O CORNO

Xoves 23 | 17.00h | Círculo Recreativo Cultural do Porriño

festival-de-cans-2024-longametraxes-o-corno-do-centeio
2023 | 99’ | España, Portugal, Bélxica | Galego, Portugués

Dirección e guión: Jaione Camborda Produción: Esnatu Cinema, Miramemira, Elástica Films Fotografía: Rui Poças Montaxe: Cristóbal Fernández Música: Camilo Sanabria Reparto: Janet Novás, Siobhan Fernándes, Carla Rivas, Daniela Hernán Marchaán, María Lado, Julia Gómez, José Navarro, Nuria Lestegás y Diego Anido. Xénero: Drama Vai de: Illa de Arousa, 1971. María é unha muller que se gaña a vida mariscando. Tamén é coñecida na illa por axudar a outras mulleres nos seus partos con especial dedicación e coidado. Tras un inesperado suceso, vese obrigada a fuxir e comeza unha perigosa travesía que lle fará loitar pola súa supervivencia. Buscando a súa liberdade, María decide cruzar a fronteira por un dos roteiros de contrabando entre Galicia e Portugal.

O detalle: Un ano despois de ter participado na sección Fillas e Fillos de Cans amosando as primeiras imaxes de O Corno, Jaione Camborda volve ao festival como flamante gañadora da Cuncha de Ouro no Festival de San Sebastián, e cun Goya para a súa protagonista, a porriñesa Janet Novás.

Xoves 23 | 13.00 | Torreiro
Encontro con Jaione Camborda e Janet Novás