THE CHESSKID

Coa presenza de Xosé Zapata

festival-de-cans-2024-fillos-de-cans-the-chesskid

Dirección e guión: Xosé Zapata e Lorenzo Degl´Innocenti. Despois de ter acadado en 2022 o Premio Goya á Mellor curta de animación con The Monkey (Premio do Público en Cans), a dupla formada polo galego Xosé Zapata e Lorenzo Degl’Innocenti regresa ao festival para presentar as primeiras imaxes da súa nova longametraxe, The Chesskid. Vai de: O filme parte da curtametaxe anterior Mr. Fischer´s Chair, sobre a mítica partida de xadrez entre Bobby Fischer e Boris Spassky. O proxecto será coproducido polo mesmísimo Woody Allen, quen tamén puxera a súa voz en off na curta. Estado: en desenvolvemento.