A XXII edición do Festival de Cans, pola que pasaron preto de 13.000 persoas, deixou cifras récord no relativo ao seu impacto social e económico. Continúe lendo O Festival de Cans volveu a batir récord de contratacións con 158 altas laborais
Autor: Festival Cans
O Festival de Cans pecha unha edición histórica con preto de 13.000 asistentes e unha forte carga emocional
O filme Curmán do realizador Alejandro Jato triunfa no XXII Festival de Cans con catro premios
A curta Curmán foi elixida polo xurado do Festival de Cans como gañadora na sección de Ficción. Curmán, película debut como director do ata agora actor Alejandro Jato narra dun xeito único a perda de inocencia do protagonista. Continúe lendo O filme Curmán do realizador Alejandro Jato triunfa no XXII Festival de Cans con catro premios
Tamar Novas, María Vázquez, Lucía Veiga e Nerea Barros enchen o coloquio matinal no Torreiro
Os actores Tamar Novas, María Vázquez, Lucía Veiga e Nerea Barros encheron o Torreiro de Cans no coloquio matinal no marco dos encontros que organiza a Fundación AISGE e compartiron co público anécdotas e reflexións sobre a profesión. Continúe lendo Tamar Novas, María Vázquez, Lucía Veiga e Nerea Barros enchen o coloquio matinal no Torreiro
Ángeles Huerta, Cris Iglesias e Xoan Fórneas acompañan a estrea de Antes de nós na apertura oficial do Festival de Cans
A directora Ángeles Huerta, a productora Zaza Ceballos e os actores Cris Iglesias e Xoán Fórneas conversaron esta mañá co público do Festival de Cans presentando o filme Antes de nós, sobre a vida de Castelao. Continúe lendo Ángeles Huerta, Cris Iglesias e Xoan Fórneas acompañan a estrea de Antes de nós na apertura oficial do Festival de Cans
A noite dos veciños e a sección Novas Camadas enchen Cans de emocións e talento emerxente
A segunda xornada do Festival de Cans inaugura os coloquios e encontros con profesionais que se desenvolverán ao longo de todo o certame. Continúe lendo A noite dos veciños e a sección Novas Camadas enchen Cans de emocións e talento emerxente
A homenaxe á cineasta pioneira Cruz Risco e a memoria da represión da illa de San Simón marcan o inicio do Festival de Cans
A XXII edición do Festival de Cans arrancou esta mañá coas primeiras visitas de grupos de escolares á aldea para coñecer in situ o evento, asistir a proxeccións e coa inauguración da Rúa Efémera, coa que se rende homenaxe á cineasta pioneira galega Cruz Risco.
O Festival de Cans abre o telón cunha programación marcada pola memoria histórica
A XXII edición do Festival de Cans arranca este martes nesta aldea do Porriño. A programación proxectará 120 obras, das que 40 son estreas en Galicia. Continúe lendo O Festival de Cans abre o telón cunha programación marcada pola memoria histórica
A previa de Cans arranca este sábado coa proxección do filme “Utama” de Alejandro Loayza
O Festival de Cans quenta motores cunha programación previa que mestura cinema internacional, música galega de raíz e memoria histórica. A primeira gran cita será a proxección da fermosa longametraxe Utama (2022), do director boliviano Alejandro Loayza Grisi, a súa obra debú coa que foi premiada en Sundance en 2022.
O CINEASTA DANIEL SÁNCHEZ ARÉVALO ESTARÁ NA XXII EDICIÓN DO FESTIVAL DE CANS
O FESTIVAL DE CANS TERÁ NOVE ESTREAS NA COMPETICIÓN DE FICCIÓN E ANIMACIÓN
Un total de nove estreas terá este ano a competición de Ficción e Animación do Festival de Cans, na que haberá dez obras. Catro das obras terán a súa estrea absoluta e cinco delas será a primeira vez que se poidan ver en Galicia. Continúe lendo O FESTIVAL DE CANS TERÁ NOVE ESTREAS NA COMPETICIÓN DE FICCIÓN E ANIMACIÓN
O FESTIVAL DE CANS DEDICARÁ O FOCO INTERNACIONAL AO CINEASTA BOLIVIANO ALEJANDRO LOAYZA
A XXII edición de Cans, que terá lugar do 20 ao 24 de maio nesta aldea de O Porriño, dedicará o seu Foco Internacional ao boliviano Alejandro Loayza Grisi, chamado a ser unha das grandes promesas do cinema latinoamericano, que estará presente no certame.
MONDRA MUSICARÁ EN DIRECTO NO FESTIVAL DE CANS MISS LEDYA
O cantante e músico Mondra, un dos grandes artistas galegos actuais, fará unha actuación única no Festival de Cans poñendo música en directo ao filme mudo Miss Ledya, película de 1916 que está considerada a primeira obra de ficción rodada en Galicia e na que Castelao ten un papel como actor.
Continúe lendo MONDRA MUSICARÁ EN DIRECTO NO FESTIVAL DE CANS MISS LEDYA
OITO OBRAS COMPETIRÁN NA CATEGORÍA FURACÁNS DO FESTIVAL DE CANS
Un total de oito obras estarán na sección competitiva Furacáns do Festival de Cans, a sección destinada ás curtas de non ficción e a traballos que exploran vías narrativas de maior risco, que terá lugar o sábado 24 de maio.
Continúe lendo OITO OBRAS COMPETIRÁN NA CATEGORÍA FURACÁNS DO FESTIVAL DE CANS
BIZNAGA E SANTERO Y LOS MUCHACHOS ESTARÁN NA NOVA EDICIÓN DO FESTIVAL DE CANS
O Festival de Cans, que se celebrará entre o 20 e o 24 de maio, contará nesta edición con máis de vinte actuacións musicais, programando as principais para o venres 23 e sábado 24 de maio no Espazo Estrella Galicia da Leira do Río, o gran epicentro musical e, o Torreiro, lugar emblemático da aldea. Continúe lendo BIZNAGA E SANTERO Y LOS MUCHACHOS ESTARÁN NA NOVA EDICIÓN DO FESTIVAL DE CANS
ANTES DE NÓS, O FILME DE ÁNGELES HUERTA SOBRE CASTELAO, ABRIRÁ O XXII FESTIVAL DE CANS
A película Antes de nós, dirixida por Ángeles Huerta, será o filme de apertura da XXII edición do Festival de Cans, que este ano celébrase entre o 20 e o 24 de maio. Continúe lendo ANTES DE NÓS, O FILME DE ÁNGELES HUERTA SOBRE CASTELAO, ABRIRÁ O XXII FESTIVAL DE CANS
A VI edición do Concurso “Pintar o Cine” presentará importantes novidades
O Festival de Cans abre o prazo de inscrición para todas aquelas persoas que queiran participar no VI concurso de pintura “Pintar o Cine”.
Continúe lendo A VI edición do Concurso “Pintar o Cine” presentará importantes novidades
O FESTIVAL DE CANS PROMOVERÁ UN DOCUMENTAL SOBRE OS 70 ANOS DO TRÁXICO ACCIDENTE DE AUTOBUS QUE MARCOU A ALDEA
O Festival de Cans, cuxa XXII edición terá lugar do 20 ao 24 de maio nesta aldea de O Porriño, estreará este ano un documental sobre os 70 anos do tráxico accidente que marcou a toda unha xeración. Continúe lendo O FESTIVAL DE CANS PROMOVERÁ UN DOCUMENTAL SOBRE OS 70 ANOS DO TRÁXICO ACCIDENTE DE AUTOBUS QUE MARCOU A ALDEA
O DIRECTOR ALFONSO ZARAUZA RECIBIRÁ O PREMIO PEDIGREE DE HONOR NA XXII EDICIÓN DO FESTIVAL DE CANS
O Festival de Cans, que celebrará a súa XXII edición na aldea de O Porriño, entre o 20 e o 24 de maio, acordou conceder o seu Premio Pedigree de Honor ao cineasta e productor Alfonso Zarauza, coincidindo coa celebración dos seus 30 anos adicado ao audiovisual.
O FESTIVAL DE CANS VOLVE A REBASAR A CIFRA DE 200 OBRAS INSCRITAS NA SÚA XXII EDICIÓN
Palmarés
CANS, DE NOVO ENTRE OS REFERENTES CULTURAIS DE GALICIA
O Festival de Cans, que celebrará a súa vixésima segunda edición do 20 ao 24 do vindeiro mes de maio, foi seleccionado como unha das grandes insignias culturais de Galicia en 2024. Continúe lendo CANS, DE NOVO ENTRE OS REFERENTES CULTURAIS DE GALICIA
O FESTIVAL DE CANS E A ESCRITORA IRIA MISA ÚNENSE NUN PROXECTO LITERARIO ARREDOR DO CINE
O Festival de Cans, cuxa XXII edición terá lugar entre o 20 e 24 de maio, estreará nesta edición un novo roteiro cinéfilo-literario pola aldea. Este roteiro parte dun novo libro da recoñecida escritora de literatura xuvenil Iria Misa Continúe lendo O FESTIVAL DE CANS E A ESCRITORA IRIA MISA ÚNENSE NUN PROXECTO LITERARIO ARREDOR DO CINE
FALECE A SEÑORA ALICIA, ICONA DO FESTIVAL DE CANS
O Festival de Cans anunciou este martes nas súas redes o falecemento de Alicia Sánchez, unha das veciñas máis emblemáticas da aldea. Alicia Sánchez faleceu en Santiago de Compostela un día antes de cumprir 97 anos. Continúe lendo FALECE A SEÑORA ALICIA, ICONA DO FESTIVAL DE CANS
O FESTIVAL DE CANS ABRE A SÚA CONVOCATORIA E AUMENTARÁ A DOTACIÓN ECONÓMICA EN PREMIOS ATA OS 13.000 EUROS
O Festival de Cans, que celebrará a súa XXII edición do 20 ao 24 de maio de 2025, abre este xoves o prazo de inscrición de obras para a súa competición oficial. Entre as novidades desta competición estará o aumento da dotación económica en varios dos premios ata chegar a cerca dos 13.000 euros.
O FESTIVAL DE CANS ENTREGA AS CESTAS DE NADAL DE GADIS ÁS VECIÑAS E VECIÑOS DA ALDEA
O Festival de Cans entregou estes días as tradicionais cestas de Nadal, coa colaboración do noso fiel patrocinador, Gadis. Unha cesta repleta de produtos navideños que chegou a vinte veciñas e veciños de Cans que colaboran prestando as súas casas para que nelas se poida desenvolver o certame.
Continúe lendo O FESTIVAL DE CANS ENTREGA AS CESTAS DE NADAL DE GADIS ÁS VECIÑAS E VECIÑOS DA ALDEA
CINEMALDEA COMEZA ESTA FIN DE SEMANA PARA LEVAR AS CURTAS DO FESTIVAL DE CANS ÁS ALDEAS DO RURAL
O Concello do Porriño acolleu esta mañá a presentación da cuarta edición de Cinemaldea, a iniciativa que o propio concello e o Festival de Cans promoven, para achegar as curtas premiadas en Cans ás zonas rurais do municipio, ao longo das fins de semana do mes de novembro. Continúe lendo CINEMALDEA COMEZA ESTA FIN DE SEMANA PARA LEVAR AS CURTAS DO FESTIVAL DE CANS ÁS ALDEAS DO RURAL
O FESTIVAL DE CANS E A CADEA TRAZOS ENTREGAN VALES DE 25 EUROS EN MATERIAL ESCOLAR ÁS NENAS E NENOS DA ALDEA QUE COLABORAN CO CERTAME
O Festival de Cans e a cadea de papelarías Trazos fixeron entrega dun vale de 25 euros en material escolar a cada un dos vinte nenos e nenas que participaron como Guías dos Camiños na última edición do festival. Continúe lendo O FESTIVAL DE CANS E A CADEA TRAZOS ENTREGAN VALES DE 25 EUROS EN MATERIAL ESCOLAR ÁS NENAS E NENOS DA ALDEA QUE COLABORAN CO CERTAME
AS CURTAS PREMIADAS NO FESTIVAL DE CANS PROXÉCTANSE ESTE SÁBADO EN MONDARIZ-BALNEARIO
A Sala de Cultura do Concello de Mondariz- Balneario acollerá este sábado 28 de setembro ás 20,00 horas o ciclo Cinemaldea Itinerante, que o Festival de Cans promove co ánimo de visibilizar en zonas rurais e pequenos concellos unha selección de curtas premiadas na última edición do certame. Continúe lendo AS CURTAS PREMIADAS NO FESTIVAL DE CANS PROXÉCTANSE ESTE SÁBADO EN MONDARIZ-BALNEARIO
O FESTIVAL DE CANS CREA A “ASEMBLEA DE NENOS”
O Festival de Cans continúa afondando ao longo do ano na idea da participación da comunidade local, intentando tecer unha rede de recollida de propostas que inclúa desde as persoas de maior idade ata nenas e menos. Continúe lendo O FESTIVAL DE CANS CREA A “ASEMBLEA DE NENOS”