Por primeira vez na súa historia o Festival de Cans contará cunha intensa programación da mañá ata a noite para celebrar o Día das Letras, a gran festa anual da lingua galega. O mércores 17 de maio haberá cine en galego, coloquios, música tradicional e actividades como Novas Camadas ou o Día dos Veciños. Continúe lendo O FESTIVAL DE CANS TERÁ UNHA INTENSA PROGRAMACIÓN O DÍA DAS LETRAS GALEGAS CON CINE, MÚSICA E COLOQUIOS
Mes: April 2023
O FESTIVAL DE CANS ADICARÁ A SÚA RETROSPECTIVA INTERNACIONAL Á CINEASTA FRANCO-ARMENIA VALéRIE MASSADIAN
A XX edición do Festival de Cans contará coa presenza da cineasta e fotógrafa franco-armenia Valérie Massadian. O certame dedicaralle o Foco Internacional, cunha retrospectiva completa na que presentará as dúas longametraxes e sete curtametraxes, seis delas inéditas en España. Continúe lendo O FESTIVAL DE CANS ADICARÁ A SÚA RETROSPECTIVA INTERNACIONAL Á CINEASTA FRANCO-ARMENIA VALéRIE MASSADIAN
THE LIMBOOS E MR. KILOMBO, ENTRE AS ACTUACIÓNS MUSICAIS COAS QUE O FESTIVAL DE CANS CELEBRARÁ A SÚA XX EDICIÓN
O Festival de Cans ofrece un avance da programación musical coa que celebrará a XX edición do certame, que terá lugar do 16 ao 20 de maio. Todos os días do festival pecharanse cunha actuación musical, destacando as que terán lugar o venres 19 e o sábado 20 de maio no Espazo Estrella Galicia Continúe lendo THE LIMBOOS E MR. KILOMBO, ENTRE AS ACTUACIÓNS MUSICAIS COAS QUE O FESTIVAL DE CANS CELEBRARÁ A SÚA XX EDICIÓN
DEZ OBRAS COMPETIRÁN NA SECCIÓN FURACÁNS DO FESTIVAL DE CANS
O Festival de Cans, cuxa XX edición terá lugar nesta aldea de O Porriño do 16 ao 20 de maio, elexiu para a súa sección competitiva Furacáns un total de dez curtametraxes, das cales seis serán estreas e oito delas, un 80% do total, están dirixidas por mulleres cineastas.
Continúe lendo DEZ OBRAS COMPETIRÁN NA SECCIÓN FURACÁNS DO FESTIVAL DE CANS