Venda das 500 primeiras entradas

Mañá martes 19 de abril a partir das 12h00 poñeranse á venda on line as primeiras 500 entradas do Festival de Cans, que dan acceso á proxección da sección oficial de curtametraxes a concurso do sábado 21 de maio, 200 delas para a sesión matinal e 300 para a sesión de tarde. Poderán adquirirse a través da nosa tenda oficial en packs de entrada+camiseta pensados exclusivamente para os máis fieis seguidores do certame.

Como agasallo e agradecemento a esa fidelidade incondicional por cada entrada recibirase tamén unha chapa exclusiva e de tirada limitada, que só se poderá conseguir por esta vía. Ademais, os compradores poderán recoller tamén de forma gratuíta durante os días do festival o catálogo con información ampliada de todas as actividades. O prezo do pack completo é de 20€ (+1’5€ de gastos de xestión), cunha oferta de lanzamento con respecto ao prezo real que serían 27€ (12€ entrada + 12 € camiseta + 2€ catálogo + 1€ chapa). Os packs poderán recollerse a partir do día 9 de maio nas tendas do Rei Zentolo en diversas cidades de Galicia (A Coruña, Santiago, Pontevedra e Vigo), así como na tenda Tía Tata do Porriño.

Entradas

A tenda virtual do Festival de Cans está aberta todo o ano e nela poden adquirirse tamén todos os produtos de merchandising: o suadoiro “Agroglamour” en edición limitada, camisolas da última edición, chaveiros, cuncas, calcetíns e chapas do festival, ademais de ofertas exclusivas e a sección “outlet” do stock de edicións anteriores a prezos rebaixados. A organización do festival lembra que as compras a través da tenda on line constitúen unha contribución fundamental para garantir a viabilidade do certame, como vía de financiamento alternativa e fórmula para xerar novos recursos propios, un dos obxectivos continuos do festival na loita para intentar garantir cada ano unha nova edición.

Un comentario en “Venda das 500 primeiras entradas”

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

four × 3 =