ANA E MÁIS NÓS

festival-de-cans-2024-a-que-andas-ana-e-mais-nos

Dirección: María Yáñez. Guión: Cibrán Tenreiro e María Villamarín. María Yáñez, xornalista e guionista, participa en proxectos que visibilicen a cultura galega fóra de zonas de confort. En 2014 dirixiu o documental Cancasete, sobre o Festival de Cans. Vai de: Ana Kiro, gran estrela da canción en galego, forxou ou seu status de diva popular nos anos 70 e 80, percorrendo as verbenas de Galicia e actuando diante de milleiros de persoas para a emigración galega en Europa e América Latina. Un ensaio cinematográfico sobre o poder emocional da chamada “canción lixeira”, nunha cultura minorizada e marcada polos procesos migratorios. Estado: En fase de desenvolvemento.