“Funes, o inventor da lúa”

Este domingo día 1 de maio ás 19h00 volve o cinema á Sala Ingrávida cun novo pase do ciclo “Sen un can”. Esta vez será a quenda dun filme documental que agocha unha gran historia: “Funes, o inventor da lúa”, dirixido por Enrique Otero.

Trátase dun documental biográfico baseado na vida do inventor Uxío Funes, quen despois de ter sido unha das pezas fundamentais na carreira espacial e a conquista da lúa, terminou os seus días nunha caravana de xeito espectacular na súa Galicia natal.

Tras dirixir “Crebinsky“, Enrique Otero quixo embarcarse no xénero da mediometraxe documental combinando gravacións da NASA dos últimos anos da década dos sesenta, recreacións dos inventos e entrevistas con familiares e amigos de Funes. O resultado é “Funes, o inventor da lúa”, unha mestura de formatos cinematográficos acompañados de testemuñas sorprendentes que confluíron nun traballo minucioso arredor dunha biografía do máis interesante.

Lembrade que todos os filmes do ciclo “Sen un can” son na Sala Ingrávida (rúa Pérez Leirós 3, O Porriño). O prezo das entradas é de 3,50€ e poden facerse reservas a través do número 986 331 622. Xa sabedes, acudide á sala!

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

eleven + 5 =