O FESTIVAL DE CANS ENTREGA VALES DE MATERIAL ESCOLAR

O Festival de Cans fixo entrega esta semana de vales de material escolar para 15 nenas e nenos da aldea que habitualmente colaboran co festival, ou ben que viven en casas que as súas familias ceden para levar a cabo o certame. Continúe lendo O FESTIVAL DE CANS ENTREGA VALES DE MATERIAL ESCOLAR

AS CURTAS PREMIADAS NA ÚLTIMA EDICION DO FESTIVAL DE CANS PODERÁN DESFRUTARSE ESTE SÁBADO NUN AUTOCINE

As curtametraxes premiadas polo xurado e polo público na XVIII edición do Festival de Cans exhibiranse este sábado nun autocine. Por segundo ano consecutivo, repítese este orixinal formato ante a gran expectación que suscitou en 2020. O Festival tenta así, ademais, suplir as restriccións de aforo nos jalpóns de Cans debidas á normativa Covid vixente. Continúe lendo AS CURTAS PREMIADAS NA ÚLTIMA EDICION DO FESTIVAL DE CANS PODERÁN DESFRUTARSE ESTE SÁBADO NUN AUTOCINE

O FESTIVAL XEROU 121 CONTRATACIÓNS LABORAIS E CONTRATOU SERVIZOS CON CASE 40 EMPRESAS LOCAIS

A celebración do XVIII edición do Festival de Cans, deixou datos que a organización valora como “moi positivos e esperanzadores”, no complexo contexto da pandemia. Nesta edición de 2021, o certame dobrou o número de espectadores, ata chegar ás 5.000 persoas que pasaron presencialmente polas diversas actividades do festival nos seus catro días de duración. Continúe lendo O FESTIVAL XEROU 121 CONTRATACIÓNS LABORAIS E CONTRATOU SERVIZOS CON CASE 40 EMPRESAS LOCAIS

O FESTIVAL DE CANS PON EN MARCHA POR SEGUNDA VEZ “CANS ONLINE”

FAI CLICK PARA ACCEDER A “CANS ONLINE”

Dende hoxe e ata domingo poderán verse as 15 curtametraxes que participaron na competición oficial de Ficción e Animación do XVIII Festival de Cans. O proxecto “Cans Online” volve levar os filmes á rede.

Continúe lendo O FESTIVAL DE CANS PON EN MARCHA POR SEGUNDA VEZ “CANS ONLINE”

ARRANCA “CANS ON LINE”: AS CURTAS DE FICCIÓN E ANIMACIÓN, DISPOÑIBLES EN VIMEO SÓ ESTA FIN DE SEMANA

Só durante esta fin de semana, as 15 curtametraxes que participaron na competición oficial de Ficción e Animación do XVIII Festival de Cans poderán verse a través de internet. Continúe lendo ARRANCA “CANS ON LINE”: AS CURTAS DE FICCIÓN E ANIMACIÓN, DISPOÑIBLES EN VIMEO SÓ ESTA FIN DE SEMANA

NOELIA MUÍÑO, CON ‘MONTE BRAVO’ E ALBERTO VÁZQUEZ CON ‘HOMELESS HOME’ VOLVEN A TRUNFAR EN CANS

Noelia Muíño e Alberto Vázquez, con senllos premios cada un para as súas respectivas curtas, volven trunfar en Cans. ‘Monte Bravo’, de Muìño, fÍxose cos premios á  Mellor Película e á Mellor Dirección. O Festival entregou esta noite, na súa gala final, os galardóns correspondentes á 18ª edición (coa colaboración de AGADIC). Continúe lendo NOELIA MUÍÑO, CON ‘MONTE BRAVO’ E ALBERTO VÁZQUEZ CON ‘HOMELESS HOME’ VOLVEN A TRUNFAR EN CANS

AS CURTAS A CONCURSO E O COLOQUIO CON KLEBER MENDONÇA FILHO, MAÑÁ NO DÍA GRANDE DE CANS

Este sábado chega o día grande do Festival de Cans coa proxección das curtas das principais categorías a competición -ficción, animación e Furacáns-. Un dos grandes momentos o día será o coloquio no Espazo Estrella Galicia da Leira do Rio co director brasileiro Kleber Mendonça Filho Continúe lendo AS CURTAS A CONCURSO E O COLOQUIO CON KLEBER MENDONÇA FILHO, MAÑÁ NO DÍA GRANDE DE CANS

MAÑÁ VENRES: PREMIO A JORGE COIRA; ACTIVIDADES CON IAN GIBSON, MENDONÇA FILHO, PROXECCIÓNS, MÚSICA…

O Festival de Cans entrega mañá venres os seus premios de honra. O director Jorge Coira, a veciña de Cans e acordeonista Marisol González, e o actor Tamar Novas, subirán na noite de mañá -21.30 h.- ao escenario do Espazo Estrella Galicia da Leira do Río para recoller os galardóns. Continúe lendo MAÑÁ VENRES: PREMIO A JORGE COIRA; ACTIVIDADES CON IAN GIBSON, MENDONÇA FILHO, PROXECCIÓNS, MÚSICA…

O HISTORIADOR IAN GIBSON E XOSÉ MANUEL BEIRAS PROTAGONIZAN MAÑÁ A SEGUNDA XORNADA DO FESTIVAL DE CANS

Dous filmes documentais que se proxectan por primeira vez ao público. As presentacións de libros que estudan ou contan o cinema na sección LendoCine. Noite Lasal dos Videoclips e o concerto da banda Moon CrestaColoquios mesas redondas con estudosos e profesionais do sector audiovisual. Continúe lendo O HISTORIADOR IAN GIBSON E XOSÉ MANUEL BEIRAS PROTAGONIZAN MAÑÁ A SEGUNDA XORNADA DO FESTIVAL DE CANS