Cans congregou ao longo dos seus catro días de duración a unhas 12.000 persoas que esgotaron todas as sesións con entradas á venda, ben anticipadamente ou durante a celebración do evento.

O Festival de Cans proxecta este domingo as obras gañadoras na súa XV edición

01/06/2018

Este domingo, 3 de xuño ás 20h00, o público terá a última oportunidade de ver as curtas gañadoras na XV edición do Festival de Cans na Sala Ingrávida do Porriño.

Matria bate récords e faise con catro premios no 15º Festival de Cans

26/05/2018

O Festival de Cans entregou hoxe, na gala final do seu día grande, os premios correspondentes á súa 15ª edición. A curta Matria, de Álvaro Gago, fixo historia ao converterse na primeira en acadar catro premios en Cans

Fernando Trueba, no Coloquio na Leira en Cans: “A comedia é un misterio”

Esta mañá, Fernando Trueba foi o protagonista dun memorable Coloquio na Leira en Cans, no que falou de humor, de cinema e de proxectos futuros, ademais de compartir cun atentísimo público anécdotas dos mitos da séptima arte cos que tivo a fortuna de compartir filmes ou comidas.

Fernando Trueba, Gracia Querejeta e Burning encabezan o día da entrega de premios en Cans

Un ano máis, o Festival de Cans chega á súa fin e faino por todo o alto, coa entrega dos premios desta 15ª edición pero tamén co audiovisual, a música e os encontros máis interesantes.

O xurado de videoclips premia “Omertá”, dirixido por Gero Costas para BALA

25/05/2018

Onte tivo lugar na Praza do Concello a gran festa dos videoclips da Noite GIA: proxectáronse as dezaoito pezas a concurso que amosan o estado actual da creatividade da música e o audiovisual galego, nun evento que rematou por todo o alto, co público bailando coa cumbia de Esteban & Manuel.

A Noite das Homenaxes, concertos e o audiovisual que vén protagonizan o venres en Cans

Hoxe venres a programación de Cans vén cargada de momentos emocionantes, incluíndo o que é probablemente o máis emotivo do Festival: a Noite das Homenaxes. A produtora Chelo Loureiro colocará a súa estrela no Torreiro e recibirá o Premio Pedigree’18, máximo galardón do Festival de Cans

Palmarés do III Concurso de booktrailers ‘O Ollo de Vidro’

23/05/2018

Logo de reunirse o xurado e pasar por duras deliberacións, hoxe á tarde vimos de coñecer as pezas premiadas no III Concurso de booktrailers ‘O Ollo de Vidro’, que este ano impulsa o Festival de Cans. Premio do xurado: O principiño, de Laura Lorenzo, Ainoha Martínez, Monique Otero, Lourdes Manteiga e Carlos Lago (do IES Pino Manso).

O Festival de Cans acolle mañá a proxección dos seus dous filmes de apertura: ‘A estación violenta’ e ‘British Winters’

Mañá xoves, o Festival de Cans terá filme de apertura por partida dobre. Se habitualmente é unha longametraxe a encargada de inaugurar o Festival logo da Noite dos veciños e veciñas do mércores, este ano o público terá a oportunidade de desfrutar de dúas películas moi esperadas: A estación violenta e British Winters.

O 15º Festival de Cans abre mañá pondo o foco na literatura e a veciñanza

22/05/2018

A 15ª edición do Festival de Cans comeza mañá mantendo o seu espírito de sempre, ese agroglamour que xunta o achegamento ás últimas novidades culturais e cinematográficas e a celebración da identidade da aldea.

Xa temos finalistas para ‘O ollo de vidro’, o concurso de booktrailers impulsado polo Festival de Cans

Mañá mércores, o Baixo de Bugarín acollerá ás 19:00 a final de ‘O ollo de vidro’, o concurso de booktrailers que o Festival de Cans impulsou este ano no marco da iniciativa da canle de YouTube Recoméndoche un libro.

O Torreiro de Cans acolle mañá venres ás 19h a venda física de entradas do 15º Festival de Cans

17/05/2018

Mañá, venres 18 de maio, o Festival de Cansporá á venda no Torreiro de Cans as derradeiras entradas para acudir á proxección das curtametraxes a concurso desta edición e a algunhas outras actividades de pago.

O Festival de Cans reforza a súa programación infantil co MiniCans máis completo da súa historia

14/05/2018

O Festival de Cans continúa nesta 15ª edición a súa aposta por atender a todos os públicos, e faino reforzando e ampliando MiniCans, a súa programación infantil.

Última oportunidade para mercar online as entradas do Festival de Cans

09/05/2018

A partir de hoxe, 10 de maio, ás 10h00 poderedes atopar en tenda.festivaldecans.com tamén os seguintes produtos:

Fernando Trueba, Gracia Querejeta e Triángulo de Amor Bizarro súmanse á programación do 15º Festival de Cans

➡DESCARGA AQUÍ O DOSSIER COA PROGRAMACIÓN COMPLETA DE #CANS18 A Casa do Cid, espazo emblemático do Festival de Cans, acolleu hoxe a presentación do 15º Festival de Cans, na que se desvelou o programa ao completo, coas destacadas incorporacións dos cineastas Fernando Trueba e Gracia Querejeta

Manuel Lourenzo, Berta Ojea, Borja Cobeaga ou Nieve de Medina protagonizarán varios dos coloquios do Festival de Cans

07/05/2018

O Festival de Cans fará na súa 15ª edición unha gran aposta polos coloquios e encontros co público, que terán lugar no histórico Baixo do Moncho nas mañás que van do mércores 23 ao venres 26 de maio, sempre ás 11:30 horas (entrada libre ata completar un aforo máximo de 125 persoas).

Kevin Weatherill, dos Immaculate Fools, estreará o Invernadoiro, un novo espazo singular de Cans

02/05/2018

O Festival de Cans inaugura este ano o Invernadoiro, un novo espazo singular para o audiovisual e a música, e faino coa visita de Kevin Weatherill, un artista de relevancia internacional no pop das últimas décadas.

Variedade de estilos e talentos na Sección Oficial de videoclips do Festival de Cans

30/04/2018

Dentro do audiovisual, os videoclips xogan sempre un papel de interese pola súa inmediatez e versatilidade: o mesmo poden achegarse ao cinema experimental que construir pequenas narrativas, ás veces funcionan como laboratorio de ideas para novos e novas cineastas e outras atopamos artistas con longas traxectorias centradas nos vídeos musicais.

Nove curtas comporán FuraCans, a nova sección competitiva de non ficción do Festival de Cans

27/04/2018

Por primeira vez na súa historia, o Festival de Cans incorpora na súa Sección Oficial unha competición de curtametraxes de non ficción, que leva o nome de FuraCans.

Os lendarios Burning actuarán na décimo quinta edición do Festival de Cans

24/04/2018

O mesmo espírito ecléctico que traslada a selección audiovisual do Festival de Cans déixase ver no listado de artistas musicais que veñen de sumarse ao cartel desta 15ª edición.

Os filmes ‘A estación violenta’ e ‘British winters’ abrirán o Festival de Cans

19/04/2018

O Festival de Cans continúa nesta edición a súa aposta polas novas xeracións de cineastas do país e acollerá a proxección de tres filmes realizados por novos profesionais da creación audiovisual que veñen do mundo da curtametraxe.

O Festival de Cans recoñece a traxectoria da produtora Chelo Loureiro co Premio Pedigree 2018

11/04/2018

A Asociación Arela decidiu concederlle nesta edición o Premio Pedigree 2018, o seu máximo galardón honorífico, á produtora Chelo Loureiro, unha muller cun papel imprescindible na construcción do audiovisual galego nas últimas dúas décadas.

Depedro protagonizará o Concerto Mahou Cinco Estrellas na Leira de Alicia do Festival de Cans

04/04/2018

Por cuarto ano consecutivo, Mahou volverá ser un dos principais patrocinadores do Festival de Cans e complementará a programación do evento con distintas actividades relacionadas co cinema e a música.

Xa se pode participar na Can Parade

28/03/2018

A silueta do Can de Cans atópase en todas partes, é perfectamente recoñecible e está sempre preparada para que a interveñan artisticamente. Cada ano, un feixe de artistas de toda caste atrévese a darlle unha nova volta creativa á nosa icona a través da Can Parade, a cita anual do festival coa creación artística.

O Festival de Cans crea unha sección internacional e contará coa presenza de realizadores de Brasil, Líbano, Italia e Portugal

O Festival de Cans, que se celebrará entre os próximos 23 e 26 de maio, contará nesta edición con varias presenzas internacionais a través da súa sección ExtraCans, que se redefine para ser un espazo no que se buscará a conexión de creadores e creadoras galegos con directores e directoras doutros países.

Amadriña ou apadriña un jalpón no XV Festival de Cans

14/03/2018

O Festival de Cans traballa a contrarreloxo tratando de buscar patrocinadores privados que poidan facer achegas para tratar de completar o orzamento do evento. Dende esta mesma semana, a Asociación Arela -organizadora do festival- pon en marcha a campaña “Apadriña un jalpón”