O XIX FESTIVAL DE CANS XEROU 134 CONTRATACIÓNS E UN 100% DE OCUPACIÓN HOTELEIRA NO PORRIÑO 

A última edición do Festival de Cans supuxo un grande éxito de público, con máis de 10.000 visitantes nos catro días de duración, pero tamén deixou bos datos nas cifras de impacto socioeconómico do evento. Continúe lendo O XIX FESTIVAL DE CANS XEROU 134 CONTRATACIÓNS E UN 100% DE OCUPACIÓN HOTELEIRA NO PORRIÑO 

O FESTIVAL DE CANS PROXECTA ESTE SÁBADO AS CURTAS GAÑADORAS DA XIX EDICIÓN

O Festival de Cans ofrece este sábado unha nova cita co audiovisual galego coa proxección das curtas gañadoras da súa XIX edición. Será nunha sesión especial, no Centro Cultural do Porriño, na que se poderán ver as curtas que o pasado sábado conquistaron o ansiado can de pedra. Continúe lendo O FESTIVAL DE CANS PROXECTA ESTE SÁBADO AS CURTAS GAÑADORAS DA XIX EDICIÓN

O FESTIVAL DE CANS RECIBIU 10.000 PERSOAS NO SEU REGRESO Á PRIMAVERA

O XIX Festival de Cans, celebrado esta fin de semana, recibiu máis de 10.000 persoas no seu regreso ás datas primaverais. A metade do público pasou por Cans o sábado, día grande do festival, no que hubo un grande ambiente e un comportamento exemplar por parte do público. Continúe lendo O FESTIVAL DE CANS RECIBIU 10.000 PERSOAS NO SEU REGRESO Á PRIMAVERA

“ROMPENTE”, DE ELOY DOMÍNGUEZ, E “TATUADO NOS OLLOS LEVAMOS O POUSO”, DE DIANA TOUCEDO, TRIUNFAN NO FESTIVAL DE CANS

O Festival de Cans baixou o pano este sábado coa Gala Final de Entrega dos Premios da súa XIX edición (coa colaboración de AGADIC). Rompente, de Eloy Domínguez, en ficción, Tatuado nos ollos levamos o pouso, de Diana Toucedo, en Furacáns e As pétalas murmuran, de Arantxa Ramos, en Novas Camadas, fixéronse co Premio do Xurado á Mellor Curtametraxe. Continúe lendo “ROMPENTE”, DE ELOY DOMÍNGUEZ, E “TATUADO NOS OLLOS LEVAMOS O POUSO”, DE DIANA TOUCEDO, TRIUNFAN NO FESTIVAL DE CANS

DANIEL MONZÓN, A ENTREGA DE PREMIOS E DAKIDARRÍA, NO DÍA GRANDE DO FESTIVAL DE CANS

O Festival de Cans chega este sábado ao seu día grande coa entrega dos premios da XIX edición. A última xornada do certame inclúe os encontros cos curtametraxistas e a proxección das 32 obras a concurso das seccións de Ficción e Animación, que este ano compiten na mesma categoría, e mailas de Furacáns de non ficción. Continúe lendo DANIEL MONZÓN, A ENTREGA DE PREMIOS E DAKIDARRÍA, NO DÍA GRANDE DO FESTIVAL DE CANS

MARGARITA LEDO, JOÃO NICOLAU E AMPARANOIA ESTE VENRES NO FESTIVAL DE CANS

O Festival de Cans chega ao venres cunha programación repleta de actividades, estrelas e moito agroglamour. A protagonista desta cuarta xornada será a cineasta Margarita Ledo, que estará en Cans para manter un coloquio e colocar a súa estrela no paseo da fama do Torreiro. Continúe lendo MARGARITA LEDO, JOÃO NICOLAU E AMPARANOIA ESTE VENRES NO FESTIVAL DE CANS

A ESTREA DA SERIE RAPA, ESTE XOVES NA APERTURA OFICIAL DO XIX FESTIVAL DE CANS

O Festival de Cans arranca os chimpíns este xoves, coa apertura oficial da XIX edición do certame. Por primeira vez, este ano o título escollido para dar o disparo de saída é unha serie, Rapa, a nova creación do equipo da exitosa Hierro, con Jorge Coira e Elena Trapé na dirección. Continúe lendo A ESTREA DA SERIE RAPA, ESTE XOVES NA APERTURA OFICIAL DO XIX FESTIVAL DE CANS

MARÍA CASARES E AS FEIRANTAS DE CANS, PROTAGONISTAS DO MÉRCORES DE VECIÑOS DO FESTIVAL DE CANS

O XIX Festival de Cans vai poñendo a punto os motores dos chimpíns este mércores, coa veciñanza de Cans como protagonista. A xente da aldea, colaboradora e partícipe, é o eixe central deste día, no que se agradece a súa inestimable contribución ao festival. Continúe lendo MARÍA CASARES E AS FEIRANTAS DE CANS, PROTAGONISTAS DO MÉRCORES DE VECIÑOS DO FESTIVAL DE CANS

“MALENCOLÍA”, DE ALFONSO ZARAUZA, E A MOSTRA DE ARQUITECTURA DE CREUS E CARRASCO NO DÍA DAS LETRAS DO FESTIVAL DE CANS

O Festival de Cans suma este ano unha xornada de programación, coincidindo co Día das Letras, e comeza este 17 de maio a súa semana grande. Continúe lendo “MALENCOLÍA”, DE ALFONSO ZARAUZA, E A MOSTRA DE ARQUITECTURA DE CREUS E CARRASCO NO DÍA DAS LETRAS DO FESTIVAL DE CANS

A PREVIA DO FESTIVAL DE CANS COMEZA ESTE XOVES COA RETROSPECTIVA DE LONGAS DE JOÃO NICOLAU

A XIX edición do Festival de Cans, que se celebra do 17 ao 21 de maio, quenta motores co inicio, este xoves 12, das proxeccións da retrospectiva internacional que este ano protagoniza o realizador lisboeta João Nicolau, un dos representantes máis destacados do novo cinema portugués. Continúe lendo A PREVIA DO FESTIVAL DE CANS COMEZA ESTE XOVES COA RETROSPECTIVA DE LONGAS DE JOÃO NICOLAU

Retrospectiva Sinais furtivos, curtametraxes de Margarita Ledo

Retrospectiva Sinais furtivos, curtametraxes de Margarita Ledo

Antes de comezar a súa carreira, ou en paralelo ó seu traballo como directora, moitas destas pezas servíronlle a Ledo de ensaio para explorar a linguaxe cinematográfica e buscar diferentes camiños narrativos. Son filmes —algúns, inéditos— que estaban esparexidos en varios arquivos e que desde o Festival de Cans rescatamos a modo de traxectoria vital da cineasta.

Xoves 19 | 16.30 h. | Círculo Recreativo Cultural

Coa presenza de Margarita Ledo
Capacidade: 250 persoas

ILLA
2008 | 2’56” | Galego 
Vai de: O exilio e a memoria da perda. O corpo como ausencia. Resta o berro.

BUCLE
2017 | 5´| Galego
Vai de:  Sobre mulleres herdeiras da Guerra Civil. Do silencio á acción, nunha paisaxe onde cada doa resoa nas outras.

NIMBOS, NOITE NO MUNDO
2014 | 4´10” | Galego
Vai de: Un poema amoroso e os ecos do Díaz Castro tradutor, do rigor formal, do vento.

GROENLANDIA
2019 | 3’13” | Galego
Vai de: O cambio climático e o feminicidio como cicatriz no pensamento.

PAROLAR CUN EU
2022 | 18’ | Galego
Dirección: Xisela Franco. Vai de: Unha muller desprázase por unha cidade, Vigo. Busca un sinal que a leve á fábrica de cerámica Álvarez. Pasos perdidos sobre entullos e, á súa vez, unha experiencia infestada de interrogantes, do paso do tempo, dos distintos estados da desaparición que conducen á morte pero que, de xeito paradóxico, aparecen como memoria viva dunha ruptura traumática.

CINE MARINO
2013 | 8’14” | Galego
Vai de: Pequena homenaxe ao cinema vilego cos seus espazos, obxectos, querenzas.

Venres 20 | 19 h. | Baixo de Bugarín

Coa presenza de Margarita Ledo
Capacidade: 75 persoas

A AUGA BRANCA
2019 | 5’ | Galego
Vai de: Percorrido na procura de sinais á volta da Fonte da Esperanza, dos latexos dun lugar que leva o nome de Santa Mariña do Monte e dunha voz que regresa.

LAVACOLLA, 1939
2005 | 5’19” | Galego
Vai de: Aquel tempo no que a construción do aeroporto foi un campo de traballos forzados.

PARA LÍSTER 2
2007 | 15’ | Galego
Vai de: Fragmentos do século XX a través do neno canteiro que chega a xeneral de tres exércitos.

CIENFUEGOS
2008 | 16’ | Galego
Vai de: Dupla viaxe, a que realiza a cineasta cubana Belkis ao lugar onde naceu miña nai e o devalo de min propia polos vestixios cubanos que rodearon a mamá.

Correspondencias

CORRESPONDENCIAS

Sábado 21 | 13.30 h. | Baixo de Carlos
Capacidade: 75 persoas

O público poderá participar nun coloquio con Eloy Domínguez e con Samuel Moreno.
Estará con nós no Baixo de Carlos Eloy Domínguez Serén e, por videochamada desde Colombia, tamén Samuel Moreno.

O Festival de Cans inaugurou a pasada edición esta sección con clara vocación internacional e co obxectivo posto en tender pontes entre cineastas españois e latinoamericanos. Como fixo o cine epistolar entre Galicia e América da década de 1950 damos visibilidade a cartas filmadas de ida e volta entre realizadores de diversos países.

Nesta edición proxectaremos a segunda parte da correspondencia fílmica cruzada entre o galego Eloy Domínguez e o colombiano Samuel Moreno. O ano pasado o público puido ver as primeiras cartas, nas que os autores reflexionan sobre o feito de filmar e de se comunicar a través da cámara. Meses despois, a pandemia e os confinamentos obrigáronnos a pensar a vida doutro xeito; agora, o tempo semella correr de maneira diferente e o illamento fai que ambos cineastas observen a realidade máis próxima e familiar con outros ollos. Presentamos, logo, un avance en exclusiva da segunda serie desas cartas entre Galicia e Colombia, nun ano que mudou para moitos a percepción da vida e resucitou vellas pantasmas. A idea é poder concretar as filmacións nunha longametraxe documental, que se presentará nos vindeiros meses nun festival internacional.

CORRESPONDENCIA COLOMBIA-GALICIA
2021 | 26’ | España e Colombia | Castelán
Dirección, cámara e montaxe: Eloy Domínguez e Samuel Moreno Álvarez Xénero: Documental Vai de: Dous amigos e colegas cineastas manteñen unha correspondencia fílmica transoceánica entre Colombia e Galicia. Durante a presente edición do Festival de Cans poderanse ver dous fragmentos de dúas desas cartas.

Miedo al miedo

Miedo al miedo

Sábado 21 | 16 h. | Baixo de Carlos
Coa presenza da directora Menchu Esteban e a protagonista Eme DJ
Capacidade: 75 persoas
2021 | 17’ | España | Castelán

Dirección, guión e montaxe: Menchu Esteban Produción: Jaime Llamas, Menchu Esteban Fotografía: Javier de Usabel Son: Miguel Salas, Jorge Albargués Música: David Van Bylen Intérpretes: Eme DJ Xénero: Documental Vai de: Erguerse cada mañá é unha batalla para Eme DJ: o espertar dos seus demos, os mesmos que lle murmuran que non o está a facer ben dabondo, porque semella que amar a música non é suficiente.

O detalle: En 2019, durante o MTV Day de Sevilla, Menchu Esteban comezou a rodaxe desta curta, estreada tres anos despois, no Festival de Cine de esa cidade.

Retrospectiva de longametraxes de Joao Nicolau

RETROSPECTIVA DE LONGAMETRAXES DE JOAO NICOLAU

 

Retrospectiva de longametraxes de Joao Nicolau
Xoves 12 de maio | 20 h. | Centro Cultural Municipal. Entrada de balde
A espada e a rosa | 2010 | 142 min | Portugal | Portugués | Subtítulos en español
Coa presenza do director que se dirixirá ao público vía streaming.
Venres 13 de maio | 21 h. | Centro Cultural Municipal. Entrada de balde
John From | 2015 | 100 min. | Portugal | Portugués | Subtítulos en español
Sábado 14 de maio | 12 h. | Centro Cultural Municipal. Entrada de balde
Technoboss | 2019 | 113 min. | Portugal  | Portugués | Subtítulos en español

O COLOQUIO NA LEIRA CON DANIEL MONZÓN, AMPARANOIA E A ESTREA DA SERIE “RAPA” ENCABEZAN A XIX EDICIÓN DO FESTIVAL DE CANS

O Festival de Cans, que se celebra do 17 ao 21 de maio, e suma unha xornada de introdución previa no Día das Letras, volve á primavera, coas súas datas tradicionais, cos desfiles de chimpíns e cos concertos gratuítos en lugares emblemáticos como o Torreiro de Cans. Continúe lendo O COLOQUIO NA LEIRA CON DANIEL MONZÓN, AMPARANOIA E A ESTREA DA SERIE “RAPA” ENCABEZAN A XIX EDICIÓN DO FESTIVAL DE CANS