O Festival de Cans entregou hoxe, na gala final do seu día grande, os premios correspondentes á súa 15ª edición. A curta Matria, de Álvaro Gago, fixo historia ao converterse na primeira en acadar catro premios en Cans Continúe lendo Matria bate récords e faise con catro premios no 15º Festival de Cans
Mes: May 2018
Fernando Trueba, no Coloquio na Leira en Cans: “A comedia é un misterio”
Esta mañá, Fernando Trueba foi o protagonista dun memorable Coloquio na Leira en Cans, no que falou de humor, de cinema e de proxectos futuros, ademais de compartir cun atentísimo público anécdotas dos mitos da séptima arte cos que tivo a fortuna de compartir filmes ou comidas. Continúe lendo Fernando Trueba, no Coloquio na Leira en Cans: “A comedia é un misterio”
Fernando Trueba, Gracia Querejeta e Burning encabezan o día da entrega de premios en Cans
Un ano máis, o Festival de Cans chega á súa fin e faino por todo o alto, coa entrega dos premios desta 15ª edición pero tamén co audiovisual, a música e os encontros máis interesantes. Continúe lendo Fernando Trueba, Gracia Querejeta e Burning encabezan o día da entrega de premios en Cans
O xurado de videoclips premia “Omertá”, dirixido por Gero Costas para BALA
Onte tivo lugar na Praza do Concello a gran festa dos videoclips da Noite GIA: proxectáronse as dezaoito pezas a concurso que amosan o estado actual da creatividade da música e o audiovisual galego, nun evento que rematou por todo o alto, co público bailando coa cumbia de Esteban & Manuel. Continúe lendo O xurado de videoclips premia “Omertá”, dirixido por Gero Costas para BALA
A Noite das Homenaxes, concertos e o audiovisual que vén protagonizan o venres en Cans
Hoxe venres a programación de Cans vén cargada de momentos emocionantes, incluíndo o que é probablemente o máis emotivo do Festival: a Noite das Homenaxes. A produtora Chelo Loureiro colocará a súa estrela no Torreiro e recibirá o Premio Pedigree’18, máximo galardón do Festival de Cans Continúe lendo A Noite das Homenaxes, concertos e o audiovisual que vén protagonizan o venres en Cans
Palmarés do III Concurso de booktrailers ‘O Ollo de Vidro’
Logo de reunirse o xurado e pasar por duras deliberacións, hoxe á tarde vimos de coñecer as pezas premiadas no III Concurso de booktrailers ‘O Ollo de Vidro’, que este ano impulsa o Festival de Cans.
Premio do xurado: O principiño, de Laura Lorenzo, Ainoha Martínez, Monique Otero, Lourdes Manteiga e Carlos Lago (do IES Pino Manso). Continúe lendo Palmarés do III Concurso de booktrailers ‘O Ollo de Vidro’
O Festival de Cans acolle mañá a proxección dos seus dous filmes de apertura: ‘A estación violenta’ e ‘British Winters’
Mañá xoves, o Festival de Cans terá filme de apertura por partida dobre. Se habitualmente é unha longametraxe a encargada de inaugurar o Festival logo da Noite dos veciños e veciñas do mércores, este ano o público terá a oportunidade de desfrutar de dúas películas moi esperadas: A estación violenta e British Winters. Continúe lendo O Festival de Cans acolle mañá a proxección dos seus dous filmes de apertura: ‘A estación violenta’ e ‘British Winters’
O 15º Festival de Cans abre mañá pondo o foco na literatura e a veciñanza
A 15ª edición do Festival de Cans comeza mañá mantendo o seu espírito de sempre, ese agroglamour que xunta o achegamento ás últimas novidades culturais e cinematográficas e a celebración da identidade da aldea. Continúe lendo O 15º Festival de Cans abre mañá pondo o foco na literatura e a veciñanza
Xa temos finalistas para ‘O ollo de vidro’, o concurso de booktrailers impulsado polo Festival de Cans
Mañá mércores, o Baixo de Bugarín acollerá ás 19:00 a final de ‘O ollo de vidro’, o concurso de booktrailers que o Festival de Cans impulsou este ano no marco da iniciativa da canle de YouTube Recoméndoche un libro. Continúe lendo Xa temos finalistas para ‘O ollo de vidro’, o concurso de booktrailers impulsado polo Festival de Cans
O Torreiro de Cans acolle mañá venres ás 19h a venda física de entradas do 15º Festival de Cans
Mañá, venres 18 de maio, o Festival de Cansporá á venda no Torreiro de Cans as derradeiras entradas para acudir á proxección das curtametraxes a concurso desta edición e a algunhas outras actividades de pago. Continúe lendo O Torreiro de Cans acolle mañá venres ás 19h a venda física de entradas do 15º Festival de Cans
O Festival de Cans reforza a súa programación infantil co MiniCans máis completo da súa historia
O Festival de Cans continúa nesta 15ª edición a súa aposta por atender a todos os públicos, e faino reforzando e ampliando MiniCans, a súa programación infantil. Continúe lendo O Festival de Cans reforza a súa programación infantil co MiniCans máis completo da súa historia
Última oportunidade para mercar online as entradas do Festival de Cans
A partir de hoxe, 10 de maio, ás 10h00 poderedes atopar en tenda.festivaldecans.com tamén os seguintes produtos: Continúe lendo Última oportunidade para mercar online as entradas do Festival de Cans
Fernando Trueba, Gracia Querejeta e Triángulo de Amor Bizarro súmanse á programación do 15º Festival de Cans
➡DESCARGA AQUÍ O DOSSIER COA PROGRAMACIÓN COMPLETA DE #CANS18
A Casa do Cid, espazo emblemático do Festival de Cans, acolleu hoxe a presentación do 15º Festival de Cans, na que se desvelou o programa ao completo, coas destacadas incorporacións dos cineastas Fernando Trueba e Gracia Querejeta Continúe lendo Fernando Trueba, Gracia Querejeta e Triángulo de Amor Bizarro súmanse á programación do 15º Festival de Cans
Manuel Lourenzo, Berta Ojea, Borja Cobeaga ou Nieve de Medina protagonizarán varios dos coloquios do Festival de Cans
O Festival de Cans fará na súa 15ª edición unha gran aposta polos coloquios e encontros co público, que terán lugar no histórico Baixo do Moncho nas mañás que van do mércores 23 ao venres 26 de maio, sempre ás 11:30 horas (entrada libre ata completar un aforo máximo de 125 persoas).
Kevin Weatherill, dos Immaculate Fools, estreará o Invernadoiro, un novo espazo singular de Cans
O Festival de Cans inaugura este ano o Invernadoiro, un novo espazo singular para o audiovisual e a música, e faino coa visita de Kevin Weatherill, un artista de relevancia internacional no pop das últimas décadas. Continúe lendo Kevin Weatherill, dos Immaculate Fools, estreará o Invernadoiro, un novo espazo singular de Cans