Última oportunidade para mercar online as entradas do Festival de Cans

A partir de hoxe, 10 de maio, ás 10h00 poderedes atopar en tenda.festivaldecans.com tamén os seguintes produtos:

 ➡ Entradas Sección Oficial: Animación e Ficción | Sesión de Mañá (175 unidades)
Obterás: Entrada + Programa de man
Prezo: 12 euros
Máximo 6 entradas por compra.
A recoller os días do festival no posto de Merchandising nas horas que aparecen nas Condicións de Compra (Venres de 20 a 23h / Sábado de 9.15 a 9.50h na entrada do Baixo de Bugarín).  

 ➡ Entradas Sección Oficial: Animación e Ficción | Sesión de Tarde (375 unidades)
Obterás: Entrada + Programa de man
Prezo: 12 euros
Máximo 6 entradas por compra.
A recoller os días do festival no posto de Merchandising nas horas que aparecen nas Condicións de Compra (Venres de 20 a 23h / Sábado de 11 a 15h)


ACTIVIDADES INFANTÍS

 ➡ O Cinematomago (45 unidades)
Que é? Un cinematógrafo é un aparello que permite proxectar imaxes creando unha sensación de movemento, e un mago é unha persoa que ten a capacidade de conseguir cousas extraordinarias cos seus poderes sobrenaturais. O Cinematomago é ese personaxe que converte as imaxes en movemento en maxia. Todos e todas escoitamos falar nalgunha ocasión da “maxia do cine”, e neste caso a través do seu Cinematomago, o Mago Paco fará desta frase unha realidade convertendo escenas de clásicos do cine de todas as épocas nun espectáculo máxico en directo.
Prezo: 3 euros
Máximo 2 entradas por compra
A recoller dende 30 minutos antes do comezo da actividade na entrada do Cuberto de Pato.

 ➡ Therefilme (65 unidades)
Que é? O theremin é un instrumento cun aquel de maxia, xa que se controla sen tocalo, por medio da posición relativa entre as mans da persoa que o toca e a súa antena. Paulo Pascual, un dos pouquísimos thereministas de España, levará á rapazada por un breve percorrido pola relación do cinema coa música dun xeito moi divertido, musicalizando ao vivo co seu theremin diferentes secuencias de cinema de diferentes maneiras. Así, xogará coas distintas sensacións producidas a partir do tratamento do son en filmes nos que a presenza da muller xoga un importante papel.
Prezo: 3 euros
Máximo 2 entradas por compra
A recoller dende 30 minutos antes do comezo da actividade na entrada do Cuberto de Antonio.

 ➡ Polo Correo do vento (45 unidades)
Que é? Nesta actividade, nenos e nenas escoitarán un conto a medida que trazan un storyboard, xogando cos diferentes planos empregados no cine. Despois realizarán un obradoiro de debuxo da lendaria actriz galega María Casares. Este contacontos ilustrado corre a cargo de Polo Correo do Vento, colectivo especializado en actividades lúdicas dirixidas ao público máis novo, promovendo a lectura, a creatividade e a comprensión oral en galego.
Prezo: 3 euros
Máximo 2 entradas por compra
A recoller dende 30 minutos antes do comezo da actividade na entrada do Cuberto de Pato.