
“A historia dun satélite”, das Also Sisters, será o filme de apertura do Festival de Cans
19/04/2017O Festival de Cans acollerá a estrea mundial de A historia dun satélite, unha longametraxe dirixida polas irmás Sonia e Miriam Albert-Sobrino, coñecidas como as Also Sisters.

León Benavente e Eladio y los Seres Queridos actuarán no Espazo Mahou do Festival de Cans
05/04/2017O apoio de Mahou na parte musical está sendo clave para levar a cabo o festival nesta edición, na que se segue á espera dunha solución por parte da Agadic.

O Festival de Cans segue adiante e abre a convocatoria da Can Parade
30/03/2017O Festival intenta continuar o seu traballo para reordenar a súa programación e convoca unha nova edición da Can Parade, que este ano se desenvolverá na Praza do Concello.

Chimpín de Prata 2017: Feliciano Bernárdez “Xano”
17/03/2017Cada ano, o Festival de Cans concede tamén un Chimpín de Prata aos veciños e veciñas que participan activamente na súa celebración. Nesta edición, o Chimpín de Prata irá a parar ás mans de Feliciano Bernárdez “Xano”, o chimpineiro máis veterano do Festival de Cans con 77 anos.

Chimpín de Prata “Premio Pepe Puime” 2017: Jorge Coira
16/03/2017O Festival de Cans quere dar as grazas cun dos premios Pepe Puime a unha personalidade relevante que destaque polo seu compromiso e apoio ás súas iniciativas.

Premio Pedigree 2017: Miguel de Lira
15/03/2017Case sen darnos de conta, toda unha xeneración de actores e actrices de Galicia superou os cincuenta anos de idade e xa levan máis de tres décadas instalados na nosa iconografía popular. Miguel de Lira é un deses intérpretes que medraron ao mesmo tempo que o foi facendo audiovisual propio de Galicia.

Miguel de Lira, Jorge Coira e Feliciano Bernárdez “Xano” serán os homenaxeados do Festival de Cans
14/03/2017Miguel de Lira recibirá o Premio Pedigree 2017 polo seu compromiso coa sociedade, a cultura do país e por ser imprescindible no panorama audiovisual galego actual. Os Chimpíns de Prata “Premio Pepe Puime” deste ano son para o director, guionista e montador Jorge Coira e o veciño Feliciano Bernárdez “Xano”, chimpineiro de maior idade do festival

Un ano máis bátese o récord de curtas inscritas no Festival de Cans
07/03/2017O Festival de Cans bate un ano máis o seu récord de curtas inscritas, pois recibiu na súa convocatoria para as seccións oficiais a concurso un total de 235 producións galegas, o que supón case un 10% de incremento con respecto á edición anterior, na que chegaran 215 traballos.

Nova edición do curso de gravación, edición e montaxe
23/02/2017O Festival de Cans volve estimular ás súas veciñas e veciños para que se lancen de pleno ao sector audiovisual ofrecendo unha nova edición do seu curso de gravación edición e montaxe impartido polo realizador Juanma Lodo.

O Festival de Cans ocupa a sexta posición como iniciativa cultural máis destacada de Galicia
09/02/2017O Festival de Cans ocupa a sexta posición como iniciativa cultural máis destacada de Galicia segundo un estudo levado a cabo pola Fundación Contemporánea

O Festival de Cans busca patrocinios para os jalpóns
Aínda cos múltiples recoñecementos e o interese que esperta o festival, continúa sendo complexo completar toda a financiación para poder levalo a cabo.

Aberto prazo de inscrición para Cans 2017
10/01/2017O Festival de Cans é un evento destinado a promover o talento das novas e novos creadores. Ata o domingo 5 de marzo estará aberto o prazo para enviar curtametraxes e videoclips

Gadis sempre chega a Cans polo Nadal!!!
22/12/2016Onte recibimos en Cans a visita do noso patrocinador Gadis, representado por Pablo Louro, delegado da empresa na provincia de Pontevedra.

O Festival de Cans 2017 terá lugar do 24 ó 27 de maio
14/12/2016A Asociación Arela, organizadora do Festival de Cans, xa decidiu as datas do evento na súa XIV edición que terá lugar do mércores 24 ó sábado 27 de maio, último fin de semana dese mes.

Tía Tata acolle a presentación do libro “Cans” de Carlos Meixide
O escritor Carlos Meixide estará mañá xoves 15 na tenda Tía Tata do Porriño, para presentar o seu último libro Cans, cuxa trama está centrada arredor do Festival de Cans.

O FESTIVAL DE CANS ESTARÁ PRESENTE NO CULTURGAL 2016
23/11/2016O Festival de Cans estará presente na vindeira edición do Culturgal que terá lugar en Pontevedra entre o venres 2 e o domingo 4 de decembro.

“CANS”, A NOVA NOVELA DO ESCRITOR CARLOS MEIXIDE
O Festival de Cans xa ten libro! O autor Carlos Meixide ven de publicar “Cans”, a súa última obra narrativa, que é a continuación do seu exitoso libro “Ons”, que vai xa pola súa terceira edición.

Palmarés de Cans 2016
21/11/2016O xurado da XIII edición do Festival de Cans, formado por Dani de la Torre, Belén Constenla, Manuel Jabois, Helena Miquel, Nacho Castaño e Ana Cermeño, acordou, despois do visionado das curtametraxes a concurso e a deliberación, outorgar os seguintes premios:

Las Altas Presiones
21/10/2016Este domingo 23 arranca por segundo ano o ciclo de cine CANS TODO O ANO, que organizan o Festival de Cans, a Sala Ingrávida de O Porriño e o cineclube Rebobina conxuntamente. O primeiro filme que teremos o honor de proxectar será Las Altas Presiones, de Angel Santos, que nos acompañará na Sala Ingrávida. Las

Proxección das obras gañadoras
25/05/2016Última oportunidade para ver as curtametraxes gañadoras nesta edición do Festival de Cans! O venres 27 de maio proxectaranse na Sala Ingrávida do Porriño (calle Pérez Leirós,3) as curtas e videoclips gañadores nesta XIII edición. Contarase coa presenza de varios realizadores que comentarán co público as súas pezas audiovisuais.

Música pangalaica e os campións do punk
21/05/2016No apartado musical hoxe celebraremos os 25 anos da Arroutada Pangalaica dos Diplomáticos de Montealto, que se estrearon precisamente no Porriño. Agora pechan un ciclo cun concerto especial no que subirán ao escenario unha morea de amigos.

Actividades para nenas e nenos festivaleiros
Os máis pequenos tamén teñen hoxe dende ben cedo actividades para escoller no Festival de Cans. O parque do río estará en funcionamento todo o día con xogos tradicionais e xantares con menús infantís a prezos económicos. Pola mañá poderán asistir á proxección da longametraxe de animación Maimiño, de Ernestro Padrón, unha produción de Ficción Producciones e

Dalle caña ás curtametraxes
20/05/2016Repasamos o programa de mañá, día grande do festival. En total este ano participan 18 curtametraxes na sección oficial a concurso, que nos demostran a fecunda realidade do noso audiovisual. Recuperamos a sección de animación e descubrimos unha canteira de directores e directoras que crean desde o éxodo en Bruxelas, Londres ou Lisboa. Por primeira

“Buscando a superfama”, mellor viedeoclip
O xurado dos videoclips da XIII edición do Festival de Cans, formado por Déborah Vukusic, Pablo González Batista, Teresa Cuíñas e Amaro Ferreiro, acordou outorgarlle o Premio ao Mellor Videoclip a “Buscando a superfama” de Heredeiros da Crus, dirixido por Olga Osorio, por ser un videoclip no que imaxe e música dialogan en igualdade de condicións, por ser unha peza que

Dúas novas estrelas no Torreiro de Cans
Durante a xornada de hoxe, dúas personalidades relevantes do noso cinema deixarán a súa pegada no Torreiro dás Estrelas. Farano nunha placa cunha estrela que, desde hoxe, levará o seu nome no firmamento de Cans. Trátase do actor Quique San Francisco, quen conta con máis de 60 producións ás súas costas traballando con algúns dos

Iván Ferreiro e Delafé, banda sonora do día das homenaxes
O audiovisual continúa a expandirse hoxe no Festival de Cans nunha xornada marcada pola posta en valor dos creadores e creadoras galegos. Máis como xa é habitual aquí, non todo é cinema e a parroquia anegarase tamén polas propostas musicais. Unha delas é a de Iván Ferreiro, que enche os oídos e os corazóns de milleiros

Día dos creadores e as homenaxes
19/05/2016Mañá no Festival de Cans temos unha xornada ben cargadiña de cinema dedicada ás nosas creadoras e creadores, pero tamén das ondas da radio, xa que Ángel Carmona emitirá Hoy empieza todo de Radio 3 en directo dende Cans a partir das 7h00. Durante o programa haberá un almorzo “Galicia Calidade” preparado polo barista Óscar de Toro

“Psiconautas”, unha fantasía negra de animación
Esta mañá presentouse no Círculo Recreativo e Cultural do Porriño Psiconautas, o filme de estrea de Cans 2016. Tras gañar o Premio Lurra Green Peace do Festival de San Sebastián en 2015 e, máis recentemente, o premio á Mellor Película de Animación no Golden Kuker-Sofia e o Stuttgart Film Festival, chega para proxectarse na súa

Mañá comeza o XIII Festival de Cans!
17/05/2016Mañá mércores arrinca a XIII edición do Festival de Cans na que, dende o 18 ao 21 de maio, a parroquia porriñesa se convertirá no epicentro do noso audiovisual.

CanZine: o ano dos allos
13/05/2016Volve a rúa o Canzine! O xornal oficial do Festival de Cans, dirixido por Diego Giráldez e editado por Arela, chega unha vez máis ateigado de cousas interesantes.