Este domingo día 1 de maio ás 19h00 volve o cinema á Sala Ingrávida cun novo pase do ciclo “Sen un can”. Esta vez será a quenda dun filme documental que agocha unha gran historia: “Funes, o inventor da lúa”, dirixido por Enrique Otero.
Mes: April 2016
Os Diplomáticos de Monte Alto e Novedades Carminha actuarán no día grande de Cans
Hai 25 anos os Diplomáticos de Monte Alto facían a súa primeira aparición pública no Porriño. Agora regresan de novo á zona para facernos lembrar a todos aquela “Arroutada Pangalaica”, o seu primeiro disco co que saltaron aos escenarios galegos e co que encheron o mundo do seu rock bravú. Continúe lendo Os Diplomáticos de Monte Alto e Novedades Carminha actuarán no día grande de Cans
Videoclips a concurso na Noite Gia
A Noite Gia desenvolverase a carón do Pub Chimenea (O Porriño), o xoves 19 de maio cunha actuación previa do grupo Best Boy, liderado por Ángel Sánchez e Lucas Fernández. O dúo perfílase como un dos máis interesantes do panorama galego actual Continúe lendo Videoclips a concurso na Noite Gia
Joao Tomba, o regreso
Como xa avanzamos a Leira de Alicia cobra protagonismo nesta edición coa acollida do Espazo Mahou, unha zona con carpa e escenario, pensada para a conversa tranquila onde, ademais do habitual coloquio cun ou unha cineasta e outras actividades relacionadas co audiovisual, haberá varias actuacións musicais relacionadas coas proxeccións do Jalpón de Alicia. Continúe lendo Joao Tomba, o regreso
“Mulleres da raia”
Tomade nota! Este domingo día 24 de abril ás 19h00 volve o cinema á Sala Ingrávida cun novo pase do ciclo “Sen un can” que organizamos conxuntamente. Continúe lendo “Mulleres da raia”
Máis actividade na Leira de Alicia
A Leira de Alicia, un dos espazos emblemáticos do Festival de Cans, que cada ano acolle o coloquio co director convidado da edición, pasará a ter programación continuada nos días principais do certame, o venres 20 de maio e o sábado 21. Acollerá o Espazo Mahou, empresa que confirmou a súa continuidade como principal patrocinador privado do festival por segundo ano consecutivo. Continúe lendo Máis actividade na Leira de Alicia
Rebobinando “El desconocido”
O ano pasado no Festival de Cans estreamos unha sección que era unha aventura arriscada baixo o título “Rebobinando, o filme contado” e que consistía en propoñerlle a un director que contase os segredos da súa película en tempo real, falando cun micro ao mesmo tempo que transcorría a proxección, durante os silencios do filme. Continúe lendo Rebobinando “El desconocido”
Venda das 500 primeiras entradas
Mañá martes 19 de abril a partir das 12h00 poñeranse á venda on line as primeiras 500 entradas do Festival de Cans, que dan acceso á proxección da sección oficial de curtametraxes a concurso do sábado 21 de maio, 200 delas para a sesión matinal e 300 para a sesión de tarde. Continúe lendo Venda das 500 primeiras entradas
“A viaxe dos Chévere”
Este domingo volverá a haber proxección do ciclo “Sen un Can”, que o Festival de Cans organiza en colaboración coa Sala Ingrávida e o Cineclube Ingrávido do Porriño. Será ás 19h00 co pase de A viaxe dos Chévere de Alfonso Zarauza Continúe lendo “A viaxe dos Chévere”
Un cartel para escorrentar meigallos
Esta mañá presentamos a imaxe gráfica e as camisetas do XIII Festival de Cans na tenda do Rei Zentolo en Santiago de Compostela. O deseñador da casa, Pablo Rodríguez, autor das creatividades, destacou como elemento principal desta edición número 13 a restra de allos Continúe lendo Un cartel para escorrentar meigallos
“Psiconautas”, estrea en Cans
O Festival de Cans acollerá a estrea de Psiconautas, unha longametraxe de animación pero pensada principalmente para o público adulto, dirixida por Alberto Vázquez e Pedro Rivero e que estivo no pasado Festival de San Sebastián. Continúe lendo “Psiconautas”, estrea en Cans
Delafé traerá a súa forza irresistible a Cans
Delafé, o novo proxecto de Óscar D’Aniello, será o encargado de facer o arranque musical da Noite das Homenaxes do Festival de Cans, como concerto principal no Torreiro do venres día 20 de maio. Continúe lendo Delafé traerá a súa forza irresistible a Cans
Ciclo de cinema “Sen un can”
Este domingo día 10 de abril estreamos o ciclo de cinema “Sen un can”, unha iniciativa promovida xunto coa Sala Ingrávida e o Cineclube Ingrávido do Porriño. O obxectivo é exhibir filmes de directoras e directores galegos, de baixo presuposto e darlles a visibilidade da que carecen nos circuítos convencionais de exhibición. Continúe lendo Ciclo de cinema “Sen un can”