O Festival de Cans entregou estes días as tradicionais cestas de Nadal, coa colaboración do noso fiel patrocinador, Gadis. Unha cesta repleta de produtos navideños que chegou a vinte veciñas e veciños de Cans que colaboran prestando as súas casas para que nelas se poida desenvolver o certame.
Todos os propietarios de jalpóns, cubertos e baixos que abren desinteresademente ao público as súas propiedades os días do festival foron agasallados cunha destas cestas de Gadis, ademáis doutras veciños e veciñas que colaboran co certame.
Como é habitual ao longo de todo o ano, o Festival de Cans colabora tamén coa Asociación de Veciños de Cans e coa Comisión de Festas de Santo Estevo, entregando senllas cestas navideñas para otorgar como premio no concurso de decoración de Nadal das casas da aldea, e para subhastar o día das festas da aldea, o vindeiro 26 de decembro.
A organización do Festival de Cans quere seguir fomentando deste xeito o seu vínculo coa comunidade local, ao mesmo tempo que quere mostrar publicamente o seu agradecemento á xenerosidade de todas as veciñas e veciños da aldea.