SAN SIMÓN

Coa presenza do director, Miguel Ángel Delgado

festival-de-cans-2024-fillos-de-cans-san-simon

O cineasta leonés Miguel Ángel Delgado, que pasou por Cans tamén noutras edicións, acaba de rematar a rodaxe do seu filme debú San Simón, filmado en gran parte nesta illa.

Dirección e guión: Miguel Ángel Delgado. Produción: Miramemira e Morelli Producciones. Xénero: Ficción, Drama. Vai de: Un traballo onde indaga na memoria da Illa con toda a súa carga simbólica, marcada como lazareto ou como lugar de represión durante o franquismo. Estado: En fase de montaxe.