Queres patrocinar?

A continuación vos detallamos as distintas opcións de colaboracións co Festival de Cans e a visibilidade que lles reportaría á vosa marca, empresa ou proxecto.

Para informarse dos prezos e condicións económicas, enviar correo a patrocina@festivaldecans.com.

OPCIÓN 1. Como marca patrocinadora.

1) Proxección múltiple dun spot da marca de 20 segundos (aprox.) antes dos momentos centrais do festival: o xoves antes da película de estrea e o venres e o sábado no Torreiro.

> Impacto aproximado de chegada: 6.500 persoas.

2) Lona visible da marca (en función da achega) na zona do Torreiro, epicentro do certame.

> Impacto aproximado de chegada: 8.000 persoas.

3) O logotipo da marca aparecerá baixo o epígrafe “Patrocinan” antes das proxeccións nas salas, na lona central, na cartelería, no programa de man,  no xornal oficial,  na web e nas redes sociais (máis de 40.000 seguidores).

4) Dereito a entregar un dos galardóns do festival durante a cerimonia de clausura.

5) Entradas para acceder ás salas.

6) Packs completos de merchandising, invitacións (a convir) para asistir á comida oficial do festival e disposición dunha habitación dobre para pasar a fin de semana.

OPCIÓN 2. Como marca colaboradora.

1) O logotipo da marca aparecerá baixo o epígrafe “Apoian” na lona central, na cartelería, no programa de man, no xornal oficial,  na web e nas redes sociais (máis de 40.000 seguidores).

2) Proxección dun anuncio de marca de 20 segundos (aprox.) antes dos momentos centrais do festival (VER OPCIÓN 3).

3) Presenza puntual a través dun soporte a convir en diferentes espazos do festival (o Jaliñeiro, o Cans Voulevar, o Parque do río, etc.).

* Posibilidade de protagonizar en exclusiva eses espazos segundo a achega económica.

4) Dous packs completos de merchandising, dúas invitacións para asistir á comida oficial do festival e dúas entradas para acceder ás salas.

OPCIÓN 3. Pantalla xigante no Torreiro.

Spot publicitario ou logotipo nos horarios de máxima afluencia no Torreiro:

– Venres: previa da noite dos Homenaxes e previa + concerto da noite.

> Impacto aproximado de chegada: 2.500 persoas.

– Sábado: sesión vermú, chegada do Desfile de Chimpíns, previa + concerto de tarde, previa da cerimonia de Entrega de Premios e previa + concerto de peche do festival.

> Impacto aproximado de chegada: 4.000 persoas.

OPCIÓN 4. Apadriñando / Amadriñando un jalpón.

1) O logotipo da marca aparecerá baixo o epígrafe “Apadriñan” na lona central, na cartelería, no programa de man, no xornal oficial na web.

2) Comunicación do apadriñamento / amadriñamento nas redes sociais do festival (máis de 40.000 seguidores).

3) Proxección de spot publicitario (máximo de 20 segundos) para proxectar antes das curtametraxes na sala apadriñada.

4) Soporte publicitario ca marca na entrada do jalpón que decidas apadriñar.

5) Pack de merchandising e dúas entradas para as proxeccións das curtametraxes.

* Hai dous tipos de jalpóns (distintos prezos): o Estándar, no que se proxectan as curtametraxes, e o Premium, no que ademais se desenvolven outro tipo de actividades en distintos días do certame.

OPCIÓN 5. No CanZine, xornal oficial.

Inserción de publicidade dende un módulo ata unha páxina enteira (diferentes prezos).

Distribúense 2.500 exemplares durante os catro días que dura o certame.

> Impacto aproximado de chegada: 10.000 persoas.

* Consultar prezos e medidas dos anuncios.