DA TÚA MAN PARA A MIÑA

Coa presenza dos directores, Fran Rodríguez e Coral Piñeiro

festival-de-cans-2024-fillos-de-cans-DA-TÚA-MAN-PARA-A-MIÑA

Primeira longametraxe documental desta parella de mozos cineastas que forman parte da interesante iniciativa Cinema Memoria, creada para traballar coa memoria democrática. Coral Piñeiro, codirectora da curta Mariví, na pel da memoria, levou o ano pasado o Premio do Xurado na competición de Furacáns.

Dirección e Guión: Fran Rodríguez e Coral Piñeiro. Xénero: Documental experimental. Produción: Miramemira. Vai de: Proxecto que indaga na memoria da aldea natal dos autores, Traspielas, no interior despoboado da provincia de Pontevedra. Estado: en fase de postproducción.