PETRÓLEO
Dirección e guión: Álvaro Pulpeiro. Cineasta galego afincado entre Madrid e Barranquilla que este ano participa na quinta edición das Residencias da Academia do Cine Español. Vai de: Impulsado pola crise enerxética, Juan (36), un enxeñeiro enviado desde occidente, penétrase en Venezuela coa tarefa de avaliar un dos maiores xacementos petroleiros do mundo. Tras unha vertixinosa viaxe é incapaz de levar a cabo o estudo e, temendo a traizón do seu contacto local, foxe auxiliado por Andrea (30), unha moza que emprende o seu propio camiño ao exilio. Estado: En fase de financiación.