AS NEVES

Venres 24 | 17.30h | Baixo de Bugarín

festival-de-cans-2024-longametraxes-as-neves

2024 | 83’ | España | Galego Dirección e guión: Sonia Méndez Produción: Aquí y Allí Films, Cósmica Producións Fotografía: Lucía C. Pan Montaxe: Juliana Montañés Música: Andy Bell Reparto: Andrea Varela, David Rodríguez, Lucía Veiga, Antía Mariño, Xacobe Bruña Alonso, Irene Rodríguez Vence, Diego Caro, Jenny Soto Romarís, Santi Carmena Rico, Adriana Fernandez Pazó, Luisa Merelas. Xénero: Drama adolescente, thriller rural. Vai de: As Neves é un remoto pobo de montaña onde todo o mundo coñécese. A noite de entroido a cuadrilla de adolescentes celebra unha festa e colócanse con cogomelos por primeira vez. Ao día seguinte espértanse coa noticia de que Paula, unha das mozas que estaba na festa, desapareceu. Mentres, un temporal de neve chega ao pobo e vainos deixando incomunicados e sen internet. A investigación da desaparición de Paula causará un cambio profundo na súa relación co mundo.

O detalle: Marabilloso debú na longametraxe da actriz e cineasta Sonia Méndez, quen participou como curtametraxista no Festival de Cans. Trala estrea mundial na pasada edición do Festival de Málaga, está xa nas salas de cinema de toda España.