Lembrade que o Festival de Cans abrirá este xoves 11 de maio ás 10h00 o segundo prazo de venda de entradas que dan acceso á proxección da sección oficial de curtametraxes a concurso do sábado 27 de maio. Continúe lendo Segundo prazo de venda de entradas
Autor: Festival Cans
Montxo Armendáriz, a conmemoración dos 15 anos da catástrofe do Prestige e Corizonas, protagonistas desta edición do Festival de Cans
DESCARGA AQUÍ O DOSSIER COMPLETO CON TODA A PROGRAMACIÓN
O Festival de Cans chega nesta 14ª edición reforzando eixos fundamenteis da súa programación ao potenciar a liña dos coloquios e encontros e abríndose a outras discilplinas como a gastronomía, as artes plásticas ou a literatura Continúe lendo Montxo Armendáriz, a conmemoración dos 15 anos da catástrofe do Prestige e Corizonas, protagonistas desta edición do Festival de Cans
Cans reordena a súa programación dándolle unha nova dimensión ao xoves do Festival
O Festival de Cans reforzará nesta edición a súa programación para o xoves 25 de maio, no que terá lugar o habitual concurso de videoclips da Noite Gía, convertíndoo nunha xornada na que convivirán o audiovisual, a música, a gastronomía, a literatura e as artes plásticas con actividade dende a mañá ata a noite. Continúe lendo Cans reordena a súa programación dándolle unha nova dimensión ao xoves do Festival
A música de Uxía e o histórico grupo Radio Océano encherán o Jaliñeiro do Festival de Cans
O Festival de Cans fusionará, como xa é habitual, o audiovisual coa música na zona do Jaliñeiro e o Espazo Multiusos na tarde do sábado 27 de maio, día grande do Festival. Continúe lendo A música de Uxía e o histórico grupo Radio Océano encherán o Jaliñeiro do Festival de Cans
Venda das primeiras 600 entradas
Mañá martes 25 de abril a partir das 10h00 poñeranse á venda online as primeiras 600 entradas do Festival de Cans, que dan acceso á proxección da sección oficial de curtametraxes a concurso do sábado 27 de maio, 250 delas para a sesión matinal e 350 para a sesión de tarde Continúe lendo Venda das primeiras 600 entradas
“A historia dun satélite”, das Also Sisters, será o filme de apertura do Festival de Cans
O Festival de Cans acollerá a estrea mundial de A historia dun satélite, unha longametraxe dirixida polas irmás Sonia e Miriam Albert-Sobrino, coñecidas como as Also Sisters. Continúe lendo “A historia dun satélite”, das Also Sisters, será o filme de apertura do Festival de Cans
León Benavente e Eladio y los Seres Queridos actuarán no Espazo Mahou do Festival de Cans
O apoio de Mahou na parte musical está sendo clave para levar a cabo o festival nesta edición, na que se segue á espera dunha solución por parte da Agadic. Continúe lendo León Benavente e Eladio y los Seres Queridos actuarán no Espazo Mahou do Festival de Cans
O Festival de Cans segue adiante e abre a convocatoria da Can Parade
O Festival intenta continuar o seu traballo para reordenar a súa programación e convoca unha nova edición da Can Parade, que este ano se desenvolverá na Praza do Concello.
Continúe lendo O Festival de Cans segue adiante e abre a convocatoria da Can Parade
Chimpín de Prata 2017: Feliciano Bernárdez “Xano”
Cada ano, o Festival de Cans concede tamén un Chimpín de Prata aos veciños e veciñas que participan activamente na súa celebración. Nesta edición, o Chimpín de Prata irá a parar ás mans de Feliciano Bernárdez “Xano”, o chimpineiro máis veterano do Festival de Cans con 77 anos.
Continúe lendo Chimpín de Prata 2017: Feliciano Bernárdez “Xano”
Chimpín de Prata “Premio Pepe Puime” 2017: Jorge Coira
O Festival de Cans quere dar as grazas cun dos premios Pepe Puime a unha personalidade relevante que destaque polo seu compromiso e apoio ás súas iniciativas.
Continúe lendo Chimpín de Prata “Premio Pepe Puime” 2017: Jorge Coira
Premio Pedigree 2017: Miguel de Lira
Case sen darnos de conta, toda unha xeneración de actores e actrices de Galicia superou os cincuenta anos de idade e xa levan máis de tres décadas instalados na nosa iconografía popular. Miguel de Lira é un deses intérpretes que medraron ao mesmo tempo que o foi facendo audiovisual propio de Galicia.
Continúe lendo Premio Pedigree 2017: Miguel de Lira
Miguel de Lira, Jorge Coira e Feliciano Bernárdez “Xano” serán os homenaxeados do Festival de Cans
Miguel de Lira recibirá o Premio Pedigree 2017 polo seu compromiso coa sociedade, a cultura do país e por ser imprescindible no panorama audiovisual galego actual. Os Chimpíns de Prata “Premio Pepe Puime” deste ano son para o director, guionista e montador Jorge Coira e o veciño Feliciano Bernárdez “Xano”, chimpineiro de maior idade do festival con 77 anos.
Continúe lendo Miguel de Lira, Jorge Coira e Feliciano Bernárdez “Xano” serán os homenaxeados do Festival de Cans
Un ano máis bátese o récord de curtas inscritas no Festival de Cans
O Festival de Cans bate un ano máis o seu récord de curtas inscritas, pois recibiu na súa convocatoria para as seccións oficiais a concurso un total de 235 producións galegas, o que supón case un 10% de incremento con respecto á edición anterior, na que chegaran 215 traballos. Continúe lendo Un ano máis bátese o récord de curtas inscritas no Festival de Cans
Nova edición do curso de gravación, edición e montaxe
O Festival de Cans volve estimular ás súas veciñas e veciños para que se lancen de pleno ao sector audiovisual ofrecendo unha nova edición do seu curso de gravación edición e montaxe impartido polo realizador Juanma Lodo. Continúe lendo Nova edición do curso de gravación, edición e montaxe
O Festival de Cans ocupa a sexta posición como iniciativa cultural máis destacada de Galicia
O Festival de Cans ocupa a sexta posición como iniciativa cultural máis destacada de Galicia segundo un estudo levado a cabo pola Fundación Contemporánea Continúe lendo O Festival de Cans ocupa a sexta posición como iniciativa cultural máis destacada de Galicia
O Festival de Cans busca patrocinios para os jalpóns
Aínda cos múltiples recoñecementos e o interese que esperta o festival, continúa sendo complexo completar toda a financiación para poder levalo a cabo. Continúe lendo O Festival de Cans busca patrocinios para os jalpóns
Aberto prazo de inscrición para Cans 2017
O Festival de Cans é un evento destinado a promover o talento das novas e novos creadores. Ata o domingo 5 de marzo estará aberto o prazo para enviar curtametraxes e videoclips Continúe lendo Aberto prazo de inscrición para Cans 2017
Gadis sempre chega a Cans polo Nadal!!!
Onte recibimos en Cans a visita do noso patrocinador Gadis, representado por Pablo Louro, delegado da empresa na provincia de Pontevedra. Continúe lendo Gadis sempre chega a Cans polo Nadal!!!
O Festival de Cans 2017 terá lugar do 24 ó 27 de maio
A Asociación Arela, organizadora do Festival de Cans, xa decidiu as datas do evento na súa XIV edición que terá lugar do mércores 24 ó sábado 27 de maio, último fin de semana dese mes. Continúe lendo O Festival de Cans 2017 terá lugar do 24 ó 27 de maio
Tía Tata acolle a presentación do libro “Cans” de Carlos Meixide
O escritor Carlos Meixide estará mañá xoves 15 na tenda Tía Tata do Porriño, para presentar o seu último libro Cans, cuxa trama está centrada arredor do Festival de Cans. Continúe lendo Tía Tata acolle a presentación do libro “Cans” de Carlos Meixide
O FESTIVAL DE CANS ESTARÁ PRESENTE NO CULTURGAL 2016
O Festival de Cans estará presente na vindeira edición do Culturgal que terá lugar en Pontevedra entre o venres 2 e o domingo 4 de decembro. Continúe lendo O FESTIVAL DE CANS ESTARÁ PRESENTE NO CULTURGAL 2016
“CANS”, A NOVA NOVELA DO ESCRITOR CARLOS MEIXIDE
O Festival de Cans xa ten libro! O autor Carlos Meixide ven de publicar “Cans”, a súa última obra narrativa, que é a continuación do seu exitoso libro “Ons”, que vai xa pola súa terceira edición. Continúe lendo “CANS”, A NOVA NOVELA DO ESCRITOR CARLOS MEIXIDE
Palmarés de Cans 2016
O xurado da XIII edición do Festival de Cans, formado por Dani de la Torre, Belén Constenla, Manuel Jabois, Helena Miquel, Nacho Castaño e Ana Cermeño, acordou, despois do visionado das curtametraxes a concurso e a deliberación, outorgar os seguintes premios: Continúe lendo Palmarés de Cans 2016
Las Altas Presiones
Este domingo 23 arranca por segundo ano o ciclo de cine CANS TODO O ANO, que organizan o Festival de Cans, a Sala Ingrávida de O Porriño e o cineclube Rebobina conxuntamente.
O primeiro filme que teremos o honor de proxectar será Las Altas Presiones, de Angel Santos, que nos acompañará na Sala Ingrávida.
Las Altas Presiones é un filme de interiores, de persoas que naceron sen saber moi ben cal é a súa función na vida, que se foron perdendo no camiño. É unha mirada moi profunda ata as miserias do ser humano, dunha forma intimista, que contrasta coas incribles paisaxes rodadas en Galicia.
O filme proxectarase ás 19,00 horas e a entrada custa 3,5 euros.
Atención que só hai 50 butacas disponibles! Convén reservar no facebook da sala ou no teléfono 986 331622.
Proxección das obras gañadoras
Última oportunidade para ver as curtametraxes gañadoras nesta edición do Festival de Cans! O venres 27 de maio proxectaranse na Sala Ingrávida do Porriño (calle Pérez Leirós,3) as curtas e videoclips gañadores nesta XIII edición. Contarase coa presenza de varios realizadores que comentarán co público as súas pezas audiovisuais. Continúe lendo Proxección das obras gañadoras
Música pangalaica e os campións do punk
No apartado musical hoxe celebraremos os 25 anos da Arroutada Pangalaica dos Diplomáticos de Montealto, que se estrearon precisamente no Porriño. Agora pechan un ciclo cun concerto especial no que subirán ao escenario unha morea de amigos. Continúe lendo Música pangalaica e os campións do punk
Actividades para nenas e nenos festivaleiros
Os máis pequenos tamén teñen hoxe dende ben cedo actividades para escoller no Festival de Cans. O parque do río estará en funcionamento todo o día con xogos tradicionais e xantares con menús infantís a prezos económicos. Pola mañá poderán asistir á proxección da longametraxe de animación Maimiño, de Ernestro Padrón, unha produción de Ficción Producciones e o Instituto de Cine Cubano.
Alecrín Monicreques poñerá en escena tres historias de amizade, unha delas localizada en Cans e todas elas cheas de personaxes que buscan a felicidade. De novo haberá escolma de curtametraxes de animación na Caixa de Mistos, que este ano propón tamén un obradoiro de filmes para nenos. E o Trío Acivro, un pai e os seus dous fillos, ofrecerán unha actuación didáctica e informal, con música clásica, de bandas sonoras inspirada no penedo do Beethoven ou Pianista de Cans.
Lembrade que tanto os monicreques como a actuación do Trío Acivro requiren entrada, cun custe de 3€, e que estarán á venda nos respectivos espazos de cada actividade: o Baixo de Carlos e o Cuberto de Pato.
Consultade toda a información do MiniCans aquí.
Dalle caña ás curtametraxes
Repasamos o programa de mañá, día grande do festival. En total este ano participan 18 curtametraxes na sección oficial a concurso, que nos demostran a fecunda realidade do noso audiovisual. Recuperamos a sección de animación e descubrimos unha canteira de directores e directoras que crean desde o éxodo en Bruxelas, Londres ou Lisboa. Por primeira vez haberá un encontro con todos eles na Leira de Alicia-Espazo Mahou. É o Dalle Caña, un coloquio cun formato informal no que presentarán a súas producións e debaterán sobre a aventura de iniciarse no audiovisual.
Nun dos espazos de programación paralela do certame, o Jalpón de Alicia, inauguramos sección: “Retratos de Familia”. Nela recóllense as obras dunha serie de creadores e creadoras novos que afondan no entrono familiar para crear unha cinematografía non convencional, experimental, arriscada e con moita dor persoal.
Alí mesmo presentarase o novo videoclip dos Diplomáticos de Montealto, “A Rabaleira”, dirixido por Pulpiño Viascón; o documental Joao Tomba, el regreso, de Alberto S. Lozano e que relata a estraña historia deste mítico músico e os seus vínculos co rockeiro vigués Indy Tumbita; e catro pezas inéditas dos grupos da Compostela Yeyé dos 50-60, recuperadas por Alfonso Espiño.
O día grande máis multidisciplinar
Podemos afirmar que a de 2016 é a edición máis multidisciplinar da historia do certame e, no día grande, mañá sábado 21 de maio, ademais de cinema e música teremos actividades dedicadas á danza contemporánea, a videoperformance, a gastronomía, o humor gráfico ou a literatura.
A bailarina Janet Novás e a música Mercedes Peón estrearán un novo espazo do festival, o Jaliñeiro Area, co seu espectáculo “Falar”. Compartirán esta gran xaula, creada no seu día para a cría de aves, co público facendo unha intervención de música e corpo pensada para espazos insólitos.
Se a nosa canción oficial se converteu xa no hit da primavera, podemos avanzar tamén que teremos novela oficial. O escritor e xornalista Carlos Meixide, que protagoniza a nosa sección Miradas de Cans, presentará na Sala Multiusos Cans, a segunda entrega da súa saga de literatura xuvenil, que promete ser un bombazo e que está localizada na nosa aldea. Neste mesmo espazo veremos as videocreacións do grupo Cintaadhesiva, realizadas por Area Erina; a curtametraxe documental“Cadencia”, de Virginia Rota e protagonizada por Janet Novás; e o documental O equilibrio dos opostos, de Alberto Baamonde, que relata as peripecias do cociñeiro Javier Olleros para manter en pé o seu restaurante Culler de Pau. Relacionada con esta última proxección e inaugurando tamén novo espazo, a Cociña da Señora Esther, Olleros liderará a acción gastronómica desta edición, presentando a sobremesa que deseñou especificamente para o festival. Unha auténtica delicatessen canina!
Consultade o programa completo do sábado neste enlace.
“Buscando a superfama”, mellor viedeoclip
O xurado dos videoclips da XIII edición do Festival de Cans, formado por Déborah Vukusic, Pablo González Batista, Teresa Cuíñas e Amaro Ferreiro, acordou outorgarlle o Premio ao Mellor Videoclip a “Buscando a superfama” de Heredeiros da Crus, dirixido por Olga Osorio, por ser un videoclip no que imaxe e música dialogan en igualdade de condicións, por ser unha peza que amplifica unha canción moi pegadiza e reflicte moi ben o seu contido, por representar á perfección ao grupo e o seu espírito, e por mostrar un gran equilibrio entre medios de produción e creatividade.
O xurado quixo facer tamén unha mención especial ao videoclip “El último esfuerzo” de Manos de Topo, dirixido por Alejandro Marzoa, por transgredir as fronteiras do videoclip e convertelo nunha curtametraxe, por ser técnicamente impecable e pola súa capacidade para facer unha parodia do grupo que alcanza a outras formacións musicais coas que Manos de Topo adoita compartir escenarios.
Esta noite coñeceremos tamén o mellor viedeoclip e a mellor obra da Can Parade segundo o criterio do público.
Dúas novas estrelas no Torreiro de Cans
Durante a xornada de hoxe, dúas personalidades relevantes do noso cinema deixarán a súa pegada no Torreiro dás Estrelas. Farano nunha placa cunha estrela que, desde hoxe, levará o seu nome no firmamento de Cans.
Trátase do actor Quique San Francisco, quen conta con máis de 60 producións ás súas costas traballando con algúns dos mellores directores do cinema español, tales como José Luis Cuerda, Adolfo Aristarain, Luis García Berlanga, Imanol Uribe, Manuel Gutiérrez Aragón ou Álex da Igrexa. Está especialmente sinalado pola participación no denominado “cinema quinqui” de finais dos 70 e principios dos 80, deixando a súa pegada no xénero en películas como Colegas, Navajeros ou El pico. Nos últimos anos a súa cara sóanos pola de personaxes en series de televisión como Cuéntame como pasó ou Gym Tony e polas súas intervencións en El club de la comedia.
Tras a súa participación na dobraxe de Psiconautas, o actor acudiu a Cans para acompañar a Pedro Rivero na presentación da película e deixará a súa pegada no Torreiro das Estrelas hoxe ás 13.30h.
Á noitiña, Keka Losada, presidenta da Asociación Cultural Arela, conducirá a noite das homenaxes, un espazo no que queremos recoñecer o traballo das nosas creadoras e creadores máis destacados. Será entón cando Emma Lustres recibirá o Premio Pedigree’16 polo seu traballo á fronte de Vaca Films, na que cultivou grandes éxitos para as súas producións. É o caso de películas como O Descoñecido, de Dani da Torre (Premios Goya á mellor montaxe e mellor son, con oito nomeamentos en total e que acaba de recibir 12 Mestre Mateo, con 15 nomeamentos en total) e Cela 211, de Daniel Monzón (oito Premios Goya, entre eles o de mellor película e mellor actor para Luís Tosar). Tamén contribuíu a visibilizar a numerosos profesionais galegos, tanto directores, como técnicos, actrices e actores e, principalmente, a novos realizadores. Por todo iso, o seu nome e as súas “poutas” quedarán gravados desde hoxe no noso pequeno-gran paseo da fama.
Pero os recoñecementos non quedan aí. Durante a noite das homenaxes, entregaremos os nosos Chimpíns de Prata a dous veciños que son fundamentais para que o Festival se poida levar a cabo, Chelo Fortes e Manuel Cid, así como a Xurxo Souto, que coa súa personalidade irresistible cada ano destaca os lances que teñen lugar en Cans, unindo arte, espectáculo e a vida na nosa singular aldea.