
O Festival de Cans volveu a batir récord de contratacións con 158 altas laborais
04/06/2025A XXII edición do Festival de Cans, pola que pasaron preto de 13.000 persoas, deixou cifras récord no relativo ao seu impacto social e económico.

O Festival de Cans pecha unha edición histórica con preto de 13.000 asistentes e unha forte carga emocional
27/05/2025O Festival de Cans clausurou esta fin de semana unha das edicións máis memorables e emotivas da súa historia, na que participaron preto de 13.000 persoas ao longo de cinco días intensos de cine, música, coloquios e emocións compartidas.

O filme Curmán do realizador Alejandro Jato triunfa no XXII Festival de Cans con catro premios
26/05/2025A curta Curmán foi elixida polo xurado do Festival de Cans como gañadora na sección de Ficción. Curmán, película debut como director do ata agora actor Alejandro Jato narra dun xeito único a perda de inocencia do protagonista.

Tamar Novas, María Vázquez, Lucía Veiga e Nerea Barros enchen o coloquio matinal no Torreiro
23/05/2025Os actores Tamar Novas, María Vázquez, Lucía Veiga e Nerea Barros encheron o Torreiro de Cans no coloquio matinal no marco dos encontros que organiza a Fundación AISGE e compartiron co público anécdotas e reflexións sobre a profesión.

Ángeles Huerta, Cris Iglesias e Xoan Fórneas acompañan a estrea de Antes de nós na apertura oficial do Festival de Cans
22/05/2025A directora Ángeles Huerta, a productora Zaza Ceballos e os actores Cris Iglesias e Xoán Fórneas conversaron esta mañá co público do Festival de Cans presentando o filme Antes de nós, sobre a vida de Castelao.

A noite dos veciños e a sección Novas Camadas enchen Cans de emocións e talento emerxente
21/05/2025A segunda xornada do Festival de Cans inaugura os coloquios e encontros con profesionais que se desenvolverán ao longo de todo o certame.

A homenaxe á cineasta pioneira Cruz Risco e a memoria da represión da illa de San Simón marcan o inicio do Festival de Cans
20/05/2025A XXII edición do Festival de Cans arrancou esta mañá coas primeiras visitas de grupos de escolares á aldea para coñecer in situ o evento, asistir a proxeccións e coa inauguración da Rúa Efémera, coa que se rende homenaxe á cineasta pioneira galega Cruz Risco.

O Festival de Cans abre o telón cunha programación marcada pola memoria histórica
19/05/2025A XXII edición do Festival de Cans arranca este martes nesta aldea do Porriño. A programación proxectará 120 obras, das que 40 son estreas en Galicia.

A previa de Cans arranca este sábado coa proxección do filme “Utama” de Alejandro Loayza
15/05/2025O Festival de Cans quenta motores cunha programación previa que mestura cinema internacional, música galega de raíz e memoria histórica. A primeira gran cita será a proxección da fermosa longametraxe Utama (2022), do director boliviano Alejandro Loayza Grisi, a súa obra debú coa que foi premiada en Sundance en 2022.

O CINEASTA DANIEL SÁNCHEZ ARÉVALO ESTARÁ NA XXII EDICIÓN DO FESTIVAL DE CANS
06/05/2025O Festival de Cans, que terá lugar entre o 20 e o 24 deste mes, presentou hoxe en rolda de prensa as novidades da próxima edición do certame

O FESTIVAL DE CANS TERÁ NOVE ESTREAS NA COMPETICIÓN DE FICCIÓN E ANIMACIÓN
30/04/2025Un total de nove estreas terá este ano a competición de Ficción e Animación do Festival de Cans, na que haberá dez obras. Catro das obras terán a súa estrea absoluta e cinco delas será a primeira vez que se poidan ver en Galicia.

O FESTIVAL DE CANS DEDICARÁ O FOCO INTERNACIONAL AO CINEASTA BOLIVIANO ALEJANDRO LOAYZA
A XXII edición de Cans, que terá lugar do 20 ao 24 de maio nesta aldea de O Porriño, dedicará o seu Foco Internacional ao boliviano Alejandro Loayza Grisi, chamado a ser unha das grandes promesas do cinema latinoamericano, que estará presente no certame.

MONDRA MUSICARÁ EN DIRECTO NO FESTIVAL DE CANS MISS LEDYA
23/04/2025O cantante e músico Mondra, un dos grandes artistas galegos actuais, fará unha actuación única no Festival de Cans poñendo música en directo ao filme mudo Miss Ledya, película de 1916 que está considerada a primeira obra de ficción rodada en Galicia e na que Castelao ten un papel como actor.

OITO OBRAS COMPETIRÁN NA CATEGORÍA FURACÁNS DO FESTIVAL DE CANS
22/04/2025Un total de oito obras estarán na sección competitiva Furacáns do Festival de Cans, a sección destinada ás curtas de non ficción e a traballos que exploran vías narrativas de maior risco, que terá lugar o sábado 24 de maio.

BIZNAGA E SANTERO Y LOS MUCHACHOS ESTARÁN NA NOVA EDICIÓN DO FESTIVAL DE CANS
10/04/2025O Festival de Cans, que se celebrará entre o 20 e o 24 de maio, contará nesta edición con máis de vinte actuacións musicais, programando as principais para o venres 23 e sábado 24 de maio no Espazo Estrella Galicia da Leira do Río, o gran epicentro musical e, o Torreiro, lugar emblemático da aldea.

ANTES DE NÓS, O FILME DE ÁNGELES HUERTA SOBRE CASTELAO, ABRIRÁ O XXII FESTIVAL DE CANS
02/04/2025A película Antes de nós, dirixida por Ángeles Huerta, será o filme de apertura da XXII edición do Festival de Cans, que este ano celébrase entre o 20 e o 24 de maio.

A VI edición do Concurso “Pintar o Cine” presentará importantes novidades
25/03/2025O Festival de Cans abre o prazo de inscrición para todas aquelas persoas que queiran participar no VI concurso de pintura “Pintar o Cine”.

O FESTIVAL DE CANS PROMOVERÁ UN DOCUMENTAL SOBRE OS 70 ANOS DO TRÁXICO ACCIDENTE DE AUTOBUS QUE MARCOU A ALDEA
18/03/2025O Festival de Cans, cuxa XXII edición terá lugar do 20 ao 24 de maio nesta aldea de O Porriño, estreará este ano un documental sobre os 70 anos do tráxico accidente que marcou a toda unha xeración.

O DIRECTOR ALFONSO ZARAUZA RECIBIRÁ O PREMIO PEDIGREE DE HONOR NA XXII EDICIÓN DO FESTIVAL DE CANS
11/03/2025O Festival de Cans, que celebrará a súa XXII edición na aldea de O Porriño, entre o 20 e o 24 de maio, acordou conceder o seu Premio Pedigree de Honor ao cineasta e productor Alfonso Zarauza, coincidindo coa celebración dos seus 30 anos adicado ao audiovisual.

O FESTIVAL DE CANS VOLVE A REBASAR A CIFRA DE 200 OBRAS INSCRITAS NA SÚA XXII EDICIÓN
06/03/2025O Festival de Cans, cuxa XXII edición terá lugar na aldea de Cans (O Porriño) entre o 20 e o 24 de maio, recibiu un total de 230 obras inscritas nas diferentes categorías, o que mantén a liña que iniciou en 2023 de superar a cifra de 200 inscripcións.

CANS, DE NOVO ENTRE OS REFERENTES CULTURAIS DE GALICIA
29/01/2025O Festival de Cans, que celebrará a súa vixésima segunda edición do 20 ao 24 do vindeiro mes de maio, foi seleccionado como unha das grandes insignias culturais de Galicia en 2024.

O FESTIVAL DE CANS E A ESCRITORA IRIA MISA ÚNENSE NUN PROXECTO LITERARIO ARREDOR DO CINE
27/01/2025O Festival de Cans, cuxa XXII edición terá lugar entre o 20 e 24 de maio, estreará nesta edición un novo roteiro cinéfilo-literario pola aldea. Este roteiro parte dun novo libro da recoñecida escritora de literatura xuvenil Iria Misa

FALECE A SEÑORA ALICIA, ICONA DO FESTIVAL DE CANS
13/01/2025O Festival de Cans anunciou este martes nas súas redes o falecemento de Alicia Sánchez, unha das veciñas máis emblemáticas da aldea. Alicia Sánchez faleceu en Santiago de Compostela un día antes de cumprir 97 anos.

O FESTIVAL DE CANS ABRE A SÚA CONVOCATORIA E AUMENTARÁ A DOTACIÓN ECONÓMICA EN PREMIOS ATA OS 13.000 EUROS
19/12/2024O Festival de Cans, que celebrará a súa XXII edición do 20 ao 24 de maio de 2025, abre este xoves o prazo de inscrición de obras para a súa competición oficial. Entre as novidades desta competición estará o aumento da dotación económica en varios dos premios ata chegar a cerca dos 13.000 euros.

O FESTIVAL DE CANS ENTREGA AS CESTAS DE NADAL DE GADIS ÁS VECIÑAS E VECIÑOS DA ALDEA
16/12/2024O Festival de Cans entregou estes días as tradicionais cestas de Nadal, coa colaboración do noso fiel patrocinador, Gadis. Unha cesta repleta de produtos navideños que chegou a vinte veciñas e veciños de Cans que colaboran prestando as súas casas para que nelas se poida desenvolver o certame.

CINEMALDEA COMEZA ESTA FIN DE SEMANA PARA LEVAR AS CURTAS DO FESTIVAL DE CANS ÁS ALDEAS DO RURAL
30/10/2024O Concello do Porriño acolleu esta mañá a presentación da cuarta edición de Cinemaldea, a iniciativa que o propio concello e o Festival de Cans promoven, para achegar as curtas premiadas en Cans ás zonas rurais do municipio, ao longo das fins de semana do mes de novembro.

O FESTIVAL DE CANS E A CADEA TRAZOS ENTREGAN VALES DE 25 EUROS EN MATERIAL ESCOLAR ÁS NENAS E NENOS DA ALDEA QUE COLABORAN CO CERTAME
01/10/2024O Festival de Cans e a cadea de papelarías Trazos fixeron entrega dun vale de 25 euros en material escolar a cada un dos vinte nenos e nenas que participaron como Guías dos Camiños na última edición do festival.

AS CURTAS PREMIADAS NO FESTIVAL DE CANS PROXÉCTANSE ESTE SÁBADO EN MONDARIZ-BALNEARIO
26/09/2024A Sala de Cultura do Concello de Mondariz- Balneario acollerá este sábado 28 de setembro ás 20,00 horas o ciclo Cinemaldea Itinerante, que o Festival de Cans promove co ánimo de visibilizar en zonas rurais e pequenos concellos unha selección de curtas premiadas na última edición do certame.

O FESTIVAL DE CANS CREA A “ASEMBLEA DE NENOS”
24/09/2024O Festival de Cans continúa afondando ao longo do ano na idea da participación da comunidade local, intentando tecer unha rede de recollida de propostas que inclúa desde as persoas de maior idade ata nenas e menos.

AS CURTAS PREMIADAS EN CANS COMEZAN EN CAMINHA UN PERCORRIDO INTERNACIONAL
04/09/2024A localidade portuguesa de Caminha acollerá este venres a primeira das proxeccións do ciclo internacional “Cans Itinerante”, que o Festival de Cans impulsa para dar a coñecer as curtas premiadas na última edición do certame.